Alba de gloria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

"Alba de groria", nunha edición de 1951, do Centro Gallego de Buenos Aires.

"Alba de gloria" (orixinalmente "Alba de groria") é un coñecido discurso de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pronunciado co gallo do Día da Patria Galega (25 de xullo) de 1948 no festival do Centro Gallego de Buenos Aires celebrado no Teatro Argentino, publicado ese mesmo mes no número 463 de A Nosa Terra e que o autor manifestou que comenzara a escribir un ano antes, en 1947, en Marsella (Francia).

Significación[editar | editar a fonte]

Dadas as circunstancias históricas nas que se fixo —posguerra civil, exilio do galeguismo— e o talle histórico do seu autor, a significación deste discurso vai máis alá da celebración dun 25 de xullo concreto senón que é visto polo nacionalismo galego coma probablemente o documento que mellor reflicte as aspiracións e ideais deste movemento.

A primeira frase do discurso, Se no abrente deste día úsase entre nacionalistas tanto para referirse a este texto coma para referirse en xeral ás arelas do nacionalismo galego.

Os dous primeiros parágrafos xa foran escritos un ano antes e forman parte do cap. I do cuarto libro de Sempre en Galiza.[1] Lembraba así Castelao o discurso "A significación espiritual do Día da Galiza", que pronunciara Ramón Otero Pedrayo "nun teatro de Vigo, van alá dezaseis anos".

O título, "Alba de groria", co que se publicou a partir de 1951, probablemente non foi escollido polo propio autor, senón por Eduardo Blanco Amor[2] que foi, tamén, o que fixo a tradución ao castelán.[3]

O Consello da Cultura Galega organizou unha exposición sobre el en 2018.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]