Xosé Manuel González Reboredo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «X. M. González Reboredo»)
Infotaula de personaXosé Manuel González Reboredo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónetnógrafo
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAvelina Clara Fernández [1]
FillosJosé David e Jacobo Manuel

AELG: 533 Dialnet: 298584

Xosé Manuel González Reboredo, nado en Lugo o 12 de outubro de 1946, é un antropólogo galego. Influído por Fermín Bouza-Brey, especializouse en prehistoria e etnografía galegas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía e Letras (especialidade de Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela en 1968, coa cualificación de Premio Extraordinario. Na USC foi profesor de prehistoria e etnoloxía entre 1968 e 1970 e encargado da cátedra na Escola de Maxisterio de Lugo, doutorándose en 1974 na mesma universidade. Catedrático de bacharelato (1980), foi profesor do Instituto Rosalía de Castro e de ciclo superior de Técnicos de Información Turística. Presidiu o Clube Nacionalista Alén Nós.

É colaborador e membro do padroado do Museo do Pobo Galego e responsable da Sección de Etnografía Material (cultura agraria) dende a súa fundación ata 1989 e membro da xunta reitora de 1987 a 1990, e membro da sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega, e dirixiu a sección de Etnografía e Folclore do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento de 1976 a 2001, do que tamén foi secretario e bibliotecario. Membro do Consello Editorial do Proxecto Galicia e coordinador dos volumes de Antropoloxía Cultural de Hércules de Edicións. Colaborou coas publicacións Anuario de Historia de la Antropología Española (Barcelona), Antropológicas (Universidade Fernando Pessoa, Porto), Cuadernos de Estudios Gallegos e Guía dos Libros Novos (Santiago de Compostela).

Membro das comisións técnicas de Etnografía e de Valoración de BICs da consellería de Cultura da Xunta de Galicia, da comisión de cultura da Deputación de Lugo e do padroado da Fundación Antonio Fraguas.

Participou en varias escavacións arqueolóxicas, como a do Buriz (Guitiriz),[2] codirixida con Fermín Bouza-Brey e Carlos García Martínez.[3] Correspondente da Real Academia Galega dende 1972 e membro da xunta directiva da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

Obra[editar | editar a fonte]

Fixo traballos etnográficos de campo en Galicia e León. Foi coordinador de seis simposios organizados polo Consello da Cultura Galega e presidente do III Congreso de Historia da Antropoloxía e Antropoloxía Aplicada. (Pontevedra, 1996). Ten máis dun cento de artigos e relatorios publicados en Galicia, España e outros países e varios libros, entre os que destacan:

En galego[editar | editar a fonte]

Lendas Galegas de Tradición Oral, BBdCG.

En castelán[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Gañou o premio Vicente Risco de Ciencias Sociais no 2012, por Os santos titulares de parroquia en Galiza. Pasado, presente e perspectivas de futuro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 275. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. González Reboredo, Xosé Manuel; Luaces González-Rosón, Pedro (1970). "Insculturas de Buriz (Guitiriz, Lugo)". Cuadernos de estudios gallegos 25 (76): 129–134. ISSN 0210-847X. 
  3. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). Grupo El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  4. "Leyendas gallegas de tradición oral". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-04. 
  5. Imaxe da portada: A festa de San Xoán
  6. Imaxe da portada: Guía de festas populares de Galicia
  7. Nos lindeiros da galeguidade PDF, 12,1 MB
  8. Imaxe da portada: Entroido en Galicia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]