O dereito á preguiza
| O dereito á preguiza | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
Le droit à la paresse
Haƙƙin Yin Lalaci Pravo na lijenost O dereito á preguiza حق تنبلی Alferkeriarako eskubidea 怠ける権利 Rätten till lättja Pravica do lenobe 懒惰权 Tembellik Hakkı רעכא אויף פוילהייא Το δικαίωμα στην τεμπελιά الحق في الكسل The Right to be Lazy El dret a la peresa Das Recht auf Faulheit Retten til dovenskab La rajto je pigro Il diritto alla pigrizia El derecho a la pereza O Direito à Preguiça Het recht op luiheid Právo na lenost | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Lingua
| |||||||||||
| Autoría | |||||||||||
|
Autor/a
| |||||||||||
| Temática | |||||||||||
| Publicación | |||||||||||
|
Edicións
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O dereito á preguiza (en francés Le Droit à la paresse) é un ensaio utópico do autor francés Paul Lafargue, o seu primeiro traballo teórico, redactado en Inglaterra en 1880 para a súa primeira publicación no xornal L'Egalité, e posteriormente como folleto en 1883.
Na obra Lafargue realiza unha crítica marxista do sistema económico xurdido do capitalismo, cuxo desenvolvemento desembocaría nunha crise de superprodución, causa de paro e miseria entre a clase traballadora. Lafargue propón acadar, mediante a xeneralización do uso das máquinas e a redución da xornada laboral, o estadio dos dereitos do benestar co que culminaría a revolución social, e cuxa sociedade pode consagrar o seu tempo ás ciencias, a arte e a satisfacción das necesidades humanas elementais.
Edicións
[editar | editar a fonte]O dereito á preguiza acadou unha gran popularidade entre os partidarios e críticos co movemento obreiro europeo a finais do século XIX polo seu estilo irónico e contido polémico, para máis tarde significarse como unha das obras literarias de maior relevancia de Francia.
Trala revolución rusa e co auxe do pensamento partidario das políticas soviéticas do produtivismo, que é criticado na obra de Lafargue, o texto foi relegado até que trala segunda guerra mundial foi redescuberto para a súa reedición e reivindicación por sectores moi dispares, abandonando a súa condición de obra ideolóxica para converterse en patrimonio universal.
O pensamento de Lafargue
[editar | editar a fonte]N' O dereito á preguiza, o autor fai unha defensa do soño da abundancia e o goce, e da liberación da escravitude do traballo, empregando o paradoxo como figura estilística para explicar mellor a doutrina marxista entre a clase obreira do seu tempo. Tomado como oposición á declaración do dereito ao traballo de 1848 (o subtítulo do libro é Réfutation du «Droit au travail» de 1848), Lafargue defende que o traballo é o resultado dunha imposición do capitalismo, contrariamente á idea tradicional de reivindicación obreira, contrapoñendo o dereito á preguiza, máis acorde cos instintos da natureza humana, cos que se acadarían o dereito ao benestar e a culminación da revolución social.
Lafargue analiza as consecuencias da crise de superprodución que consideraba inevitable no sistema económico burgués, e que se manifestarían pola ruína do capitalismo, o paro e a miseria da clase operaria. Nun estadio previo, Lafargue considera e critica conceptos como o sobreconsumo, a existencia dunha clase doméstica de consumidores improdutivos, ou a creación de necesidades e mercados ficticios cos que o sistema capitalista facilitaría a saída e redución de vida útil dos produtos.
Lafargue conclúe que é necesaria a redución das xornadas laborais a "3 horas como máximo", e a mellora da capacidade adquisitiva da clase traballadora como solucións ás crises de superprodución periódicas, pero opoñéndose ao interese capitalista polo beneficio económico e apuntaba como exemplo as políticas realizadas entón en Inglaterra e os EUA en favor do maquinismo.
Non obstante, para Lafargue o maquinismo ou a introdución das máquinas nun sistema capitalista podería xeneralizar o paro e a miseria, mentres que no triunfo revolucionario, representarían o instrumento básico para "traballar o menos posible e gozar intelectual e fisicamente o máis posible".
Influencia
[editar | editar a fonte]O dereito á preguiza permitiu precisar os argumentos do pensamento de Lafargue en contra das teses de economistas teóricos do capitalismo, polo que tivo unha grande acollida entre o marxismo e o anarquismo. Máis tarde, tralas reedicións da década de 1970, a obra foi estudada polos teóricos da sociedade do lecer, sendo unha obra considerada como precursora das súas doutrinas en favor de reducir a xornada laboral e consagrar maior tempo ás ciencias, artes e necesidades imprescindibles.
Crítica
[editar | editar a fonte]Para Pérez Ledesma, malia o rigor central de Lafargue, cae con frecuencia no uso de tópicos e apoloxías nas súas análises das formas de vida preindustriais que se axustan pouco á realidade histórica. Noutros fragmentos da súa obra tamén se recorre a caracterizacións étnicas coas que distingue os diferentes pobos para os que o traballo é unha necesidade (entre eles cita os galegos), aos que el considera libres á vez que demostra unha desconsideración cara aos traballos manuais na mesma liña ca os filósofos da época clásica asentados entón nun sistema económico baseado no escravismo.
Os galegos n'O dereito á preguiza
[editar | editar a fonte]Paul Lafargue cita os galegos coma un exemplo negativo, canda escoceses, auverneses, pomeranos e chineses. En contraposición cita a españois e gregos como exemplo contrario.
Para o español, en quen o animal orixinario non está atrofiado, o traballo é a peor escravitude.
Por contra, cales son as razas para as que o traballo é unha necesidade orgánica? Os auverneses; os escoceses, eses auverneses das Illas Británicas; os galegos, eses auverneses de España; os pomeranos, eses auverneses da Alemaña; os chineses, eses auverneses de Asia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- O dereito á preguiza. Edicións Positivas, ISBN 978-84-87783-59-7. Tradución de Onofre Sabaté.
- Le droit à la paresse, texto íntegro orixinal en wikisource (en francés).