Penelope Fitzgerald

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Penelope Fitzgerald
Nome completoPenelope Mary Knox
Nacemento17 de decembro de 1916
Lugar de nacementoLincoln
Falecemento28 de abril de 2000
Lugar de falecementoLondres
SoterradaCemitério de Hampstead
NacionalidadeReino Unido
Alma máterSomerville College
Ocupaciónpoeta, novelista, escritora e biógrafa
PaiE. V. Knox
NaiChristina C. Hicks
Coñecida porThe Bookshop e Offshore
PremiosPrémio Man Booker
Na rede
IMDB: nm5883229 WikiTree: Knox-1291 Find a Grave: 139192583 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Penelope Fitzgerald, ou co nome de solteira Penelope Knox, nada en Lincoln o 17 de decembro de 1916 e finada en Londres o 28 de abril de 2000, foi unha novelista, poeta, ensaísta e biógrafa inglesa, galardoada co Premio Booker de 1979.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de intelectuais: foi filla de Edmund Knox, editor da revista satírica Punch,e sobriña dos teólogos Ronald e Wilfred Knox, o primeiro novelista e o segundo, especialista na Biblia, e tamén do clasicista e criptólogo Dolly Knox. Por parte de nai era neta do bispo de Lincoln e seguiu os pasos da nai para formarse no Somerville College, na Universidade de Oxford.

Traballou na BBC durante a segunda guerra mundial e, en 1941, casou co militar irlandés Desmond Fiztgeral, do matrimonio naceron tres fillos. Tamén foi ensinante de francés na escola londiniense Queen's Gate School, onde tivo a Camila do Reino Unido como alumna.

Comezou a publicar a súa obra de forma serodia: en 1975, con 58 anos, saíu do prelo o seu primeiro libro, unha biografía do pintor prerrafaelita Edward Burne-Jones. A súa primeira novela foi The Golden Child (1977), na que mestura o cómico e o misterio. No anos seguintes acadou sona con catro novelas de forte contido autobiográfico: The Bookshop (1978), Offshore (1979), Human Voices (1980) e At Freddie's (1982). Finalista do premio Booker en 1978 con The Bookshop, gañaría este recoñecemento no ano seguinte grazas a Offshore na que a protagonista vive nun barco no Támese, como ela mesma fixera.[1] Posteriormente, interesouse por novelar feitos ambientados no pasado como en Innocence (1986), onde recrea o romance entre unha aristócrata e un comunista na Italia da década de 1950, ou a Rusia prerevolucionaria en The Beginning of Spring (1988).

Foi considerada como unha das autoras máis senlleiras das letras británicas do século XX, tal e como recoñeceu o xornal The Times en 2008.[2] Ademais, en 2012, The Observer incluíu a súa derradeira novela, The Blue Flower entre as "dez mellores novelas históricas.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Biografía[editar | editar a fonte]

  • Edward Burne-Jones (1975)
  • The Knox Brothers (1977)
  • Charlotte Mew and Her Friends: With a Selection of Her Poems (1984)

Novela[editar | editar a fonte]

  • The Golden Child (1977)
  • The Bookshop (1978)
  • Offshore (1979)
  • Human Voices (1980)
  • At Freddie's (1982)
  • Innocence (1986)
  • The Beginning of Spring (1988)
  • The Gate of Angels (1990)
  • The Blue Flower (1995)

Relato[editar | editar a fonte]

  • The Means of Escape (2000), póstuma.

Ensaío[editar | editar a fonte]

  • A House of Air (2005)

Cartas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Smith, Dinitia (2000-05-03). "Penelope Fitzgerald, Novelist, Is Dead at 83". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-09-14. 
  2. "Penelope Fitzgerald" (en inglés). ISSN 0140-0460. Consultado o 2022-09-14. 
  3. Skidelsky, As chosen by William; editor, Observer books (2012-05-12). "The 10 best historical novels". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2022-09-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]