Elizabeth Gaskell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elizabeth Gaskell
Elizabeth Gaskell.jpg
Elizabeth Cleghorn Gaskell
Nome completoElizabeth Cleghorn Stevenson
Nacemento29 de setembro de 1810
 Londres e Chelsea
Falecemento12 de novembro de 1865
 Alton
CausaInfarto agudo de miocardio
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupaciónescritora, novelista e biógrafa
PaiWilliam Stevenson
CónxuxeWilliam Gaskell
editar datos en Wikidata ]

Elizabeth Cleghorn Gaskell, nada en Londres o 29 de setembro de 1810 e finada en Hampshire o 12 de novembro de 1865, foi unha novelista e escritora de relatos inglesa durante a época vitoriana. Foi así mesmo autora dunha destacada biografía de Charlotte Brontë. As súas novelas ofrecen un excelente retrato das vidas de moitos sectores sociais, e nalgúns casos foron levadas ao cinema ou á televisión, como sucede coa serie da BBC Cranford.A súa primeira novela, Mary Barton, publicouse en 1848. Algunhas das súas obras máis coñecidas son North and South (1854-1855) e Wives and Daughters (1865).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Elizabeth Gaskell naceu en 1810 no número 93 de Cheyne Walk, en Chelsea, que daquela aínda era considerado a periferia de Londres. A súa nai, Eliza Holland, proviña dunha familia prominente das Midlands que posuía boas conexións con outras familias unitarias de relevo, coma os Wedgood ou os Darwin. A súa nai feneceu en 1812. O seu pai, William Stevenson, pastor e escritor unitario, volvería casar.

A autora en 1860.

A meirande parte da súa infancia transcorreu en Knutsford (Cheshire), onde vivía coa súa tía, Hannah Lumb. Esta localidade sería inmortalizada na novela Cranford. Alí moraba nunha casa grande de ladrillo, en Heathside (a rúa hoxe chámase Gaskell Avenue), fronte a unha gran zona aberta de Knutsford Heath. Gaskell tamén viviu en Stratford-upon-Avon e no norte de Inglaterra. Así mesmo, durante algún tempo residiu en Newcastle upon Tyne (canda o reverendo William Turner) e mais en Edimburgo.

Con 22 anos, Elizabeth casou con William Gaskell, un pastor da Capela Unitaria de Cross Street, en Manchester, que tiña a súa propia traxectoria literaria. O matrimonio radicouse en Mánchester, onde as proximidades industriais lle brindarían inspiración para algunhas das súas novelas. Os círculos nos que se movían os Gaskell xiraban ao redor de grandes literatos, disidentes relixiosos e reformadores sociais, coma William e Mary Howitt.

Os Gaskell tiveron un primeiro fillo que naceu morto, un segundo varón que morreu de escarlatina e catro fillas que acadaron a idade adulta.

Gaskell faleceu en Holybourne (Hampshire) en 1865 aos 55 anos.

Obra[editar | editar a fonte]

Novelas curtas[editar | editar a fonte]

Relatos[editar | editar a fonte]

  • Libbie Marsh's Three Eras (1847)
  • The Sexton's Hero (1847)
  • Christmas Storms and Sunshine (1848)
  • Hand and Heart (1849)
  • The Well of Pen-Morfa (1850)
  • The Heart of John Middleton (1850)
  • Disappearances (1851)
  • Bessy's Troubles at Home (1852)
  • The Old Nurse's Story (1852)
  • Cumberland Sheep-Shearers (1853)
  • Morton Hall (1853)
  • Traits and Stories of the Huguenots (1853)
  • My French Master (1853)
  • The Squire's Story (1853)
  • Half a Life-time Ago (1855)
  • Company Manners (1854)
  • The Poor Clare (1856)
  • The Doom of the Griffiths (1858)
  • Right at Last (1858)
  • The Crooked Branch (1859)
  • The Half-brothers (1859)
  • Curious If True (1860)
  • The Grey Woman (1861)
  • The Cage at Cranford (1863)
  • Crowley Castle (1863)

Non ficción[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]