Thor Heyerdahl
Thor Heyerdahl | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de outubro de 1914 |
Lugar de nacemento | Larvik |
Falecemento | 18 de abril de 2002 |
Lugar de falecemento | Colla Micheri |
Causa | cancro de cerebro |
Nacionalidade | Noruega |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Universidade de Oslo |
Ocupación | explorador, antropólogo, arqueólogo, historiador, guionista, biólogo mariño, aventureiro, director de cinema, mariño, etnógrafo, viajante mundial e escritor |
Pai | Thor Heyerdahl |
Nai | Alison Martine Lyng |
Cónxuxe | Liv Rockefeller, Jacqueline Beer e Yvonne Dedekam-Simonsen |
Fillos | Thor Heyerdahl e Bjorn Heyerdahl |
Premios | Prémio Fridtjof Nansen de excelência em investigação, categoria de Filosofia e História, Empowering award, Peer Gynt Literary Award, Grand Officer of the Order of Wissam El Alaoui, Gran Cruz da Orde de San Olaf, Grand Officer of the Order of Merit of the Italian Republic, Ordem da Arca Dourada, Medalha Vega, Patron’s Medal, Medalha Mungo Park, Officer of the Order of the Sun of Peru, Medalha de Ouro Lomonossov, honorary doctorate of the University of Oslo, honorary doctorate of Taras Shevchenko National University of Kyiv, Ordem de Santo Olavo, Ordem do Mérito da República Italiana, Condecoração Austríaca de Ciência e Arte, Ordem do Mérito (Egito), Order of Ouissam Alaouite, Ordem do Sol e Order of Merit for Distinguished Services |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Thor Heyerdahl, nado en Larvik, Noruega, o 6 de outubro de 1914 e finado en Andora, Italia, o 18 de abril de 2002, foi un zoólogo, xeógrafo, antropólogo e explorador noruegués.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi o ideólogo e líder da expedición do Kon Tiki (1947), na que nunha balsa construída a base de troncos e fibras vexetais naturais suramericanas percorreu os 8.000 km existentes entre Perú e as Illas Tuamotu, na Polinesia, xunto con outros cinco compañeiros. Deste xeito, demostrou que era tecnicamente posible que coas técnicas da América precolombiana os nativos suramericanos puideran sulcar o Océano Pacífico e colonizar as illas polinesias. A viaxe durou 101 días e toda a tripulación chegou en perfecto estado á Polinesia. A raíz da expedición, publicouse un libro, que foi traducido a 66 idiomas, e rodouse un documental que conseguiu o Óscar ao mellor documental en 1951.
Posteriormente estivo involucrado noutras expedicións e proxectos arqueolóxicos. Tras un intento errado o ano anterior, en 1970 conseguiu chegar nunha embarcación de papiro dende Marrocos ás Illas Barbados, demostrando que os habitantes do Antigo Exipto puideron ter chegado a América cruzando o Océano Atlántico aproveitando a corrente das Canarias.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Museo Kon-Tiki (en noruegués).