Francis Bacon (artista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francis Bacon
Bacon by Gray 257.jpg
Nacemento28 de outubro de 1909
Lugar de nacementoDublín
Falecemento28 de abril de 1992
Lugar de falecementoMadrid
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeIrlanda e Reino Unido
EtniaPobo irlandés
Alma máterDean Close School
Ocupaciónpintor e deseñador
PaiCapt. Anthony Edward Mortimer Bacon
Coñecido porTriptych, 1976, Three Studies for Figures at the Base of a Crucifixion e Head IV
PremiosRubenspreis
Na rede
https://www.francis-bacon.com/
IMDB: nm1066980 Musicbrainz: d84d03ed-df54-486a-b91d-f746dfd2b1a3 Discogs: 730298 Allmusic: mn0001633206 WikiTree: Bacon-6374 Find a Grave: 11912149 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Francis Bacon, nado en Dublín o 28 de outubro de 1909 e finado en Madrid o 28 de abril de 1992, foi un artista plástico irlandés considerado un dos máis importantes e innovadores da segunda metade do século XX.

Tratou con compracencia temas que continúan a chocar a nivel social. As fantasías masoquistas, a pedofilia, o desmembramento de corpos, a violencia masculina ligada á tensión homo erótica, as prácticas de disecación forense, a atracción pola representación do corpo (un especial fascinación polos fluídos naturais, sangue, bile, urina, esperma etc.) e, en xeral, con todo o que está directamente ligado á transgresión sexa relacionada co sexo, a relixión (son paradigmáticos os seus retratos do papa Inocencio X que efectuou a partir da obra de Diego Velázquez) ou calquera tabú, foron as pezas coas cales Bacon construíu a súa visión "modernista" do mundo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sufría de asma, e esta debilidade irritaba a seu pai, un home rudo e violento, que o adoitaba chicotear para o "facer home". Debido a isto Bacon criou un comportamento de oposición a seu pai. Un infancia difícil que sempre o influenciou na súa arte e lle inspirou un certo desdén por esa Irlanda da súa infancia, tal como Oscar Wilde e James Joyce.

A súa primeira exposición individual na Lefevre Gallery, en 1945, provocou un choque e non foi ben recibida. Toda a xente estaba farta de guerra e de horrores, só se falaba da "construción da paz" e as imaxes de entrañas dos cadros de Bacon, cos seus tons sanguíneos, provocaron máis repulsa que admiración.

Como home do seu tempo, Bacon transmitiu a idea de que o ser humano, ao conquistar e facer uso da súa propia liberdade, tamén liberta a besta que existe dentro de si. Pouca diferenza fai dos animais irracionais, tanto na vida - ao levar a cabo as funcións esenciais da existencia como o sexo ou a defecación - como na soidade da morte; representando o home como un anaco de carne.

A súa obra estivo en exposición, no Serralves, en 2003.