ABRIXAS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ABRIXAS
Abrixas.png
ABRIXAS
Tipo Observatorio espacial
Organización Centro Aeroespacil Alemán (DLR, Deutsches Zentrum für Luft- und Raumfahrt e.V.)
Satélite de Terra
Data de lanzamento 28 de abril de 1999[1][2][3]
Foguete portador Kosmos 3[2][4]
Sitio de lanzamento Kapustin Yar[2][5]
Obxectivo da misión Observacións astronómicas en raios X[2][4][5][3]
NSSDC ID 1999-022A
Masa 550 kg[2][5][4]
Semieixo maior 6869,9 km[1]
Inclinación 48,5 graos[1]
Apoapse 511,1 km[1]
Periapse 486,7 km[1]

ABRIXAS (acrónimo de A Broadband Imaging X-ray All-sky Survey) foi un observatorio espacial alemán de raios X lanzado o 28 de abril de 1999 mediante un foguete Kosmos 3 desde o cosmódromo de Kapustin Yar. O observatorio deixou de funcionar pouco despois do lanzamento.[2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de ABRIXAS era realizar observacións astronómicas en raios X na banda de enerxías entre 0,5 e 10 keV cunha resolución de 30 segundos de arco. A misión complementaría o estudio en raios X de entre 0,1 e 2 keV feito polo observatorio espacial ROSAT e tería durado 3 anos como mínimo, durante os que se esperaba descubrir 100 000 novas fontes de raios X.[2][4][5]

A batería da nave sobrecargouse accidentalmente tres días despois do lanzamento, deixándoa incomunicada e inutilizable. Fixéronse intentos de recuperar o contacto co satélite no momento en que os paneis solares quedaron iluminados polo Sol, pero non deron resultado. O proxecto, cun custo de 20 millóns de dólares, foi abandonado.[5][4]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

A carga científica foi desenvolvida por MPE/Garching e o Instituto de Astrofísica de Potsdam, e consistía nun detector CCD de 36 cm² (idéntico ó da cámara EPIC do XMM-Newton.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. «ABRIXAS» (en inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (4 de novembro de 2011). «1999-022A» (en inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 «Note verbale dated 5 September 2001 from the Permanent Mission of Germany to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General» (PDF) (01-87116 (E)). 14 de setembro de 2001. p. 7. Consultado o 28 de febreiro de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. «Abrixas» (en inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mark Wade (2011). «ABRIXAS» (en inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2012.