Literatura grega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A literatura grega é aquela que foi escrita por autores autóctonos de Grecia e áreas xeográficas de influencia grega. Estas obras están frecuentemente compostas nalgún dos dialectos gregos, pero non necesariamente. Esténdese ao longo de todos os períodos históricos nos que existiron escritores gregos.

Literatura grega antiga (anterior ao 300)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Literatura grega antiga.

Grego clásico[editar | editar a fonte]

Busto dobre de Homero e Menandro. Copia romana dun orixinal grego perdido.

A literatura grega clásica comprende aquela literatura escrita en grego antigo desde os máis antigos vestixios escritos en lingua grega ata o século IV e o auxe do Imperio bizantino.

Comezos da literatura grega[editar | editar a fonte]

Poesía lírica[editar | editar a fonte]

Nace entre os séculos século -VII e -VIII Os eruditos alexandrinos falan do canon dos Nove poetas líricos como de algo xa establecido: Alcmán de Esparta, Safo, Alceo de Mitilene, Anacreonte, Estesícoro, Íbico, Simónides de Ceos, Píndaro e Baquílides. Pero a nómina é moito máis ampla:

Traxedia e comedia antiga[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Traxedia grega.

No século -V, era clásica, xorde o drama a partir dos misterios dionisíacos. Dos centenares de traxedias escritas e interpretadas durante a época clásica, só sobreviviu un número limitado de obras:

  • Esquilo (-525--456), considerado creador da traxedia. Obras: Os persas, Os sete contra Tebas, As suplicantes e a triloxía A Orestíada (Agamenón, As Coéforas, As Euménides).
  • Sófocles (-495--406), limitou o coro, aumentou a tres os actores, co que deu maiores posibilidades ao diálogo. Consérvanse sete traxedias completas: Antígona, Edipo Rei, Áiax, As Traquinias, Filoctetes, Edipo en Colono e Electra.
  • Eurípides (-485--406). Gran penetración psicolóxica dos personaxes. Obras: Alcestis, Medea, Heraclidas, Hipólito, Andrómaca, Hécuba, Suplicantes, Electra, Heracles, Troianas, Ifixenia en Táuride, Ión, Helena, Fenicias, Orestes, As Bacantes e Ifixenia en Áulide.

Igualmente, a Comedia antiga xurdiu do culto a Dioniso, pero neste caso as obras estaban cheas dunha franca obscenidade, abusos e inxurias. Autor destacado foi:

  • Aristófanes (-444--385). Aristócrata, ataca a charlatanería, tanto filosófica como política. Os cabaleiros, As nubes (contra os filósofos), As avespas, As aves, Lisístrata (contra a guerra), As ras, A asemblea das mulleres.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historiografía grega.
Busto de Heródoto. Copia romana dun orixinal grego perdido.

Dous dos máis influentes historiadores que floreceron durante a era clásica grega:

Un terceiro historiador, Xenofonte (-431 - -354 ), comezou as súas Helénicas onde Tucídides cesara a súa narración da guerra do Peloponeso (ao redor do -411), e proseguiu a historia ata o -362. Outras obras súas son Apoloxía de Sócrates e Ciropedia ou Educación de Ciro. A súa obra máis coñecida é a Anábase: Xenofonte acompañou cun exército mercenario ao príncipe persa Ciro o Mozo contra Artaxerxes II. Trala derrota de Cunaxa, dirixiu a retirada dos Dez Mil.

Prosa[editar | editar a fonte]

Os maiores logros na prosa do século -IV prodúcense na filosofía. Entre todos os filósofos, sobresaen tres nomes: Sócrates (-470 - -399), Platón (-427 - -347), e Aristóteles (-384 - -322).

Xorden entón os grandes oradores:

  • Isócrates (-436 - -338). Foi discípulo de Sócrates. Partidario da unión nacional fronte aos persas. 21 discursos e 9 epístolas.
  • Iseo (-390 - -340). Mestre de Demóstenes.
  • Esquines (-389 - -314). Apoiou a alianza de Atenas con Filipo II de Macedonia para crear un imperio grego contra os persas. Rival de Demóstenes. Contra Ctesifonte, Contra Timarco, Da embaixada.
  • Lisias, (-458 - -380), mestre da oratoria xudicial.
  • Demóstenes (-384--322) Inimigo de Filipo II de Macedonia, contra el dirixiu as súas Olínticas e Filípicas. Cando o xeneral macedonio Antípatro tomou Atenas, fuxiu á illa de Calauria, onde se suicidou.

Helenismo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Literatura helenística.

En -338 todas as cidades estado gregas non sendo Esparta foranconquistadas por Filipo II de Macedonia. O fillo de Filipo, Alexandre Magno, estendeu enormemente o territorio conquistado polo seu pai. A cidade de Alexandría no norte de Exipto converteuse, desde o século -III, no centro destacado da cultura grega.

Poesía grega tardía[editar | editar a fonte]

Floreceu durante o século -III:

Outros xéneros[editar | editar a fonte]

Columna en caracteres unciais do texto de Esdras da Septuaginta.

Unha das máis valiosas contribucións do período helenístico foi a tradución do Antigo Testamento ao grego. A súa redacción levouse a cabo entre os anos -250 e -150, en Alexandría. Chámana Septuaginta. Este nome de Setenta débese a que a tradición xudía, recollida atribúea a súa tradución a 72 sabios xudeus (seis de cada tribo) en 72 días.

Época romana (146 - 395)[editar | editar a fonte]

En -146 Roma conquista Grecia e convértea nunha provincia do Imperio romano primeiro e do Imperio Romano de Oriente despois.

Historiadores[editar | editar a fonte]

Os historiadores máis significativos da época posterior a Alexandre o Grande foron:

Manuscrito bizantino do século XII no que está escrito o xuramento hipocrático en forma de cruz. Biblioteca Vaticana.

Novela bizantina[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Novela bizantina.

Desenvolveuse durante os séculos II e III, aínda que a datación exacta das obras é controvertida.

Outros xéneros[editar | editar a fonte]

O médico Galeno (131-201) é o personaxe máis significativo da Medicina antiga logo de Hipócrates, que estableceu as bases da medicina no século -V.

Literatura bizantina (395-1453)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Literatura bizantina.
Comezo do evanxeo de Lucas nun manuscrito bizantino de principios do século XI.

A literatura bizantina é a escrita en grego medieval, durante a hexemonía do Imperio bizantino. É expresión da vida intelectual da parte helenizada do Imperio romano de Oriente durante a Idade Media cristiá. Combina civilización grega e cristiá sobre o fundamento común o sistema político romano, situado na atmosfera intelectual e etnográfica do Oriente Próximo.

A literatura bizantina parte de catro elementos culturais distintos: o grego, o cristián, o romano e o oriental, cuxo carácter combinar. A imaxinación oriental envolve as achegas da cultura intelectual helenística, a organización gobernamental romana e a vida emocional do cristianismo.

Literatura grega moderna (posterior a 1453)[editar | editar a fonte]

Exemplo contemporáneo de antiga escritura grega.
Artigo principal: Literatura grega moderna .

A literatura grega moderna é aquela escrita en grego moderno desde o século XV.

Literatura contemporánea[editar | editar a fonte]

Epitafio na tumba de Nikos Kazantzakis. Tradución: Non espero nada, non temo nada, son libre.

No século XIX, coa independencia de Grecia, prodúcese un renacemento da súa literatura:

Xa no século XX:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bowra, C. M. (2007). Introducción a la literatura griega. Traducción a cargo de Luis Gil Fernández. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-2877-3. 
  • Historia de la literatura clásica (Cambridge University). Madrid: Editorial Gredos. 
  1. P. E. Easterling y B. M. W. Knox (eds.) (1996). Literatura griega. Traducción Federico Zaragoza Alberich. ISBN 978-84-249-1421-9. 
  2. E. J. Kenney y W. V. Clausen (eds.) (1996). Literatura latina. Traducción Elena Bombín. ISBN 978-84-249-1402-8. 
  • Lesky, Albin. Historia de la literatura griega. Madrid: Editorial Gredos. 
  1. Volumen I. 2009. ISBN 978-84-249-0178-3. 
  2. Volumen II. 2010. ISBN 978-84-249-1156-0. 
  • Bergua, Juan B. La Grecia Clásica. Traducción, prólogo y notas por Juan Bautista Bergua, Clásicos Bergua. Madrid: Ediciones Ibéricas, La Crítica Literaria. ISBN 978-84-7083-059-4. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]