Angeliño
Angeliño | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | José Ángel Esmorís Tasende | ||
Nacemento | 4 de xaneiro de 1997 | ||
Lugar de nacemento | Silván | ||
Altura | 1,71 m. | ||
Posición | Lateral esquerdo | ||
Información de club | |||
Club actual | Hoffenheim | ||
Número | 11 | ||
Carreira xuvenil | |||
2001–2007 | Luis Calvo Sanz | ||
2007–2013 | Deportivo da Coruña | ||
2013–2014 | Manchester City | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2014–2018 | Manchester City | 0 | (0) |
2015 | → New York City | 14 | (0) |
2017 | → Girona | 0 | (0) |
2017 | → Mallorca | 17 | (0) |
2017–2018 | → NAC Breda | 34 | (3) |
2018–2019 | PSV Eindhoven | 34 | (1) |
2019–2021 | Manchester City | 6 | (0) |
2020–2021 | → RB Leipzig | 39 | (5) |
2021– | RB Leipzig | 29 | (2) |
2022– | → Hoffenheim | 17 | (0) |
Selección nacional | |||
2013 | España sub-17 | 1 | (0) |
2018 | España sub-21 | 2 | (0) |
2016– | Galicia | 1 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 3 de febreiro de 2023. Selección: actualizado a 14 de febreiro de 2021.[ editar datos en Wikidata ] | |||
José Ángel Esmorís Tasende, coñecido como Angeliño, nado en Silván,[1] Erbecedo, Coristanco, o 4 de xaneiro de 1997, é un futbolista galego que xoga de lateral esquerdo no Hoffenheim, da Bundesliga, cedido polo RB Leipzig.
É irmán do tamén futbolista Dani Tasende.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros pasos[editar | editar a fonte]
Angeliño uniuse ó Deportivo da Coruña en 2007 con dez anos de idade, tras comezar a xogar ó fútbol nas Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz do Bergantiños.[2][3] Ocupou varias posicións comezando de porteiro, ata que no Deportivo asentouse definitivamente como lateral esquerdo.[4] Xogou durante seis anos nas categorías inferiores do club herculino.
Manchester City (1ª etapa)[editar | editar a fonte]
O 8 de xullo de 2012 asinou un contrato de catro anos co Manchester City, facéndose efectivo en xaneiro do ano seguinte.[5] Inicialmente asignado ó equipo sub-18, xogou regularmente co equipo de reservas na Premier League sub-21 con só dezaseis anos.[6] Co club inglés disputou a Liga Xuvenil da UEFA, onde foi elixido no once ideal.[7][8]
0 2 de decembro de 2014 foi convocado como suplente do primeiro equipo por Manuel Pellegrini no partido que gañou o Manchester City por 1–4 no campo do Sunderland.[9]
Cesión ao New York City[editar | editar a fonte]
Foi cedido ó New York City FC en 2015.[10] Debutou co equipo profesional o 12 de xullo de 2015 no empate 4–4 contra o Toronto FC.[11] O seu primeiro partido como titular foi contra o New England Revolution, xogando os 90 minutos.[12] Co equipo neoiorquino xogou un total de 14 partidos e deu 4 asistencias.
Regreso a Manchester[editar | editar a fonte]
Tras rematar a súa cesión volveu a Manchester, onde continuou xogando na Premier League sub-21. Ademais o 30 de xaneiro de 2016 debutou co primeiro equipo na vitoria na casa do Aston Villa por 0–4 nunha eliminatoria da FA Cup, substituíndo a Clichy no minuto 81.[13] Ese mesmo ano debutou en competición europea da man do adestrador Pep Guardiola, nun partido de clasificación para a Liga de Campións, no que o seu equipo venceu ao Steaua Bucarest no Etihad Stadium.[14]
Cesión ao Girona e ao Mallorca[editar | editar a fonte]

A finais de decembro de 2016 foi presentado como novo xogador do Girona en calidade de cedido,[15] pero só un mes despois, e sen ter debutado por culpa de desacordos entre o Girona e o City, deixou o equipo, sendo cedido ao Mallorca.[16][17] No equipo balear xogou 17 partidos e viviu o descenso á Segunda División B ao final da tempada.[18]
Cesión ao NAC Breda[editar | editar a fonte]
Na tempada 2017/18 xogou no NAC Breda na Eredivisie, a primeira división do fútbol neerlandés. No equipo de Breda disputou de xeito íntegro todos os partidos de liga e copa, anotou tres goles, deu seis asistencias, foi elixido catro veces "talento do mes" e finalmente foi incluído no once ideal da propia liga.[19] As súas boas actuacións fixeron que o PSV Eindhoven lle ofrecese ao City sete millóns de euros polo seu traspaso.[20]
PSV Eindhoven[editar | editar a fonte]
No PSV foi titular indiscutible durante toda a tempada 2018/19, disputando de inicio todos os partidos da liga neerlandesa e da Liga de Campións. Nesta última competición debutou o 18 de setembro de 2018, na derrota por 4-0 do seu equipo fronte ao FC Barcelona no Camp Nou. En total entre as dúas competicións anotou un gol e repartiu once asistencias, logrando finalmente o subcampionato de liga.[21]
Manchester City (2ª etapa)[editar | editar a fonte]
O seu rendemento nos Países Baixos fixo que Txiki Begiristain, director deportivo do Manchester City, o volvese chamar para o club adestrado por Guardiola, exercendo en xullo de 2019 a opción de recompra que mantiñan. Asinou un contrato por catro anos.[21] Un mes despois da súa chegada gañou o seu primeiro título, a FA Community Shield, despois de derrotar o Liverpool, aínda que Angeliño quedou no banco durante o partido disputado no Wembley Stadium. No club inglés dispuxo de poucos minutos, disputando só seis partidos de liga na primeira metade da tempada 2019/20, polo que en xaneiro foi cedido ao RB Leipzig alemán.[22]
Cesión ao RB Leipzig[editar | editar a fonte]

Cando Angeliño chegou ao Leipzig a metade de tempada, este ocupaba a primeira posición da táboa na Bundesliga.[22] Disputou case todos os partidos como titular e anotou un gol na vitoria do seu equipo fronte ao FC Schalke 04 por 0-5.[23] Finalmente remataron a liga en terceira posición. O 13 de agosto de 2020 no Estádio José Alvalade de Lisboa, Angeliño deulle a Tyler Adams a asistencia para facer o segundo e definitivo gol fronte ao Atlético de Madrid e meter ao Leipzig nunhas semifinais da Liga de Campións, só 11 anos despois da fundación do club.[24][25]
O 8 de setembro o RB Leipzig anunciou que o futbolista xogaría como cedido no club alemán outra tempada máis.[26] O 20 de outubro, no primeiro partido do seu equipo na Liga de Campións 2020-21, Angeliño marcou dous goles na vitoria por 2-0 sobre o İstanbul Başakşehir FK, debutante na competición.[27] En decembro liderou o seu equipo na vitoria por 3-2 fronte ao Manchester United, cun gol e dúas asistencias que clasificaron ao club alemán para oitavos de final e deixaron fóra ao equipo de Solskjær.[28]
RB Leipzig[editar | editar a fonte]

O 12 de febreiro de 2021 Angeliño cumpriu fronte ao FC Augsburg o número de partidos estipulado no contrato para que o Leipzig tivera que facer efectiva obrigatoriamente a opción de compra sobre o xogador. Deste xeito o futbolista galego quedou desvinculado do Manchester City, sendo traspasado ao club alemán por 18 millóns de euros.[29][30] Rematou a liga como subcampión, mentres que na Liga de Campións o equipo caeu en oitavos de final ante o Liverpool, eliminatoria cuxo partido de volta Angeliño non puido xogar por mor dunha lesión muscular.[31] Mantivo unha tensa relación durante a parte final da tempada co adestrador Julian Nagelsmann, que se pechou coa non inclusión do futbolista na convocatoria para a final da Copa de Alemaña,[32] que o seu equipo acabou perdendo fronte ao Borussia Dortmund de Erling Haaland.[33]
Na tempada 2021/22 o equipo quedou cuarto na Bundesliga e quedou eliminado da Liga de Campións na fase de grupos, na que que acabou terceiro. Pasou así á Europa League, competición na que acadou as semifinais. No partido de ida, Angeliño marcou o único gol do partido ante o Rangers (1-0),[34] pero o equipo escocés remontou no encontro de volta no Ibrox Stadium, privando o equipo alemán da súa primeira final europea.[35] En maio de 2022 conquistou a DFB-Pokal, o primeiro título na historia do club, aínda que non chegou a saltar ao campo na final ante o Freiburg.[36]
Cesión ao Hoffenheim[editar | editar a fonte]
No verán de 2022 o Leipzig incorporou ao internacional alemán David Raum para o lateral esquerdo, polo que Angeliño quedou sen sitio no equipo. Saíu entón cedido ao Hoffenheim, da mesma liga.[37]
Participación na selección[editar | editar a fonte]
En novembro de 2013 debutou coa selección española sub-20 nun partido contra Alemaña.
O 20 de maio de 2016 xogou de titular coa selección galega un partido amigable no estadio de Riazor contra a selección de Venezuela, que rematou con empate a un gol.
Familia[editar | editar a fonte]
O seu irmán máis novo, Dani Tasende, formouse na canteira do Bergantiños e xoga no Villareal B de Segunda División B.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Manchester City
- EFL Cup (1): 2019/20.
- FA Community Shield (1): 2019.
- RB Leipzig
- DFB-Pokal (1): 2021/22.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Centeno, Alexandre; Antelo, Iván (5 de agosto de 2016). "Angeliño convence a Pep Guardiola". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021.
- ↑ "Angeliño regresó a As Eiroas en Carballo". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xuño de 2015.
- ↑ "Angeliño, un coristanqués que crece a pasos agigantados". Adiante Galicia (en castelán). 4 de decembro de 2014.
- ↑ Girona FC (30 de decembro de 2016). Entrevista a Angeliño (Youtube) (en castelán). Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "El City ficha a otro joven talento gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2012.
- ↑ "Angeliño asombra a Europa". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de outubro de 2013.
- ↑ "Angeliño nuevo jugador del Girona" (en castelán). 13 de agosto de 2020. Consultado o 11 de agosto de 2023.
- ↑ "Angeliño, en el once ideal de la Champions". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de abril de 2014. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ Johnston, Neil (2 de decembro de 2014). "Sunderland 1-4 Manchester City". BBC Sport (en inglés).
- ↑ "New York City FC Sign Angelino on Season-Long Loan" (en inglés).
- ↑ "New York City FC v Toronto FC". MLS MatchCenter (en inglés).
- ↑ "New York City FC at New England Revolution: Match Recap" (en inglés).
- ↑ "Aston Villa 0-4 Manchester City" (BBC Sport) (en inglés). 30 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Angeliño, de Champions". Galicia Confidencial. 25 de agosto de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "El Girona presenta a Angeliño" (en castelán). 28 de decembro de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "Angeliño: "No guardo ningún rencor al Girona"". Marca (en castelán). 15 de febreiro de 2017. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "Angeliño deja el Girona y ficha por el Mallorca". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "La plantilla del desastre, un curso después" (en castelán). 19 de outubro de 2017. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "Angeliño se cuela en el once de la temporada en la Eredivisie" (en castelán). 9 de maio de 2018. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "Angeliño: «Decían que era bajo para ser futbolista»". La Voz de Galicia. Consultado o 04/06/2018.
- ↑ 21,0 21,1 "El Manchester City ejerce su opción de compra sobre el español Angeliño". Marca (en castelán). 3 de xullo de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ 22,0 22,1 "Angeliño, cedido por el City al Leipzig hasta final de temporada". La Vanguardia (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "Angeliño se estrena como goleador en la 'manita' del RB Leipzig al Schalke". Marca (en castelán). 22 de febreiro de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "La conexión Nueva York elimina al Atlético". Marca (en castelán). 13 de agosto de 2020. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "Cuatro ascensos en 11 años de vida: la increíble historia del RB Leipzig, el equipo que eliminó al Atlético Madrid de Simeone de la Champions" (en castelán). 13 de agosto de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2020.
- ↑ "Angeliño jugará cedido en el RB Leipzig una temporada más". Marca (en castelán). 8 de setembro de 2020. Consultado o 9 de setembro de 2020.
- ↑ "Dous goles de Angeliño selan o triunfo ao Leipzig". La Voz de Galicia. 20 de outubro de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2020.
- ↑ "Un Angeliño estelar marca un gol, dá outros dous, lanza ao Leipzig e elimina ao Manchester United". La Voz de Galicia. 8 de decembro de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2020.
- ↑ "El partido que decidirá el futuro de Angeliño". As (en castelán). 12 de febreiro de 2021. Consultado o 14 de febreiro de 2021.
- ↑ "El Leipzig compra a Angeliño y Nagelsmann se frota las manos: «Es una ganga»". La Voz de Galicia. Iván Antelo. Consultado o 14 de febreiro de 2021.
- ↑ Ramírez, Alberto (10 de marzo de 2021). ""Sorpresa, un pedazo de futbolista": Angeliño, el gallego al que Guardiola despreció" (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ "Angeliño se queda fuera de la convocatoria de Leipzig para la final de DFB Pokal" (en castelán). 12 de maio de 2021. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ "El Borussia Dortmund, campeón de la Copa de Alemania tras golear al Leipzig" (en castelán). 13 de maio de 2021. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ Rincón, Jaime (28 de abril de 2022). "Angeliño da alas al Leipzig". Marca (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ "El Rangers de Roy Makaay deja al Leipzig de Angeliño sin la final de la Europa League". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de maio de 2022. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ "El Leipzig gana la Copa de Alemania en los penaltis tras una lucha épica" (en castelán). 21 de maio de 2022. Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ Escario, Sergio (8 de agosto de 2022). "Angeliño, oficial: "Hace tres semanas no esperaba ponerme esta camiseta"". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en soccerway.com (en castelán).
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
Entrevista en 2017
- Nados en 1997
- Nados en Coristanco
- Futbolistas de Coristanco
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Manchester City FC
- Xogadores do New York City FC
- Xogadores do Girona FC
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do NAC Breda
- Xogadores do PSV Eindhoven
- Xogadores do RB Leipzig
- Xogadores do TSG 1899 Hoffenheim
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia