Saltar ao contido

Bamboleo (programa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bamboleo
 Instancia de
Características
 Lingua orixinal
Implicados
 Presentador/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
2011 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Wikidata

Bamboleo (Superbamboleo, na sua última versión) foi un programa de televisión de entretemento producido pola produtora CTV[1] e emitido pola Televisión de Galicia. Transmítíase os sábados ás 22:00 h. Este espazo, que empezou no 2011, céntrase na música, o baile e a participación do público.

Descrición

[editar | editar a fonte]

En orixe presentouno Xosé Manuel Piñeiro. En 2018 Xosé Manuel Piñeiro ausentouse máis dun ano por mor dun cancro que superou,[2] sendo substituído por Lucía Regueiro, [3] que quedou finalmente como a condutora do programa. O show incluía actuacións musicais en directo de xéneros diversos, desde a música tradicional galega ata o pop, o rock e outros estilos contemporáneos.

Ademais das actuacións musicais, Bamboleo incluía varias seccións de participación popular, entre as que destacaban concursos de baile e canto, onde tanto profesionais coma afeccionados podían demostrar as súas habilidades. Estas competicións adoitaban estar acompañadas da interacción co público e cos telespectadores, quen podían participar activamente a través de chamadas telefónicas ou redes sociais. O programa tamén contaba cun compoñente humorístico, coa participación de cómicos e personaxes recorrentes que achegaban un toque de comedia ao espectáculo.

Na tempada 2022-2023 emitíase os sábados á noite despois do Atrápame se podes cunha duración de máis de dúas horas.[4] Estaba dirixido a unha audiencia de todas as idades, con música de grupos pop galegos e de fóra. En 2024 regresou á grella da Televisión de Galicia cunha nova imaxe gráfica e con Lucía Regueiro como única presentadora.[5][6], a partir do 8 de xuño en horario de máxima audiencia.[7] O programa contaba cos colaboradores Isi, que protagoniza a súa sección do Conto; Damián, animador do público do plató; Javier Varela, pianista do programa; e Claudio, que colabora na sección dos bailes.

O 22 de outubro de 2024 emitiuse un especial titulado «Supermartes», que mantivo o formato habitual do programa. A promoción desa entrega xerou críticas entre parte da audiencia nas redes sociais, ao interpretarse como un anuncio do regreso do formato clásico.

A partir do 26 de outubro de 2024, e con emisión semanal os sábados, o programa pasou a denominarse oficialmente Superbamboleo, con Lucía Regueiro como condutora principal e con copresentadores que ían variando segundo o programa.

O último programa emitiuse o 1 de decembro de 2024, con Natalia e Eris Mackenzie como artistas convidados.

Seccións

[editar | editar a fonte]
  • A Jrileira: compiten por un premio varias comisións de festas.[8]
  • Tirando a dar: con preguntas aos artistas convidados.
  • Baile: bailes internacionais e de salón.
  • Conto: anécdotas e historias contadas polo humorista galego Isi.
  • A ITV do amor: xogo no que concursa unha parella e dous amigos, onde un membro da parella participa de incógnito entre estes dous amigos e un membro da comisión de festas ten que adiviñar cal é a parella da outra a través de preguntas e respostas sexuais comprometedoras.
  1. "Xosé Arias, director de CTV: “Nuestro objetivo es crear contenidos de ficción para fuera de Galicia”". ctvproductora (en castelán). 2018-01-31. Consultado o 2023-07-31.
  2. https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2019-12-20). "Xosé Manuel Piñeiro regresa al plató de «Bamboleo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-07-31.
  3. "Anémona en Bamboleo con Lucía Regueiro". Ardentia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2023. Consultado o 2023-07-31.
  4. "Con Andrés Suárez, Ricky Merino e a orquestra Fania Blanco Show CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-07-31.
  5. "Facebook". www.facebook.com. Consultado o 2024-09-09.
  6. newsletter74 (2024-05-31). "Lucía Regueiro anuncia en Land Rober el regreso del Bamboleo el próximo 8 de junio". ctvproductora (en castelán). Consultado o 2024-09-09.
  7. "Facebook". www.facebook.com. Consultado o 2024-09-09.
  8. "Con Lucía Pérez, WRS e a orquestra La Ocaband CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-07-31.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]