Xurxo Martínez
Xurxo Martínez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1984 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Vigo |
Ocupación | escritor e investigador |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xurxo Martínez González, nado en Coia (Vigo) en 1984, é un escritor e investigador galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2020.) |
Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e premio extraordinario de tese de doutoramento. Formou parte do Proxecto Sarmiento do Consello da Cultura Galega e de Informes de Literatura, do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Participa en varios grupos de investigación sobre temas relacionados co século XIX galego. Dende o ano 2017 é o responsable técnico do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela. Forma parte da directiva da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG).
A nivel político, é militante arredista dende os 17 anos, participando en AMI. Formou parte do Comité Central e do Comité Executivo da Fronte Popular Galega (FPG) até 2009. Posteriormente intégrase na coordinadora da Rolda de Rebeldía, que daría paso ao Novo Proxecto Común, do cal nacería Anova-Irmandade Nacionalista. Integrouse na súa Coordinadora Nacional e, despois, na súa Dirección Permanente até 2017. Neste tempo participa en Alternativa Galega de Esquerda (AGE) e En Marea, coalicións electorais nas cales participou Anova. En canto á militancia sindical, integrouse na Corrente Sindical de Esquerdas, dentro da CIG, e actualmente é o secretario da sección sindical no Concello de Redondela.
Publicou traballos de investigación en Grial, A Trabe de Ouro, Murguía. Revista Galega de Historia, Glaucopis. Boletín do Instituto de Estudo Vigueses, Boletín Avriense, Boletín Galego de Literatura, Anuari Verdaguer, Itinerarios ou Arraianos. Colabora na prensa dixital e escrita (Vieiros, A Peneira, Altermundo, Praza Pública, El Progreso ou Faro de Vigo).
Presentou a súa tese de doutoramento, dirixida por Gonzalo Navaza, sobre o periódico La Oliva (1856-1857), coa cal acadou a cualificación de sobresaínte cum laude e o Premio Extraordinario da Universidade de Vigo. É especialista na época do Rexurdimento, no primeiro provincialismo e na prensa decimonónica (en particular a da cidade de Vigo). Sobre estes temas participou en distintos congresos e conferencias.
Como investigador histórico sacou á luz traballos sobre Rosalía de Castro, Aurelio Aguirre, Ramón Villar Ponte, Fuco Gómez, Luís Soto, Martín Sarmiento, Fermín Penzol, Eduardo e Alejandro Chao, Juan Compañel ou Roberto González Pastoriza. Colaborou nos libros colectivos de homenaxe a Francisco Fernández del Riego, Urbano Lugrís González, Antía Cal e Xosé González Martínez.
Presidiu a asociación cultural A Nave das Ideas, impulsora do Día das Artes Galegas. Mantén o blog O murmurio das ondas[1].
Actualmente é vicepresidente da Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón).
Obras[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Fuco Gómez, 2007.
- Luís Soto. A xeira pola unidade galega, 2011, Edicións Xerais de Galicia.
- Galicia ante todo. Páxinas esquecidas do Rexurdimento (1840-1853), edición, 2017, Alvarellos.[2]
- Co pensamento na patria. Escolma de artigos de Antón Villar Ponte, edición, 2020, Editorial Galaxia.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
- Vida e obra de Manuel Leiras Pulpeiro, con Armando Requeixo, 2012, Galaxia.
- "Roberto González Pastoriza, un xurista de lei", 2013, Irmandade Xurídica Galega.
- Rosalía na cobiza do lonxe, 2013, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión, 2013, Bubela.
- Recuerdos de agosto. Obra poética 1850-1858, de Aurelio Aguirre, con Olivia Rodríguez, 2013, Alvarellos Editora.
- Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro (Historial dun libro), con Luis Alonso Girgado e Luis Cochón Touriño, 2015, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- "Recordo dos Villar Ponte: Antón e Ramón", Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais.
- "Roberto González Pastoriza, crónica dun avogado galeguista", en Xuristas das Irmandades da Fala. 2016, Galeguizar Galicia.
- "Contra a desmemoria", prólogo do Centenário das Irmandades da Fala. 30º Festival da Poesía no Condado. 2016, SCD Condado.
- Os últimos carballos do Banquete de Conxo, con Henrique Alvarellos, Francisco Singul e Martín Souto. 2016, Alvarellos Editora.
- Fermín Penzol, rexistrador, bibliófilo e galeguista, 2017, Galeguizar Galicia.
- Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte, 2018, Xerais. Coa coautoría de Emilio Ínsua.[3]
- Roseiras de rosas roxas. Homenaxe poética a Manuel Leiras Pulpeiro, 2019, Concello de Mondoñedo (eds. Belén Bouzas e Armando Requeixo).
- Versos fideis. Premios de poesía Díaz Jácome para novos creadores, 2019, Concello de Mondoñedo (eds. Belén Bouzas e Armando Requeixo).
Premios[editar | editar a fonte]
- En 2011 gañou a XII edición do Premio de poesía Díaz Jácome co poemario Nocturno de Mondoñedo[4].
- En 2012 conseguiu o primeiro premio da I Edición do Premio Manuel Leiras Pulpeiro[5]. Foi finalista no premio Losada Diéguez 2012.
- En 2013 gañou o primeiro premio de poesía do certame literario de Universidade de Vigo cun poema titulado "Río Miño"[6].
- En 2014 recibiu o primeiro premio de relato curto da Universidade de Vigo co conto titulado "Dúas pezas de ouro" e o segundo premio tamén da Universidade de Vigo co poemario "Turonio".
- En 2015 fíxose co primeiro premio de relato curto da Universidade de Vigo co conto tiulado "Fragmentos".
- En 2016 recibiu o Premio Extraordinario de Tese de Doutoramento da Universidade de Vigo.
- En 2019 recibiu o Premio da Gala do Libro Galego na categoría de "Ensaio e investigación" polo libro Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte (Xerais, 2018), compartido con Emilio Ínsua.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Acerca de". O murmurio das ondas.
- ↑ Ficha do libro na páxina web da editorial
- ↑ Ínsua, Emilio; Martínez, Xurxo (2018). Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-304-8.
- ↑ Xurxo Martínez González gaña a XII edición do Premio de poesía Díaz Jácome
- ↑ Xurxo Martínez González gañao Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro
- ↑ Xurxo Martínez González gaña o primeiro premio da Universidade de Vigo