Aleksandr Pushkin
Aleksandr Pushkin | |
---|---|
![]() Retrato por Orest Kiprensky (1827) | |
Alcume | Александр НКШП, Иван Петрович Белкин, Феофилакт Косичкин, P., Ст. Арз. (Старый Арзамасец) e А. Б. |
Nacemento | 26 de maio de 1799 e 6 de xuño de 1799 |
Lugar de nacemento | Moscova |
Falecemento | 29 de xaneiro de 1837 e 10 de febreiro de 1837 |
Lugar de falecemento | San Petersburgo |
Causa | ferida por arma de fogo |
Soterrado | Svyatogorsky Monastery |
Nacionalidade | Imperio Ruso |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Alma máter | Tsarskoye Selo Lyceum |
Ocupación | poeta, prosista, dramaturgo, crítico literario, tradutor, historiador, novelista, libretista, coleccionador de livros, xornalista de opinión, escritor, escritor de literatura infantil, dramaturgo, ensaísta e pessoa que pratica duelos |
Pai | Sergey Pushkin |
Nai | Nadezhda Pushkina |
Cónxuxe | Natalia Pushkina |
Fillos | Maria Pushkina, Natália Alexandrovna Pushkina, Alexander Alexandrovich Pushkin e Grigory Aleksandrovich Pushkin |
Irmáns | Olga Pavlischeva e Lev Sergeyevich Pushkin |
Xéneros | poesía, teatro, novela |
Coñecido por | Yevgeny Onegin, The Captain's Daughter, Boris Godunov, Ruslan and Ludmila, The Prophet, The Tale of the Priest and of His Workman Balda, The Tale of the Fisherman and the Fish, The Tale of the Dead Princess and the Seven Knights e The Tale of the Golden Cockerel |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Aleksandr Sergeevich Pushkin, (en ruso: Александр Сергеевич Пушкин), coñecido como Aleksandr Pushkin (ás veces transcrito ao galego como Alexander ou Alexandre Puxquin), nado en Moscova o 26 de maio de 1799 e finado en San Petersburgo o 29 de xaneiro de 1837, foi un poeta, dramaturgo e novelista ruso, considerado o fundador da literatura rusa moderna.
Foi pioneiro no uso da lingua vernácula nos seus poemas e obras, creando un estilo narrativo, mestura de drama, romance e sátira, que foi dende entón asociado á literatura rusa e influíu notablemente nas posteriores figuras literarias como Gogol, Dostoievski, Tolstoi, e Tiútchev, así como nos compositores rusos Chaikovskii e Musorgskii.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Infancia[editar | editar a fonte]
Era fillo de Sergei Pushkin, descendente dunha das máis antigas familias da aristocracia rusa, cuxa historia se remonta ao século XII. Por parte materna descendía dun príncipe etíope trasladado a Rusia por escravistas otománs e onde chegou a ser xefe militar, enxeñeiro e nobre, apadriñado por Pedro I de Rusia.
A súa avoa materna inculcoulle dende pequeno o seu amor polos contos e a poesía popular rusa, en contraste co feito de que, como era habitual na aristocracia rusa, o idioma de uso cotián na súa familia era o francés. En consonancia, recibiu tamén dende moi novo unha ampla educación literaria baseada na literatura e lingua francesas.
Xa no ano 1814 conseguiu publicar un texto na revista Le Messager de l’Europe, a epístola K drugu stijotvortzu (Ao amigo poeta). Esta gran paixón pola literatura fixo que se desleixase un pouco dos estudos, centrándose na lectura compulsiva da biblioteca de seu pai, de máis de 3000 exemplares.
Ao mesmo tempo, a casa paterna era escenario de faladoiros literarios, aos que acudían autores como Karamzin, Batiushkov ou Dmitriev, ao igual que o seu tío, o poeta Vasilii Lvovich Pushkin, que sería un dos grandes apoios de Aleksandr ao longo da súa carreira literaria.
Realizou os seus estudos entre 1811 e 1817 no Liceo Imperial de Tsarskoe Selo, preto de San Petersburgo, que co tempo pasaría a chamarse Liceo Pushkin na súa honra. Nesta época comezou a escribir o seu primeiro poema longo, Ruslán e Liudmila, publicado en 1820, co que rompeu coa liña poética oficial botando por terra os canons poéticos do neoclasicismo.
Persecución política[editar | editar a fonte]
Tras rematar a súa formación académica instalouse na capital, San Petersburgo. En 1820 entrou a traballar no Ministerio de Asuntos Exteriores, onde pouco a pouco se foi involucrando nos movementos de reforma social, escribindo algúns poemas sediciosos como a Oda á liberdade, que estivo a piques de custarlle o desterro a Siberia. En troques, acabou desterrado en Ekaterinoslav (actual Dnipro) ao servizo do xeneral Inzov.
Na cidade ucraína enfermou de febres, polo que foi acollido pola familia do xeneral Nikolai Raevskii, coa que viaxou entre 1820 e 1821 polo Cáucaso e Crimea. Desa viaxe son froito obras como Kavkazskiy plennik (O prisioneiro do Cáucaso). Entre 1820 e 1823 estableceuse en Chișinău, capital de Besarabia, onde comezou a súa obra máis recordada, Yevgeny Onegin (Uxío Oneguin). Nesta cidade tamén ingresou na loxa masónica Ovidio.
En 1823, tras sucesivos escándalos relacionados co xogo, os amoríos ou coa etnia xitana, foi enviado a Odesa ao servizo do xeneral Mikhail Vorontsov. No novo destino non lle foi mellor pois, ademais de problemas recorrentes, comezou a galantear a filla do xeneral. Porén, a pinga que rebordou o vaso foi un epigrama sobre o carácter do xeneral Vorontsov que lle valeu o arresto domiciliario na propiedade materna, Mikhailvskoe, no óblast de Pskov, de 1824 a 1826.
No seu novo destino de desterro seguiu escribindo a súa obra mestra, ademais do drama histórico Boris Godunov (1825) e os poemas Graf Nulin (O conde Nulin, 1825) e Tsygany (Os xitanos, 1827).
En 1825, estando Pushkin en pleno arresto domiciliario, estourou en San Petersburgo a Rebelión dos decembristas coincidindo coa morte do Tsar Alexandre I de Rusia e a entronación de Nicolao I de Rusia e instigada pola Sociedade do Norte, sociedade ilegal constituída por membros de orixe aristocrática na mesma cidade en 1821. Esta revolta foi duramente reprimida e moitos dos amigos e compañeiros de Alexander involucrados no levantamento foron condenados a traballos forzados e á deportación a Siberia. Estes serían coñecidos coma Poetas decembristas ou Pléiade decembrista, e inclúen nomes como Kondrati Ryléyev, Wilhelm Küchelbecker, Aleksandr Odóyevski, Vladímir Rayevski ou Aleksandr Bestúzhev.
Madurez[editar | editar a fonte]
En 1826 remata o seu arresto domiciliario, pero malia que el non participara directamente no levantamente do ano anterior, moitos dos sublevados tiñan entre as súas pertenzas os primeiros poemas políticos do escritor, polo que se viu fortemente controlado pola censura, impedíndoselle viaxar e publicar libremente. Con todo, xa contaba cun gran recoñecemento e gozaba dunha boa situación financeira. Desta época datan traballos como Poltava, adicado ao enxalzamento de Pedro I de Rusia e a súa vitoria na batalla de Poltava.
En 1830 en Moscova, coñeceu a Natalia Goncharova, coa que casou en 1831. Ese mesmo ano ingresa outra vez no Ministerio de Asuntos Exteriores. En 1831 coñece a Nikolai Gógol, con quen traba unha moi boa amizade que redunda nunha ampla colaboración e influencia literaria mutua. En 1833 é elixido membro da Academia Rusa. Para aliviar a difícil situación económica froito da vida disoluta do matrimonio, comezou a publicación da revista literaria O Contemporáneo en 1836, que chegaría a ter moita repercusión nas letras rusas.
Malia a súa curta idade, 37 anos, Pushkin morre o 29 de xaneiro de 1837 por mor das feridas causadas nun duelo a morte co militar francés Georges d'Anthès nas aforas de San Petersburgo.
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- 1820: Ruslan i Lyudmila (Руслан и Людмила). Tradución ao galego: Ruslán e Ludmila.
- 1820-1821: Kavkazskiy plennik (Кавказский пленник). Tradución ao galego: O prisioneiro do Cáucaso.
- 1821: Gavriiliada (Гавриилиада). Tradución ao galego: A saga de Gabriel.
- 1921-1822: Bratya razboyniki (Братья разбойники). Tradución ao galego: Os irmáns ladróns.
- 1923: Bakhchisaraysky fontan (Бахчисарайский фонтан). Tradución ao galego: A fonte de Bajchi Sarai.
- 1824: Tsygany (Цыганы). Tradución ao galego: Os xitanos.
- 1825: Graf Nulin (Граф Нулин). Tradución ao galego: O conde Nulin.
- 1829: Poltava (Полтава). Tradución ao galego: Poltava
- 1830: Domik v Kolomne (Домик в Коломне). Tradución ao galego: A casiña en Kolomna.
- 1833: Andjelo (Анджело).
- 1833: Medny vsadnik (Медный всадник). Tradución ao galego: O xinete de bronce
Novela en verso[editar | editar a fonte]
Drama[editar | editar a fonte]
- 1825: Boris Godunov (Борис Годунов). Tradución ao galego: Boris Godunov
- 1830: Malenkie tragedii (Маленькие трагедии). Tradución ao galego: Pequenas traxedias
- Kamenny gost (Каменный гость). Tradución ao galego: O convidado de pedra
- Motsart i Salyeri (Моцарт и Сальери). Tradución ao galego: Mozart e Salieri
- Skupoy rytsar (Скупой рыцарь). Tradución ao galego: O cabaleiro avarento
- Pir vo vremya chumy (Пир во время чумы). Tradución ao galego: O festín durante a peste
Prosa[editar | editar a fonte]

- 1828: Arap Petra Velikogo (Арап Петра Великого). Tradución ao galego: O mouro de Pedro o Grande
- 1831: Povesti pokoynogo Ivana Petrovicha Belkina (Повести покойного Ивана Петровича Белкина). Tradución ao galego: Relatos do defunto Iván Petrovich Belkin
- Vystrel (Выстрел). Tradución ao galego: O disparo
- Metel (Метель). Tradución ao galego: A xistra
- Grobovschik (Гробовщик). Tradución ao galego: O fabricante de cadaleitos
- Stanzionny smotritel (Станционный смотритель). Tradución ao galego: O revisor da estación
- Baryshnya-krestyanka (Барышня-крестьянка). Tradución ao galego: A labrega señorita
- 1834: Pikovaya dama (Пиковая дама). Tradución ao galego: A dama de picas
- 1834: Kirdzhali (Кирджали).
- 1834: Istoriya Pugacheva (История Пугачева). Tradución ao galego: A historia de Pugachev
- 1836: Kapitanskaya dochka (Капитанская дочка). Tradución ao galego: A filliña do capitán
- 1836: Puteshestvie v Arzrum (Путешествие в Арзрум). Tradución ao galego: Viaxe a Arzrum
- 1836: Roslavlev (Рославлев).
- 1837: Istoriya sela Goryuhina (История села Горюхина). Tradución ao galego: Historia da aldea de Goriukhino
- 1837: Yegipetskie nochi (Египетские ночи). Tradución ao galego: Noites exipcias
- 1841: Dubrovskii (Дубровский).
Contos en verso[editar | editar a fonte]
- 1825: Zhenikh (Жених). Tradución ao galego: A noiva
- 1830: Skazka o pope i o rabotnike ego Balbe (Сказка о попе и о работнике его Балде). Tradución ao galego: O conto do pope e o seu Balda
- 1830: Skazka o medvedikhe (Сказка о медведихе). Tradución ao galego: O conto da osa
- 1831: Skazka o tsare Saltane (Сказка о царе Салтане). Tradución ao galego: O conto do tsar Saltán
- 1833: Skazka o rybake y rybke (Сказка о рыбаке и рыбке). Tradución ao galego: O conto do pescantín e o peixiño
- 1833: Skazka o mertvoi tsarevne (Сказка о мертвой царевне). Tradución ao galego: O conto da princesa morta
- 1834: Skazka o zolotom petushke (Сказка о золотом петушке). Tradución ao galego: O conto do galiño de ouro
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- PUSHKIN, ALEXANDER SERGEYEVICH. RELATOS DEL DIFUNTO IVAN PETROVICH BELKIN. ALIANZA EDITORIAL 2009. ISBN 978-84-206-5967-1.
- PUSHKIN, ALEXANDER SERGEYEVICH. EL CUENTO DEL GALLO DE ORO. GADIR 2008. 56 p. ISBN 978-84-96974-11-1.
- PUSHKIN, ALEXANDER SERGEYEVICH. POEMAS. GREDOS 2005. 216 p. ISBN 978-84-249-2762-2.
- PUSHKIN, ALEXANDER SERGEYEVICH. EL JINETE DE BRONCE (ED. BILINGÜE). EDICIONES HIPERION, S.L. 2001. 104 p. ISBN 978-84-7517-673-4.
- PUSHKIN, ALEXANDER SERGEYEVICH. NARRACIONES COMPLETAS. ALBA EDITORIAL S.L. 2003. 570 p. ISBN 978-84-89846-66-1.
- Pushkin, Aleksandr Sergéyevich, 1799-1837. La dama de los tres naipes y otros cuentos. — Buenos Aires: Espasa-Calpe, 1952. — 146 p.
- Pushkin, Aleksandr Sergéyevich, 1799-1837. Dubrovskiy; La campesina señorita. — Buenos Aires: Espasa-Calpe, 1953. — 146 p.
- Pushkin, Aleksandr Sergéyevich, 1799-1837. El disparo. — Buenos Aires: Emecé, 1942. — 99 p.
- Pushkin, Aleksandr Sergéyevich, 1799-1837. Eugenio Oniegin.— 2. ed. — Madrid: Aguilar, 1955. — 496 p.
- Pushkin, Aleksandr Sergéyevich, 1799-1837. La Hija del capitán y La Nevasca. — Buenos Aires: Espasa-Calpe, 1940. — 175 p.
- Pushkin, Aleksandr Sergéyevich, 1799-1837. Teatro completo. — Buenos Aires: Sudamericana, 1958. — 246 p.
- Grandes escritores rusos: Pushkin, Gógol, Lermontov.— 4. ed. — Buenos Aires: W. M. Jackson, 1956. — 495 p.
- Mi Pushkin; Pushkin y Pugachov / Marina Tsvietáieva; tradución de Selma Ancira. - Barcelona: Destino, 1995. - 152 p.; 20 cm. - (Áncora y delfín: 743)
- Pushkin, Maldenstam, Pasternak, Brodsky, La mariposa en la estrella, Buenos Aires, Leviatán, 2001.
- Ver: Discurso sobre Pushkin, contenido en "LA MANSA. DISCURSO SOBRE PUSHKIN", Fiodor Dostoievski. Buenos Aires: Terramar, 2005.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aleksandr Pushkin ![]() |