Alexander Korda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexander Korda
Nome completoSándor László Kellner
Nacemento16 de setembro de 1893
LugarTúrkeve, actual Hungría
Falecemento23 de xaneiro de 1956 (62 anos)
LugarLondres
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoGolders Green Crematorium
NacionalidadeImperio Austrohúngaro, Reino de Hungría, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino Unido
Cónxuxe(s)María Corda, Merle Oberon e Alexandria Boycun
ProfesiónDirector e produtor de cine
Na rede
IMDB: nm0466099 Allocine: 11047 Allmovie: p97893 TCM: 104630 TV.com: people/alexander-korda
WikiTree: Kellner-395 Find a Grave: 6404996 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alexander Korda, nado como Sándor László Kellner en Túrkeve, daquela Imperio Austro-Húngaro, o 16 de setembro de 1893 e finado en Londres o 23 de xaneiro de 1956, foi un director e produtor de cine húngaro nacionalizado británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe xudía, traballou primeiramente coma xornalista no seu país natal, antes de empezar a exercer como produtor cinematográfico. Como director traballou en Hungría inicialmente, para logo pasar a filmar películas en Viena, Berlín, París, Estados Unidos, onde chegou a ser director da United Artists, e finalmente en Gran Bretaña, onde se estableceu definitivamente en 1932. Alí, nese mesmo ano, funda a produtora London Films. Ao ano seguinte asina a película que sería o seu maior éxito internacional, The private life of Henry VIII (A vida privada de Henrique VIII, en tradución literal ao galego), nomeada ao Óscar ó mellor filme en 1934 e pola que Charles Laughton conseguiría o Óscar ó mellor actor. Outro éxito significativo obtívoo co filme Rembrandt en 1936, tamén con Charles Laughton no papel protagonista.

En 1942 recibiu o título de Sir, converténdose no primeiro director de cine en conseguir tal distinción.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • A becsapott újságíró (1914)
  • Tyutyu és Totyó (1915)
  • Lyon Lea (1915)
  • A tiszti kardbojt (1915)
  • Fedora (Fehér éjszakák) (1916)
  • A nagymama (1916)
  • Mesék az írógépről (1916)
  • A kétszívű férfi (1916)
  • Az egymillió fontos bankó (1916)
  • Ciklámen (1916)
  • Vergődő szívek (1916)
  • A nevető Szaszkia (1916)
  • Mágnás Miska (1916)
  • Szent Péter esernyője (1917)
  • A gólyakalifa (1917)
  • Mária (1917)
  • Harrison és Barrison (1917)
  • Faun (1917)
  • Az aranyember (1918)
  • Mary Ann (1918)
  • Ave Caesar! (1919)
  • Fehér rózsa (1919)
  • Yamata (1919)
  • Se ki, se be (1919)
  • A 111-es (1919)
  • Seine Majestát das Bettelkind (1920)
  • Herren der Meere (1922)
  • Eine Versunkene Welt (1922)
  • Samson und Delila; der Roman einer Opernsángerin (1922)
  • Das unbekannte Morgen (1923)
  • Jedermanns Frau (1924)
  • Tragödie im Hause Habsburg (1924)
  • Der Tánzer meiner Frau (1925)
  • Madame wünscht keine Kinder (1926)
  • Eine Dubarry von heute (1927)
  • The Stolen Bride (1927)
  • The Private Life Helen of Troy (1927)
  • Yellow Lily (1928)
  • Night Watch (1928)
  • Love and the Devil (1929)
  • The Squall (1929)
  • Her Private Life (1929)
  • Lilies of the Field (1930)
  • Women Everywhere (1930)
  • The Princess and the Plumber (1930)
  • That Hamilton Woman (1941)
  • Die Manner um Lucie (1931)
  • Rive Gauche (1931)
  • Marius (1931)
  • Zum Goldenen Anker (1931)
  • The Girl from Maxim's (1933)
  • La Dame de Chez Maxim (1934)
  • Service for Ladies (1932)
  • Wedding Rehearsal (1933)
  • The Private Life of Henry VIII (1933)
  • The Private Life of Don Juan (1934)
  • Rembrandt (1936)
  • Perfect Strangers (1945)
  • An Ideal Husband (1947)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]