Lei natural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

A Lei Natural é o conxunto de principios que, en ética, teoloxía, dereito e teoría social, remite ao que se supón son as características permanentes da natureza humana, que poden servir como modelo para guiar e valorar a conduta é as leis civís. A lei natural considerase, en esencia, invariable e aplicable nun sentido universal. A causa da ambigüidade da palabra “natureza”, o significado de natural varía. Así, a lei natural pode ser considerada como un ideal ao que aspira a humanidade, ou un feito xeral entendido como o modo en que actúan por norma ou regra xeral os seres humanos. A lei natural é diferente da lei positiva, establecida pola sociedade civil.

Historia[editar | editar a fonte]

Grecia clásica[editar | editar a fonte]

Os filósofos gregos foron os primeiros en elaborar unha doutrina da lei natural. No século VI a.C., Heráclito falaba dunha sabedoría común que impregna todo o Universo: “todas as leis humanas se nutren dunha, a divina”. Aristóteles distinguía entre dúas clases de xustiza: “Unha norma de xustiza é natural cando ten a mesma validez en todas partes, e non depende de que a aceptemos ou non; unha norma é legal (convencional) cando en primeira instancia pode ser fixada nun sentido ou noutro con indiferenza”.

Idade moderna[editar | editar a fonte]

O xurista holandés Hugo Grocio está considerado o fundador da teoría moderna da lei natural. A súa definición desta como o conxunto de regras que poden ser descubertas polo uso da razón é tradicional, pero ao presentar a hipótese de que a súa lei tería validez sempre, aínda que Deus non existira ou no suposto de que os problemas dos seres humanos non tiveran ningunha importancia para Deus, estableceu unha separación dos presupostos teolóxicos e preparou o camiño para as teorías racionalistas dos séculos XVII e XVIII. Por esta vía desvinculouse do escolasticismo na súa metodoloxía, aínda que non no seu contido.

Unha segunda innovación de Grocio foi considerar esta lei como dedutiva e independente da experiencia; na súa obra De iure belli ac paci (Sobre o dereito da guerra e a paz, 1625) afirmaba: “Así como os matemáticos tratan as figuras como abstraccións dos seus corpos, así no trato da lei afasto o meu xuízo de todos os feitos particulares”

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]