Roberto Bolaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoberto Bolaño

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Roberto Bolaño Ávalos Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de abril de 1953 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Chile Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xullo de 2003 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInsuficiência hepática (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta , crítico literario Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa e lírica
MovementoInfrarrealismo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeCarolina López
FillosLautaro e Alexandra
Premios
1998 - Herralde de novela
1999 - Rómulo Gallegos
Ver todos »
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3031731 Allocine: 225465 Allmovie: p737314
Find a Grave: 7748923 Editar o valor em Wikidata

Roberto Bolaño Ávalos (Roberto Bolaño.ogg pronunciación ), nado en Santiago de Chile o 28 de abril de 1953 e finado en Barcelona o 15 de xullo de 2003,[1] foi un escritor e poeta chileno vinculado tamén a México e Cataluña. Autor de máis dunha vintena de libros, entre os cales salientan as súas novelas Los detectives salvajes, gañadora do Premio Herralde en 1998 e o Premio Rómulo Gallegos en 1999, e a póstuma 2666.

Após a súa morte converteuse nun dos escritores máis influentes en lingua castelá, como o demostran as numerosas publicacións consagradas á súa obra e o feito de que tres novelas —ademais das devanditas Los detectives salvajes e 2666, a breve Estrella distante— figuran nos 15 primeiros lugares da lista confeccionada en 2007 por 81 escritores e críticos latinoamericanos e españois, cos mellores 100 libros en lingua castelá dos últimos 25 anos.[2][3]

A súa obra foi traducida a numerosas linguas, entre elas inglés, francés, alemán, italiano[4] e neerlandés, tendo no intre da súa morte 37 contratos de publicación en dez países, e postumamente estendéndose a outros máis, entre eles os Estados Unidos,[5] ascendendo a 50 contratos e 49 traducións en doce países,[6] todos eles previos á publicación de 2666, a súa novela máis ambiciosa.[7] Ademais, o autor goza de boas críticas tanto de escritores como da crítica literaria contemporánea, sendo considerado un dos grandes autores hispanoamericanos do século XX, a carón doutros escritores do talle de Jorge Luis Borges e Julio Cortázar, con quen adoita ser comparado.[5][8]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Roberto Bolaño naceu en Santiago de Chile en 1953 e pasou a súa infancia en cidades como Los Ángeles, Valparaíso, Quilpué, Viña del Mar e Cauquenes. Aos 13 anos, Bolaño trasladouse coa súa familia a México. Viviu a súa adolescencia concentrado na lectura, encerrado durante horas nunha biblioteca pública de Cidade de México.

Regreso a Chile[editar | editar a fonte]

En 1973 decidiu volver a Chile co propósito de apoiar o proceso de reformas socialistas de Salvador Allende. Tras unha longa viaxe en autobús, autostop e barco (atravesando practicamente toda América Latina) chega a Chile poucos días despois do golpe de estado protagonizado por Augusto Pinochet, polo que decidiu unirse á resistencia contra a nova orde ditatorial. Ao pouco tempo foi detido preto de Concepción e liberado logo de oito días grazas á axuda dun antigo compañeiro de estudos en Cauquenes que se atopaba entre os policías que debían custodialo e que quizais, se atope na orixe do seu conto Detectives publicado en Chamadas telefónicas (Narrativas Hispánicas, 1997).

O infrarrealismo[editar | editar a fonte]

Meses despois regresa a México, onde xunto ao poeta Mario Santiago Papasquiaro (quen serviría de modelo para Ulises Lima en Os detectives salvaxes) fundou o movemento poético infrarrealista, que, xurdido a partir de reunións e faladoiros no Café La Habana da rúa Bucarelli, opúxose radicalmente aos poderes dominantes na poesía mexicana e ao establishment literario mexicano (o cal tiña a Octavio Paz como a súa figura preponderante). O movemento infrarrealista tivo como guías a ruptura co oficial e establecerse como vangarda. Aínda que se agruparon baixo o apelativo de infrarrealistas ao redor de quince poetas, Roberto Bolaño e Mario Santiago Papasquiaro foron os expoñentes estilisticamente máis sólidos, destacando ambos por unha poesía cotiá, disonante e con varios elementos dadaístas, xénero que Santiago cultivou ata o final da súa vida pero que Bolaño foi abandonando aos poucos pola prosa (aínda que o mesmo Bolaño nunca deixou de recoñecerse a si mesmo como poeta).

O movemento infrarrealista buscou, polas súas propias características fundacionais e polo seu espírito contestatario, inimigos e detractores que o mantiveron e ségueno mantendo marxinado e sen ningún tipo de recoñecemento, aínda que influíu decisivamente nunha xeración de creadores -que, cabe mencionar, tamén gardaron silencio sobre devandita influencia-. A popularidade alcanzada por Bolaño fixo que dita marxinalidade se vaia diluíndo lentamente. "Poderíase soster que o infrarrealismo determinouno como escritor da mesma forma que o afastamento da corrente permitiulle iniciar a súa carreira como novelista. México para el foi central, porque o determinou como escritor (...) o México nocturno, o México das rúas, da fala cotiá, dun destino crebado e ás veces tráxico e o humor cativárono. Non é casualidade que as súas dúas máis grandes novelas centrounas en México, Os detectives salvaxes e 2666", comentou Juan Villoro en referencia a Bolaño[9].

Logo emigrou a España, concretamente a Cataluña, onde xa vivía a súa nai. Alí desempeñou diversos oficios -vendimador no verán, vixilante nocturno dun cámping en Castelldefels, vendedor nun almacén de barrio- antes de poder dedicarse por completo á literatura. Bolaño faleceu o martes 14 de xullo de 2003 no hospital Vall d'Hebrón de Barcelona tras pasar dez días en coma como consecuencia dunha insuficiencia hepática. Deixou inconclusa a novela 2666, na cal levou ao extremo a súa capacidade fabuladora, esta vez ao redor dun personaxe que retoma a figura do escritor desaparecido, neste caso, Benno von Archimboldi.

En 1998 gañou Premio Herralde de novela grazas a súa obra Os detectives salvaxes, pola que tamén obtivo o Premio Rómulo Gallegos en 1999. En 2004, un ano logo da súa morte, obtivo o premio Salambó á mellor novela escrita en castelán, por 2666. O xurado do premio destacou o nivel e diversidade dos cinco finalistas, todos eles «libros nobres, respectábeis e moi notábeis». E referiuse á novela gañadora, como «o resumo dunha obra de moito peso, onde se decanta o mellor da narrativa de Roberto Bolaño». Unha novela que «contén moita literatura, que supón un gran risco e leva ao extremo a linguaxe literaria do seu autor».

Bolaño preséntase nalgunhas das súas obras (como Os detectives salvaxes, Amuleto, Estrela distante ou o borrador de 2666) como o seu alter ego, Arturo Belano. Tamén aparece retratado nas novelas Soldados de Salamina de Javier Cercas e en Mantra de Rodrigo Fresán.

Obras[editar | editar a fonte]

A obra de Roberto Bolaño inclúe poesía, novelas, contos, ensaios e discursos literarios, publicados na súa maioría en Barcelona. Varias destas obras foron publicadas após a súa morte. A totalidade dos seus libros de contos, e case todas as súas novelas —agás Consejos de un discípulo..., reeditada pola Editorial Acantilado— foron publicadas por Anagrama, a través do seu amigo e principal editor Jorge Herralde, onde publicou entre 1996 e 2003 cando menos un libro por ano. A primeira edición de La pista de hielo foi publicada nun comezo pola Editorial Planeta, La literatura nazi en América por Seix Barral, e Una novelita lumpen pola editorial Mondadori. Os seus primeiros traballos narrativos foron ademais publicados inicialmente en pequenas edicións mediante a obtención de premios españois de provincia.[6]

Poesía[editar | editar a fonte]

Edicións póstumas

Novelas[editar | editar a fonte]

Ediciones póstumas

Contos[editar | editar a fonte]

Edicións póstumas

Ensaios e entrevistas[editar | editar a fonte]

Sobre a obra de Roberto Bolaño[editar | editar a fonte]

  • Karim Benmiloud, Raphaël Estève (coord.). Les astres noirs de Roberto Bolaño. Bordeaux, Presses Universitaires de Bordeaux, 2007.
  • Patricia Espinosa H. Territorios en fuga: estudios criticos sobre la obra de Roberto Bolaño. Providencia (Santiago), Ed. Frasis, 2003.
  • Celina Manzoni. Roberto Bolaño, la literatura como tauromaquia. Buenos Aires, Corregidor, 2002.
  • Celina Manzoni, Dunia Gras, Roberto Brodsky. Jornadas homenaje Roberto Bolaño (1953-2003): simposio internacional. Barcelona, ICCI Casa Amèrica a Catalunya, 2005.
  • Fernando Moreno. Roberto Bolaño: una literatura infinita. Poitiers, Université de Poitiers / CNRS, 2005.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Vanguardia (16 de xullo de 2003). "Adiós a Roberto Bolaño". Consultado o 15 de xullo de 2012. 
  2. Semana.com (24 de marzo de 2007). "Las mejores 100 novelas de la lengua española de los últimos 25 años". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 17 de abril de 2012. 
  3. Novelas hispanas. "Las mejores 100 novelas de la lengua española de los últimos 25 años". Consultado o 17 de abril de 2012. 
  4. Larry Rohter: The New York Times (9 de agosto de 2005). "A Writer whose Posthumous Novel Crowns an Illustrious Career" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de maio de 2012. Consultado o 22 de abril de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Herralde 2005, «Para Roberto Bolaño», pp. 17-29
  6. 6,0 6,1 Herralde 2005, «Vida editorial de Roberto Bolaño», pp. 31-47
  7. Herralde 2005, pp. 49-51.
  8. Manzoni 2002, «Roberto Bolaño: acerca de Los detectives salvajes», pp. 203-204
  9. Villoro, Juan. "Testemuños" en Nomedites 8, Cuernavaca, México, decembro 2006.
  10. Briceño, I. e Murillo, F. J. "Página de Roberto Bolaño. Gorriones cogiendo altura (1975)". Universidade Autónoma de Madrid. Consultado o 14 de xaneiro de 2014. 
  11. 11,0 11,1 Bolaño, Roberto (2007). La Universidad Desconocida (en castelán) (I ed.). Barcelona: Anagrama. pp. 445–456. ISBN 978-84-339-7144-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]