Daniel Pernas Nieto

From Wikipedia
Jump to navigation Jump to search
Daniel Pernas Nieto
Nacemento25 de setembro de 1884
 Abadín
Falecemento27 de xullo de 1946
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Daniel Pernas Nieto, nado en Quende (Abadín) o 25 de setembro de 1884 e falecido en Mondoñedo o 27 de xullo de 1946, foi un sacerdote e escritor galego.

Traxectoria[edit | edit source]

Estudou no Seminario de Mondoñedo, foi párroco de Baroncelle e capelán do Hospital-Asilo de Ortigueira. Publicou as súas primeiras composicións con 21 anos en ¡Guau... Guau! e De Todo un Poco[1]. Tamén apareceron poemas seus en El Primitivo. Publicou un único libro Fala d'as musas (1936) con prólogo de Álvaro Cunqueiro en castelán, notable por ser o primeiro libro en galego que se publicou en Galicia tras o comezo Guerra Civil española. Fala d'as musas é un poemario de 26 poemas, costumista e relixioso na liña de Antonio Noriega Varela. Durante a contenda publicou en La Voz de Ortigueira poemas en galego anunciando que pertencían a un segundo volume de Fala d'as musas que nunca viu a luz.

Notas[edit | edit source]

  1. Armando Requeixo (2014) "Estudo introdutorio" a Fala das Musas e outros poemas. Xunta de Galicia, p. 13

Véxase tamén[edit | edit source]

Bibliografía[edit | edit source]