Álvaro das Casas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Álvaro de las Casas»)
Álvaro das Casas
Nacemento2 de xullo de 1901
Lugar de nacementoOurense
Falecemento8 de marzo de 1950
Lugar de falecementoBarcelona
SoterradoSabucedo de Montes
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valladolid
Ocupaciónpolítico e profesor universitario
IrmánsAugusto Casas
Na rede
Galiciana: 6148
editar datos en Wikidata ]

Álvaro María Casas Blanco, nado en Ourense o 2 de xullo de 1901 e finado en Barcelona o 8 de marzo de 1950, foi un dinamizador cultural e escritor, en galego e castelán, de poesía, novela, ensaio e, fundamentalmente, de obras de teatro. Asinou as súas publicacións como Álvaro de las Casas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Grupo dos Ultreyas na Misión Biolóxica de Galicia en 1932.

En Ourense cursou os seus estudos básicos e de bacharelato, e trasladouse a Valladolid para cursar a carreira de Filosofía e Letras. Doutorouse en Ciencias Históricas e Xeográficas, feito que talvez inflúa na proposta de teatro histórico deste autor. En 1928, mentres residía en Madrid, nomeárono membro correspondente da Real Academia Galega.

Exerceu de catedrático e director do Instituto local de Noia, onde fundou os primeiros grupos Ultreya. Foi escritor dramático de renome e tradutor de obras de autores portugueses, alén de militante do Partido Galeguista e membro do Instituto Histórico do Minho. No ano 1933, despois dunha longa polémica co Partido Galeguista, funda a Vangarda Nazonalista Galega. Precisamente nunha comunicación feita ao Instituto Histórico do Minho, en que fala do teatro de Galiza, publica a súa proposta de teatro galego. Na súa opinión, debería ser poético, de temática histórica e representábel en calquera punto de Galiza. Todos estes trazos áchanse na súa obra A Morte de Lord Sataüler (1929), onde demostra Álvaro das Casas que o arriba dito pode ser levado á práctica. Dirixiu a revista Alento (1934-1935).

En 1936, con motivo da guerra civil, cae na obriga de se exiliar a Buenos Aires. Alí fundou en 1939 canda a Mariano Medina del Río o proxecto Emecé Editores[1].

En 1950 regresou a España. Asentouse en Barcelona, onde morreu o 8 de marzo dese mesmo ano. Foi soterrado en Sabucedo de Montes (Cartelle).[2]

Foi irmán do tamén escritor Augusto Casas.

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

A Asociación Álvaro das Casas leva o seu nome[3].

Obra[editar | editar a fonte]

Manuel Lesteiro López, Claudio Losada, Álvaro das Casas e Filgueira Valverde cos Ultreya en Noia, retrato en Vida Gallega, 1932.

Álvaro das Casas foi principalmente un autor dramático, o cal non lle impediu cultivar timidamente outros xéneros. A súa traxectoria como escritor está composta polas seguintes obras:

Teatro[editar | editar a fonte]

Álvaro María de las Casas e os Ultreyas visitando o dolmen de Axeitos, Vida Gallega, 1933.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Sulco e Vento (1931).
  • Escolma de cantigas (1934).

Prosa[editar | editar a fonte]

  • Ladaíña (1927). Colección Lar.[5]
  • Xornadas de Sebastián Albor (1931).

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A Illa de Ons (1932, Nós).
  • Verbas aos Mozos Galegos (1933).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fuster García, F. (2016). "La edición iberoamericana (México y Argentina, siglo XX)". Cuadernos Hispanoamericanos (en castelán) (798): 91. 
  2. Xabier Limia de Gardón (16 de marzo de 2020). "Álvaro de las Casas, escritor e poeta". La Región. 
  3. "Asociación Álvaro das Casas | Galeguizar Galicia". Consultado o 2021-12-07. 
  4. 4,0 4,1 Con ilustracións de Cándido Fernández Mazas.
  5. Casares Mouriño, Carlos, ed. (1990). Antoloxía da novela curta. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-746-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]