Polígono industrial de Bértoa
Aparencia
| Polígono industrial de Bértoa | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Bértoa | |||||
|
Instancia de
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| |||||
| Wikidata |
O polígono industrial e comercial de Bértoa é un polígono industrial situado na parroquia de Bértoa, ao norte da vila de Carballo.
Historia e características
[editar | editar a fonte]As súas orixes datan do ano 1975. A primeira fase conta cunha extensión de 74 hectáreas, nas que están instaladas máis de 100 empresas que abarcan diversos campos como o transporte, metal, electricidade, téxtil ou alimentación. Na actualidade está construída unha segunda fase, ata ocupar unha extensión total duns 2.000.000 metros cadrados.
No polígono industrial están situados o parque de bombeiros e a delegación de Protección Civil. Ademais, ofrece servizos como o punto limpo e o Complexo Deportivo das Eiroas. No ano 2017 contaba xa con máis da metade da súa superficie ocupada.[1]
Accesos
[editar | editar a fonte]- AG-55: saída 29, Carballo leste - parque industrial.
- AC-552: rotonda en Bértoa dirección AG-55 A Coruña-Fisterra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O Polígono de Bértoa supera o 50% de superficie ocupada". Que pasa na costa. 2017-04-24. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2017. Consultado o 2017-04-24.
