Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16

As mil e unha noites

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As mil e unha noites
ManuscriptAbbasid.jpg
Manuscrito das mil e unha noites.
Título orixinalألف ليلة وليلة Alf layla wa-layla (árabe), هزار و یک شب, Hazār-o yak shab (persa)
Autor/avarios
OrixeTradición árabe, persa indio, turco, exipcio e mesopotámica
Linguaárabe
Tema(s)Romance
Xénero(s)Novela,
folclore
Data de pub.século IX
Formatocompilación de historias e contos populares

As mil e unha noites (en árabe: كتاب ألف ليلة وليلة, Alf layla wa-layla[1] ou en persa: هزار و یک شب) é unha compilación de historias e contos populares orixinarios de Oriente Medio e Asia Meridional, compilados en lingua árabe a partir do século IX.

A obra foir recompilada durante moitos séculos por varios autories, tradutores e estudosos de Asia occidental, central e meridional e do norte de África. Algúns contos teñen as súas raíces no folclore e nas literaturas árabe, persa, india, grega, xudía e turca.[2] En particular, moitos dos relatos foron contos orixinais das eras abásida e mamluk, mentres que outros, especialmente a historia marco, probablemente proceden da obra persa pahlavi Hezār Afsān (persa: هزار افسان, literalmente Mil Contos), que en cambio teñen en parte elementos indios.[3]

O común en todas as edicións da obra é a historia marco inicial do gobernante Shahryār e a súa esposa Scheherazade e a narrativa fragmentada incorporada nos mesmos contos. As historias proceden do relato orixinal; algunhas están enmarcadas noutras historias, mentres que outros están pechados. Algunhas edicións conteñen só uns centos de noites, mentres que outras inclúen 1001 ou máis. O groso do texto está en prosa, aínda que se empregan ocasionalmente versos para cancións e adiviñas e para expresar altas emocións. Moitos dos poemas son estrofas únicas en coplas ou cuartetos, aínda que algunhas son máis longas.

Algúns dos relatos asociados coas Mil e unha noites (particularmente "Aladino e a lámpada marabillosa" e "Ali Baba e os corenta ladróns") non eran parte das coleccións nas súas versións árabes orixinais senón que foron engadidas á colección por Antoine Galland despois de que as escoitase ao contacontos cristián maronita Hanna Diyab nunha visita deste a París.[4] Outras historias, como a de Simbad o mariño, tiñan unha existencia independente antes de seren engadidas á compilación.

Orixes[editar | editar a fonte]

O núcleo desas historias está collido do antigo libro persa Hezar-afsana ("Mil mitos", en persa هزارافسانه), que posiblemente tiña orixe india. O compilador e tradutor destas historias folclóricas ao árabe foi, supostamente, o contista Abu abd-Allah Muhammed el-Gahshigar que viviu no século IX. A historia principal sobre Sherezade, que serve de marco aos demais relatos, parece ser agregada no século XIV. A primeira tradución europea e a primeira versión impresa é do orientalista Antoine Galland (1704-1717) Les Mille et une nuits, contes arabes traduits en français, que inclúe contos tradicionais árabes que non se incluían na versión orixinal, transformándose nun clásico da literatura mundial. A primeira compilación árabe moderna publicouse no Cairo en 1835. Causou grande impacto en Occidente, sobre todo logo da tradución feita por Richard Francis Burton (1885-1888),diplomático, militar, explorador e erudito da cultura africana.

As historias que conforman as Mil e unha noites teñen varias orixes, incluíndo o folclore indio, persa e árabe. Non existe unha versión definida da obra, dado que os antigos manuscritos árabes difiren no número e no conxunto de contos.

As versións máis populares hoxe en día son as que se basean nas traducións de Richard Francis Burton e Andrew Lang (1898), xeralmente adaptadas para eliminar as varias escenas de sexo do orixinal.

Historia marco[editar | editar a fonte]

O sultán conmuta a pena de Sherezade.

A estrutura do libro está baseada nunha historia que serve de marco a todas as demais, un esquema moi común nas antoloxías de relatos breves ata o século XX.

Scheriar convértese en sultán trala morte do seu pai. Por amor ao seu irmán Schazamán, cédelle o reino de Tartaria. Schazamán organiza unha viaxe ao seu irmán, pero descobre que a súa esposa lle é infiel cun escravo negro, e córtalles a cabeza. Xa con Schariar, este sorpréndese polo triste e taciturno que está Schazamán, polo que vai cazar só. No palacio, Schazamán descobre que a esposa de Schariar, a sultá, engana o rei con Masud, outro escravo negro. Isto serve de consolo ao rei de Tartaria, ao ver que o seu irmán, mesmo sendo máis poderoso, ten o mesmo problema que el. Cóntallo, e nun momento de furia, Schariar convence ao seu irmán para fuxiren, coa idea de regresaren só se atopan alguén máis desgraciado que eles. No camiño atopan un xenio que é enganado por unha muller que secuestrou, que acaba fuxindo. Schazamán dille ao seu irmán que se o poderoso xenio non puido evitar o engano, ninguén pode, polo que deciden regresar.

Schariar volve, apresa á sultá e decapítaa diante do visir, e despois decapita el mesmo a todas as mulleres da corte. Crendo que todas as mulleres son igual de infieis, ordena ao seu visir que lle consiga unha esposa virxe cada día, algunha filla dos seus cortesanos, e despois ordenaría matala pola mañá.

Este designio é quebrado por Sherezade, a propia filla do visir, quen na noite de vodas lle pide ao sultán que lle permita despedirse da súa irmá, Duniazade. Esta pídelle á irmá que lle conte unha historia, e Sherezade, que lera moitos libros e escritos de diversas clases, conta unha historia que cativa a atención do rei. Coas primeiras luces do día, Sherezade interrompe a narrativa no medio, dicindo que a continuaria na noite seguinte. Curioso por saber o final da historia, o rei concédelle a vida até a noite seguinte. Nas noites que seguen, Sherezade continua narrando contos de contido moi diverso, con compoñentes edificantes, máxicos e eróticos, facendo que o rei non perda o seu interese e a manteña viva.

Durante ese período Sherezade dá a luz tres fillos do rei. No final, Sherezade implora ao rei que lle conceda a vida, e este, moi arrepentido polas súas accións pasadas e impresionado pola súa intelixencia e dedicación, fai dela a súa raíña definitiva. Duniazade tamén pasa a formar parte da corte, desposando o irmán do rei.

Edicións e versións[editar | editar a fonte]

Portada de Classic Comics.

A obra componse dunha colección de relatos posiblemente tradicionais de Persia, Arabia e a India. Algúns elementos aparecen tamén na Odisea.

A primeira versión europea foi unha tradución ao francés feita por Antoine Galland. Foi a primeira en ser impresa, publicada co título de Les Mille et une nuits, contes árabes traduits en français en doce volumes entre 1704 e 1717. A tradución foi feita desde unha compilación anterior escrita en árabe, e probablemente incluía a maiores relatos que coñecía o tradutor pero que non estaban na compilación árabe.

Á súa vez a compilación árabe Alf Layla ("Mil noites"), orixinada cara ao 850, foi probablemente traducida dunha versión anterior persa chamada Hazar Afsanah ("Mil lendas"), quizais orixinada na India. Ao parecer nome actual Alf Layla wa-Layla (literalmente "Mil noites e unha noite") xurdiu na idade media e expresa a idea dun número transfinito, xa que 1.000 representa a infindade conceptual entre os grupos matemáticos árabes.

No mundo anglosaxón a tradución máis coñecida é a de Richard Francis Burton, publicada en 16 volumes co título de The Book of the Thousand Nights and a Night ("Libro das Mil Noites e unha Noite"). A diferenza doutras edicións, non foi expurgada, e malia ser publicada na Era Vitoriana conserva todos os matices eróticos do material orixinal.

As versións máis recentes e cómodas de ler están feitas a partir da versión do doutor francés J. C. Mardrus, traducida ao inglés por Edward Powys Mathers. Outra fonte é unha importante edición baseada no manuscrito sirio do século XIV na Bibliotheque Nationale, compilado en árabe por Muhsin Mahde e traducido ao inglés por Husain Haddawy, considerada a máis precisa e elegante de todas até a actualidade.

En lingua castelá destacan a versión traducida e editada por Vicente Blasco Ibáñez a partir da edición francesa de Mardrus (1889), a de Juan Vernet (a máis aceptable filoloxicamente) e a de Rafael Cansinos Asséns (1954, tamén directamente do árabe). Nos comentarios desta última Cansinos Asséns recorre con frecuencia á interpretación do libro que o teósofo español Mario Roso de Luna propuxo na súa obra El velo de Isis o Las mil y una noches ocultistas (1923).

En 2001 René R. Khawam publicou unha tradución novidosa na que suprime relatos que considera alleos á tradición primitiva (algúns moi coñecidos como o ciclo de Simbad), recupera algúns que foron descartados e presenta outros recuperados.

Contos[editar | editar a fonte]

Entre os numerosos contos algúns fixéronse inmensamente populares:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Encyclopaedia Iranica (en inglés). 
  2. Marzolph, Ulrich (2007). The Arabian Nights in Transnational Perspective. Wayne State University Press. pp. 183–. ISBN 978-0-8143-3287-0. 
  3. Marzolph (2007). Arabian Nights. Encyclopaedia of Islam I (Leiden: Brill). 
  4. John Payne, Alaeddin and the Enchanted Lamp and Other Stories, (Londres 1901) dá detalles do encontro de Galland con Hanna en 1709 e do descubrimento na Bibliothèque Nationale de París de dous manuscritos árabes que conteñen Aladino e outros relatos. Text of "Alaeddin and the enchanted lamp"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Where Is A Thousand Tales? [Hezar Afsan Kojast?] by Bahram Beyzai, Roshangaran va Motale'ate Zanan, 2012.
  • Chauvin, Victor Charles; Schnurrer, Christian Friedrich von. Bibliographie des ouvrages arabes ou relatifs aux Arabes, publiés dans l'Europe chrétienne de 1810 à 1885. Líege H. Vaillant-Carmanne. 1892–1922.
  • El-Shamy, Hasan. "A 'Motif Index of Alf Laylah Wa Laylah': Its Relevance to the Study of Culture, Society, the Individual, and Character Transmutation". Journal of Arabic Literature, vol. 36, no. 3, 2005, pp. 235–268. Modelo:Jstor. Consultado 22 Apr. 2020.
  • Horta, Paulo Lemos, Marvellous Thieves: The Secret Authors of the Arabian Nights (Cambridge, MA: Harvard University Press, 2017).
  • Kennedy, Philip F., and Marina Warner, eds. Scheherazade's Children: Global Encounters with the Arabian Nights. NYU Press, 2013. Modelo:Jstor.
  • Marzolph, Ulrich, 'Arabian Nights', in Encyclopaedia of Islam, 3rd ed. (Leiden: Brill, 2007–), doi 10.1163/1573-3912_ei3_COM_0021
  • The Islamic Context of The Thousand and One Nights by Muhsin J. al-Musawi, Columbia University Press, 2009.
  • Nurse, Paul McMichael. Eastern Dreams: How the Arabian Nights Came to the World Viking Canada: 2010. General popular history of the 1001 Nights from its earliest days to the present.
  • Shah, Tahir, In Arabian Nights: A search of Morocco through its stories and storytellers (Doubleday, 2007).

Ligazón externas[editar | editar a fonte]