28 de abril
Aparencia
<< | Abril | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | |||||
2024 Todos os días |
O 28 de abril é o 118º día do ano do calendario gregoriano (119º nos anos bisestos). Quedan 247 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1253 - Nichiren, un monxe budista xaponés, propón Nam Myoho Renge Kyo por primeira vez e declara que é a esencia do budismo, fundando o Budismo Nichiren
- 1788 - Maryland convértese no 7º estado en ratificar a Constitución dos Estados Unidos.
- 1796 - Napoleón Bonaparte e Vítor Amadeo III, Rei de Sardeña, asinan o Armisticio de Cherasco, expandindo o territorio francés ao longo da costa mediterránea.
- 1862 - Batalla dos Cumios en México.
- 1920 - Acerbaixán incorpórase á Unión Soviética
- 1930 - O primeiro partido nocturno na historia do béisbol organizado ten lugar en Independence, Kansas.
- 1932 - Anúnciase unha vacina para a febre amarela para uso en humanos.
- 1945 - Captura e execución de Benito Mussolini e a súa amante Clara Petacci por membros do Movemento de Resistencia Italiano cando tentaban fuxir de Italia.
- 1947 - Thor Heyerdahl e cinco compañeiros de expedición póñense en camiño dende Perú na Kon-Tiki para probar que os nativos peruanos poderían terse establecido na Polinesia.
- 1952 - Ocupación do Xapón: Remata a ocupación do Xapón por parte dos Estados Unidos .
- 1952 - Dwight D. Eisenhower dimite como Comandante Supremo da OTAN para entrar como candidato a Presidente dos Estados Unidos.
- 1959 - Fundación da "Casa de las Américas" na Habana.
- 1965 - As tropas dos Estados Unidos aterran na República Dominicana para "anticiparse ao nomeamento dun ditador Comunista”, e para evacuar os cidadáns estadounidenses.
- 1969 - Charles de Gaulle dimite como Presidente de Francia.
- 1970 - Guerra do Vietnam: O presidente dos Estados Unidos, Richard Nixon, autoriza as tropas de combate dos Estados Unidos para loitar contra os santuarios comunistas en Camboxa.
- 1977 - Remata o proceso contra a Facción do Exército Vermello, coa declaración de Andreas Baader, Gudrun Ensslin e Jan-Carl Raspe, culpábeis por catro cargos de asasinato e 30 cargos de tentativa de asasinato
- 1978 - O Presidente de Afganistán, Mohammed Daoud Khan, resulta derrocado e asasinado nun golpe de estado por rebeldes procomunistas.
- 1987 - O enxeñeiro americano de 27 anos Ben Linder é asasinado nunha emboscada pola Contra (mantida por fondos de Estados Unidos), no Norte de Nicaragua. A súa morte desencadeou un fero debate nos Estados Unidos.
- 1988 - Cerca de Maui, Hawai, unha azafata resulta succionada dun Boeing 737 de Aloha Airlines e cae ao baleiro, cando a parte superior da cabina do aparello se solta en pleno voo. Logo saberase que o desgaste do material fora a causa do accidente.
- 1990 - Logo de 6.237 representacións, o musical de Broadway A Chorus Line chega ao seu derradeiro pase.
- 1994 - O Antigo oficial da CIA, Aldrich Ames declárase culpable de revelar segredos dos Estados Unidos á Unión Soviética, e logo a Rusia.
- 1996 - Escándalo "Whitewater": O Presidente Bill Clinton entrega un testemuño en vídeo de 4 horas e media para a defensa.
- 1996 - Martin Bryant mata 35 persoas, e fere outras 18, no masacre de Port Arthur en Tasmania, Australia.
- 1997 - Entra en vixencia o Convenio sobre Armas Químicas de 1993, asinado en París en xaneiro do 1993. Países como Rusia, Iraq e Corea do Norte non ratificaran o tratado.
- 1999 - Lanzamento do observatorio espacial alemán ABRIXAS.
- 2001 - O millonario Dennis Tito convértese no primeiro turista espacial
- 2003 - Apple Computer lanza iTunes Music Store, vendendo 1 millón de cancións na primeira semana.
- 2005 - Entra en vixencia o Tratado de Lei de Patentes (PLT – Patent Law Treaty) en 10 países: Croacia, Dinamarca, Estonia, Kirgyzstan, Nixeria, Moldova, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia e Ucraína.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1442 - Rei Eduardo IV de Inglaterra (m. 1483).
- 1753 - Franz Karl Achard, químico prusiano. (m. 1821
- 1758 - James Monroe, 5º Presidente dos Estados Unidos (m. 1831).
- 1810 - Daniel Ullmann, xeneral (m. 1892) .
- 1812 - Antonio Casares Rodríguez, químico galego (m. 1888).
- 1819 - Ezra Abbot, catequista estadounidense (m. 1884).
- 1874 - Karl Kraus, xornalista e escritor (m. 1936).
- 1878 - Lionel Barrymore, actor (m. 1954).
- 1879 - Xosé Iglesias Roura, avogado, político e escritor galego (m. 1930).
- 1880 - Juan Novás Guillán, mestre e pedagogo galego (m. 1967).
- 1886 - Ğabdulla Tuqay, poeta (m. 1913).
- 1889 - António de Oliveira Salazar, ditador de Portugal (m. 1970).
- 1896 - Charlie Rivel, pallaso (m. 1983).
- 1900 - Bruno Apitz, escritor (m. 1979).
- 1906 - Kurt Gödel, matemático (m. 1978).
- 1908 - Oskar Schindler, empresario (m. 1974).
- 1909 - José Gómez Gayoso, político e guerrilleiro antifranquista galego (m. 1948).
- 1923 - Horst-Eberhard Richter, psicanalista.
- 1926 - Harper Lee, autor de To Kill a Mockingbird.
- 1928 - Yves Klein, pintor (m. 1962).
- 1928 - Eugene M. Shoemaker, astrónomo, estudoso dos planetas (m. 1997).
- 1930 - James Baker, político.
- 1937 - Saddam Hussein, antigo ditador Iraquí.
- 1941 - Ann-Margret, actriz.
- 1948 - Terry Pratchett, escritor británico.
- 1950 - Jay Leno, cómico.
- 1950 - Mercedes Suárez Pazos, profesora e investigadora galega.
- 1953 - Roberto Bolaño, escritor chileno (m. 2003).
- 1953 - Salvador Fernández Moreda, político galego.
- 1953 - Kim Gordon, roqueira estadounidense.
- 1958 - Hal Sutton, golfista estadounidense.
- 1966 - John Daly, golfista estadounidense.
- 1974 - Penélope Cruz, actriz.
- 1981 - Jessica Alba, actriz.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1772 - Johann Friedrich Struensee, Médico Real de Christian VII de Dinamarca (n. 1737).
- 1853 - Ludwig Tieck, escritor alemán (n. 1773).
- 1883 - Manuel López Lorenzo, xornalista e escritor galego (n. 1842).
- 1892 - Rodolfo Feijoo Pardiñas, xornalista e político galego.
- 1901 - Salvador Parga Torreiro, xurista e escritor galego (n. 1838).
- 1905 - Fitzhugh Lee, xeneral Confederado.
- 1938 - Alfredo Pérez Viondi, médico, militar e político galego (n. 1872).
- 1945 - Benito Mussolini, ditador italiano e Clara Petacci, amante do mesmo ditador; executados por partisanos.
- 1949 - Benigno Fraga Pita, guerrilleiro antifranquista galego (n. 1892).
- 1952 - Manuel Dopazo Gontade, gaiteiro galego.
- 1967 - Ramiro Vidal Carrera, xornalista e político galego (n. 1887).
- 1978 - Sardar Mohammed Daoud, Presidente de Afganistán (n. 1909).
- 1991 - Eduardo Moreiras, escritor galego (n. 1914).
- 1991 - Mario Granell, pintor galego (n. 1914).
- 1992 - Francis Bacon, pintor anglo-irlandés (n. 1909).
- 2000 - Penelope Fitzgerald, escritora (n. 1916).
- 2002 - Alexander Lebed, xeneral ruso (n. 1950).
- 2002 - Ruth Handler, inventora da boneca Barbie (n. 1916).
- 2009 - Idea Vilariño, escritora uruguaia (n. 1920).
- 2012 - Matilde Camus, poeta (n. 1919).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Imperio Romano - primeiro día de Floralia en honor a Flora
- Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo [1]
- A Merca - Festa do Porco
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Acacio (mártir), Afrodisio (mártir), Agapio (mártir), Agapito I (papa), Caralipo (mártir), Dídimo (mártir), Eusebio (mártir), Luís Mª. Grignion de Montfort (confesor), Marcos (bispo), Menandro (mártir), Pánfilo (bispo), Patricio (bispo), Pedro Chanel (presbítero e mártir), Polieno (mártir), Prudencio, Teodora (mártir), Ursicino (mártir), Valerio (mártir), Vidal (mártir).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "World Day for Safety and Health at Work 2022" (en inglés). Consultado o 28.11.2022.