Osamu Tezuka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Osamu Tezuka (手塚 治虫 手塚 治?, Tezuka Osamu), nado o 3 de novembro de 1928 e finado o 9 de febreiro de 1989, foi un debuxante de manga, animador, produtor, activista e doutor xaponés. Nado na prefectura de Ōsaka, é coñecido por ser o creador de Astro Boy, Kimba the White Lion e Black Jack. É a miúdo considerado o "Padriño do Anime" e o equivalente xaponés de Walt Disney, o cal foi a súa maior inspiración durante os seus anos de formación.[1] A súa prolífica obra, as súas técnicas pioneiras e as innovadoras definicións dos xéneros valéronlle os títulos de "o pai do manga", "o deus da BD"[2] e "kamisama do manga".[3] O seu corpo repousa no cemiterio do templo Souzen-ji de Kiryū, Gunma.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Osamu Tezuka era o irmán maior dos tres fillos que tiña a familia Tezuka en Toyonaka, Ōsaka.[4][5] O seu alcume era gashagasha-atama (gashagasha é un termo popular para sucio, e atama significa cabeza). As historias que a súa nai lle contaba de pequeno foron as que inspiraron a súa creatividade. Tezuka medrou en Takarazuka, Hyōgo e a súa nai levábao acotío ó teatro Takarazuka. A Takarazuka Revue, unha obra teatral interpretada integramente por mulleres, incluíndo os papeis masculinos, tamén tivo un gran impacto nos traballos posteriores de Tezuka, como no deseño dos vestidos dos seus personaxes. El dixo que sentía un profundo "sentimento de nostalxia" pola Takarazuka.[6]

Tezuka comezou a debuxar banda deseñada o segundo ano na escola de primaria. Arredor do quinto ano atopou un insecto chamado "Osamushi". O nome do insecto era tan semellante ó seu, que decidiu adoptalo como nome artístico. A súa compañía de animación chamouse Mushi (insecto) Production.[7] Chegou á conclusión de que podería usar o manga como un medio que o axudase a convencer á xente a coidar o mundo. Despois da II Guerra Mundial, creou o seu primeiro traballo (ós 17 anos de idade), Diary of Ma-chan e logo Shin Takarajima, que foron as primeiras obras da idade dourada do manga.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tezuka Osamu Monogatari, 1992, published by Tezuka Productions.
  2. Patten, Fred (2004). Watching Anime, Reading Manga: 25 Years of Essays and Reviews. Stone Bridge Press. p. 198. ISBN 1-880656-92-2. 
  3. 関厚夫 (2009-11-03). "【次代への名言】手塚治虫編(1)". sankeishimbun. http://sankei.jp.msn.com/culture/academic/091103/acd0911030313001-n1.htm. Consultado o 2009-11-03.  [Ligazón morta]
  4. Patten, Fred (2004). Watching Anime, Reading Manga: 25 Years of Essays and Reviews. Stone Bridge Press. p. 145. ISBN 1-880656-92-2. 
  5. Galbraith, Patrick W. (2009). The Otaku Encyclopedia: An Insider's Guide to the Subculture of Cool Japan. Kodansha International. pp. 220–221. ISBN 978-4-7700-3101-3. 
  6. Gravett, Paul (2004). Manga: 60 Years of Japanese Comics. Harper Design. p. 77. ISBN 1-85669-391-0. 
  7. Foster, Melanie. "Osamu Tezuka, Animation Pioneer". Arquivado do orixinal o 2007-10-24. http://web.archive.org/web/20071024152609/http://www.clas.ufl.edu/users/jmurphy/JPT3500file/JPT.Projectfile/Jpt/Mickey.html. Consultado o 2008-02-08. 
  8. Wells, Dominic (2008-09-13). "Osamu Tezuka the master of mighty manga". The Times (London). http://entertainment.timesonline.co.uk/tol/arts_and_entertainment/film/article4723984.ece. Consultado o 2010-05-20.