Georges Perec

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Georges Perec
Nacemento7 de marzo de 1936
 París, Francia Francia
Falecemento3 de marzo de 1982
 Ivry-sur-Seine, Francia Francia
CausaCancro de pulmón
SoterradoCrématorium-columbarium du Père-Lachaise
NacionalidadeFrancia
Alma máterLycée Claude-Bernard
Ocupaciónescritor, director de cine, guionista, poeta, novelista, ensaísta, bibliotecario, crítico literario, cruciverbalist e documentalista
CónxuxePaulette Perec
XénerosNovela, poesía, ensaio, teatro
PremiosPrêmio Renaudot, Prêmio Médicis e Mecca Prize
Firma Perec.svg
Premio Renaudot (1965)
Premio Médicis (1978)
editar datos en Wikidata ]

Georges Perec, nado en París o 7 de marzo de 1936 e finado en Ivry-sur-Seine o 3 de marzo de 1982, foi un escritor francés.

Novelista, poeta, ensaísta, guionista, dramaturgo e autor de obras misceláneas, é un dos autores principais da literatura francesa do século XX, membro do grupo OuLiPo e abandeirado da Nouveau roman. A súa obra estivo baseada na experimentación e en certas limitacións formais como forma de creación, incluíndo elementos matemáticos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Perec foi o único fillo de de Icek Judko Peretz e Cyrla Szulewicz, obreiros xudeus que chegaran de Polonia. Na Segunda Guerra Mundial, o seu pai foi voluntario no exército francés, e morreu na fronte en 1940. Ao ano seguinte foi enviado pola súa nai á zona libre de Villard-de-Lans nun tren da Cruz Vermella. O seu nome foi afrancesado a Perec e pasou a guerra coa súa familia paterna. A súa nai foi levada ao campo de Dranzy en xaneiro de 1943 e deportada a Auschwitz o 11 de febreiro dese mesmo ano. En 1945 Georges Perec foi adoptado polos seus tíos.

Perec comezou os estudos de socioloxía e historia na Sorbona, pero abandonounos. Nesa época publicou ensaios e recensións nas revistas literarias La Nouvelle Revue Française e Les Lettres Nouvelles.

Fixo o servizo militar en Pau entre 1958 e 1959 como paracaidista. En 1960 casou con Paulette Petras, e foron vivir un ano a Sfax (Túnez), onde ela era profesora. En 1962 comezou a traballar como bibliotecario no departamento de Neurofisioloxía do Centro Nacional para a Investigación Científica, posto no que estivo até 1978.

En 1965 gañou o Premio Renaudot pola súa primera novela, Les Choses. En 1967 ingresou no grupo OuLiPo («Ouvroir de Littérature potentielle»)[1], fundado en 1960 por Raymond Queneau e François Le Lionnais. Neste grupo, que buscaba explotar a literatura en base a métodos formais procedentes de áreas como as matemáticas, a lóxica ou o xadrez, Perec desenvolveu a súa paixón polos xogos de palabras, lipogramas, anagramas e puzles. É o autor do palíndromo máis longo escrito en francés, terminado en 1969 e conformado por máis de cinco mil caracteres[2]. Perec tamén fixo encrucillados para Le Piont.

Interesouse polo cinema, e a súa primeira película está baseada na súa novela Un homme qui dort. Codirixida por Bernard Queysanne, acadou o Premio Jean Vigo en 1974.

Père-Lachaise - Division 87 - Savary 01.jpg

En 1978 publicouse a súa obra La Vie mode d'emploi, gañadora do Premio Médicis, cuxo éxito lle permitiu dedicarse desde entón plenamente á literatura. En 1981 permaneceu na Universidade de Queensland (Australia), onde traballou na súa obra 53 Jours. Morreu ao ano seguinte por mor dun cancro de pulmón.

Obra[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • Les choses. Une histoire des années soixante (1965), traducida ao galego por Gonzalo Navaza (As cousas. Unha historia dos anos sesenta, Edicións do Cumio, 1991).
  • Quel petit vélo à guidon chromé au fond de la cour? (1966)
  • Un homme qui dort (1967)
  • La disparition (1969). Novela de intriga, escrita en forma de lipograma, onde non aparece a letra E, a vogal máis frecuente en francés. As traducións desta obra respectan tamén semellante restrición, evitando a vogal máis frecuente de cada idioma meta.
  • Les revenentes (1972). Obra que actúa como contrapunto da anterior, pois só usa a vogal E.
  • La boutique obscure (1973)
  • Especes d'espaces (1974)
  • W ou le souvenir d'enfance (1975)
  • Tentative d'épuisement d'un lieu parisien (1975). Publicada inicialmente na revista Cause Commune e máis tarde por Christian Bourgeois en 1982. En outubro de 1974 Perec instalouse na praza de Saint-Sulpice de Paris. Durante tres días e en diferentes momentos da xornada tomou nota de todo o que vía.
  • Alphabets (1976). Neste libro non repite unha consoante antes de usar todas as demais do alfabeto.
  • La vie, mode d'emploi (1978)
  • Je me souviens (1978)
  • Un cabinet d'amateur (1979)
  • Théâtre I (1981)
  • Épithalames (1982)
  • Penser/Classer (1985)
  • Les Mots croisés II (1986)
  • 53 jours (1989)
  • L'Infra-ordinaire (1989)
  • Je suis né (1990)
  • Le voyage d'hiver (1993)
  • Beaux présents, Belles absentes (1994)
  • Jeux intéressants (1999)
  • Nouveaux jeux intéressants (1999)
  • Entretiens et conférences (2003)

Colaboracións[editar | editar a fonte]

  • Petit traité invitant à l'art subtil du go (1969; con Pierre Lusson e Jacques Roubaud)
  • Oulipo, La littérature potentielle. Créations, recréations, récréations (1973)
  • L'Oeil ébloui (1981; con Cuchi White)
  • Oulipo, La Bibliotèque oulipienne (1981)
  • Presbytère et prolétaires. Le dossier PALF (1989; Marcel Bénabou)

Traducións[editar | editar a fonte]

Plaque perec.JPG
  • Les verts champs de mutarde de l'Afghanistan (de Harry Mathews; 1975)
  • Le naufrage du stade Odradek (de Harry Mathews; 1981)

Cinema[editar | editar a fonte]

  • Un homme qui dort (1974; dirixida canda a Bernard Queysanne)
  • Guión de «L'oeil de l'autre», capítulo da serie de televisión Cinéma 16 (1977)
  • Les lieux d'une fugue (1978; curtametraxe para televisión)
  • Retour à la bien-aimée (1979; guionista)
  • Récits d'Ellis Island (180; guionista)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. OuLiPo, présentation par Marcel Bénabou et Jacques Roubaud (en francés).
  2. Le Grand Palindrome de Georges Perec (1969).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]