Constitución dos Estados Unidos de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Constitución dos Estados Unidos»)
Primeira páxina orixinal da Constitución dos Estados Unidos

A Constitución dos Estados Unidos é a lei suprema dos Estados Unidos de América. Foi adoptada na súa forma orixinal o 17 de setembro de 1787 pola Convención Constitucional de Filadelfia, Pensilvania e logo ratificada polo pobo en convencións en cada estado no nome de "Nós o Pobo" (We the People)[1][2] A Constitución ten un lugar central no Dereito e a cultura política estadounidense[3]. É a segunda constitución máis antiga do mundo que se atopa en vixencia (logo da de San Marino).

Historia[editar | editar a fonte]

Requisitos para o seu desenvolvemento e ratificación[editar | editar a fonte]

En setembro 1786, comisionados de cinco estados reuníronse na Convención de Annapolis para discutir sobre axustes aos Artigos da Confederación que mellorarían o comercio. Invitaron a representantes doutros estados a xuntase en Filadelfia para discutir melloras ao goberno federal. Logo do debate, o Congreso da Confederación propúxose revisar os Artigos da Confederación para o 21 de febreiro de 1787. Doce estados, sendo Rhode Island a única excepción, aceptaron a invitación e enviaron delegados para a xunta en maio de 1787. A resolución que chamaba á Convención especificaba o seu propósito de emendar os Artigos, pero a Convención decidiu propor escribir unha nova Constitución. A Convención de Filadelfia votou a favor de manter as deliberacións en segredo e decidiu redactar un Novo deseño fundamental de goberno que establecía que 9 dos 13 estados terían que ratificar para que o novo goberno tivese efecto (para os estados participantes).

Traballo da Convención de Filadelfia[editar | editar a fonte]

O Plan de Virxinia foi a axenda non oficial da Convención, redactada na súa maioría por James Madison. Estaba dirixida a favorecer os intereses dos estados máis grandes, e entre outras propostas estaban:

  • Un poderoso Congreso bicameral cunha Cámara e un Senado
  • Un executivo (Presidente) elixido polas lexislaturas
  • Un poder xudicial, con períodos de servizo para sempre, con poderes vagos
  • A lexislación nacional podería vetar leis estatais

Unha proposta alternativa, o Plan de Nova Jersey, daba aos estados iguais influencias e foi promovida polos estados máis pequenos.

Ratificación[editar | editar a fonte]

Ratificacións da Constitución
  Data Estado Votos
Si Non
1 7 de decembro, 1787 Delaware 30 0
2 12 de decembro, 1787 Pensilvania 46 23
3 18 de decembro, 1787 Nova Jersey 38 0
4 2 de xaneiro, 1788 Xeorxia 26 0
5 9 de xaneiro, 1788 Connecticut 128 40
6 6 de febreiro, 1788 Massachusetts 187 168
7 28 de abril, 1788 Maryland 63 11
8 23 de maio, 1788 Carolina do Sur 149 73
9 21 de xuño, 1788 Nova Hampshire 57 47
10 25 de xuño, 1788 Virxinia 89 79
11 26 de xullo, 1788 Nova York 30 27
12 21 de novembro, 1789 Carolina do Norte 194 77
13 29 de maio, 1790 Rhode Island 34 32

Ao contrario do proceso de modificación establecido no Artigo 16 dos Artigos da Confederación, o Congreso someteu a proposta aos Estados e fixou os termos de representación.

O 17 de setembro de 1787, a Constitución foi completada en Filadelfia, seguida por un discurso dado por Benjamin Franklin quen falaba de unanimidade, aínda que só se necesitaban nove estados para ratificar a Constitución para que esta entrase en vixencia.

Logo de arduas loitas para a ratificación en varios estados, Nova Hampshire converteuse no noveno estado o 2 de xuño de 1788. Unha vez que o Congreso da Confederación recibiu noticias da ratificación de Nova Hampshire, estableceu datas para que a Constitución entrase en vixencia, e o 4 de maio de 1789, o goberno baixo a Constitución comezou a operar.

Influencias históricas[editar | editar a fonte]

Moitas das ideas na Constitución eran novas, un gran número delas foron redactadas da literatura do Republicanismo nos Estados Unidos, da experiencia dos 13 estados, e da experiencia do Reino Unido coa súa mestura de goberno. A influencia máis importante da Europa Continental viño de Montesquieu, quen salientaba en ter forzas balanceadas que fixéranse presión para previr a tiranía. (Isto reflicte a influencia dos tratados de Polibio (século segundo a.C.) sobre os puntos importantes e os balances da Constitución da República Romana). John Locke é coñecido por ter unha influencia mesturada, e a cláusula do debido proceso da Constitución dos Estados Unidos foi parcialmente baseada no dereito anglosaxón con referencias á Carta Magna de 1215.

Influencias na Carta de Dereitos dos Estados Unidos[editar | editar a fonte]

A Carta de Dereitos dos Estados Unidos foron as dez emendas engadidas á Constitución en 1791, tal como os propoñentes prometeran aos opoñentes durante os debates de 1788. A Bill of Rights (1689) foi unha inspiración para a Carta de Dereitos estadounidense. Por exemplo, ambas requirían xuízos con xurado, conteñen un dereito a portar armas, e prohiben as fianzas excesivas ao igual cos "castigos crueis e inusuais". Moitas liberdades protexidas polas constitucións estatais, e a Declaración de Dereitos de Virxinia foron incorporadas á Bill of Rights estadounidense.

Artigos da Constitución[editar | editar a fonte]

A Constitución ten sete artigos orixinais, e vinte e sete emendas.

Preámbulo[editar | editar a fonte]

O preámbulo establece:

Nós o Pobo dos Estados Unidos, a fin de formar unha Unión máis perfecta, establecer a Xustiza, garantir a tranquilidade nacional, prover a defensa común, promover o Benestar xeral, e asegurar as Bendicións da Liberdade para nós mesmos e a nosa Posteridade, ordenamos e establecemos esta Constitución para os Estados Unidos de América.

Artigo Primeiro: O Poder Lexislativo[editar | editar a fonte]

O artigo un establece o poder lexislativo do goberno, o Congreso dos Estados Unidos, incluíndo a Cámara de Representantes e o Senado. O artigo establece a forma de elección e requisitos dos membros da Cámara e do Senado. Ademais, estipula o debate libre no Congreso e limita o comportamento egoísta dos membros do Congreso, perfila o procedemento lexislativo e indica os poderes do poder lexislativo.

Artigo Segundo: O Poder Executivo[editar | editar a fonte]

O artigo dous describe a presidencia (poder executivo): procedementos para a selección do presidente, cualificacións para a oficina, o xuramento que afirmarán e os poderes e deberes da oficina. Tamén prové a oficina do vicepresidente dos Estados Unidos, e especifica que o vicepresidente sucede á presidencia se incapacitan ao presidente, morre, ou dimite, aínda que se esta sucesión é temporal ou permanente non quedou claro. Na práctica, isto tratouse sempre como sucesión, e a 25ª emenda estipula explicitamente a sucesión. O artigo dous tamén regula a acusación e o cesamento da oficina dos oficiais civís (o presidente, o vicepresidente, os xuíces, e outros).

Artigo Terceiro: O Poder Xudicial[editar | editar a fonte]

O artigo tres describe o sistema xudicial (poder xudicial), incluíndo o Tribunal Supremo. O artigo require que haxa un tribunal chamado o Tribunal Supremo; O Congreso, á súa discreción, pode crear tribunais menores, cuxos xuízos e ordes son revisables polo Tribunal Supremo. O artigo tres tamén require a participación do xurado en todos os casos criminais, define o crime de traizón, e encarga ao Congreso prever un castigo para el.

Artigo Cuarto: Os poderes do Estado e límites[editar | editar a fonte]

O artigo catro describe a relación entre os estados e o goberno Federal e entre os propios estados. Por exemplo, isto require que estados dean "total fe e crédito" aos actos públicos, rexistros e procesos doutros estados. Permite ao Congreso regular a forma na cal probar tales actos, rexistros ou actas para ser admitidos. A cláusula de "privilexios e inmunidades" prohibe a gobernos estatais discriminar aos cidadáns doutros estados en favor de cidadáns residentes (p.ex., impondo penas maiores aos residentes de Ohio condenados por crimes cometidos en Míchigan).

Artigo Quinto: Proceso de emendas[editar | editar a fonte]

O artigo cinco describe o proceso necesario para emendar a constitución. Establece dous métodos de propor emendas: polo Congreso ou por unha convención nacional pedida polos estados. Co primeiro método, o Congreso pode propor unha emenda cos votos de dous terzos (dun quórum, non necesariamente de todo o Órgano) do senado e da cámara de representantes. Co segundo método, dous terzos das lexislaturas de cada estado poden convocar e "obrigar" ao Congreso a levar a cabo unha convención nacional, co cal o Congreso debe convocar tal convención co fin de considerar as emendas (Ata o 2007, soamente utilizouse o primeiro método —proposta do Congreso—). Unha vez propostas —ben polo Congreso ou polas convencións nacionais— débense ratificar por tres cuartos (3/4) dos estados para que teñan efecto.

Artigo Sexto: Poder Federal[editar | editar a fonte]

O artigo seis establece a Constitución, e as leis e tratados dos Estados Unidos realizados de acordo con ela, como a lei suprema do estado, e que "os xuíces en cada estado estarán así obrigados, a pesar de calquera cousa que fixen as leis ou as constitucións dos estados". Tamén valida a débeda nacional creada baixo os artigos da confederación e require que todos os lexisladores, oficiais federais, e xuíces xuren ou afirmen "apoiar" a Constitución. Isto significa que as constitucións e as leis dos estados non deben estar en conflito coas leis da Constitución federal -e que en caso de conflito, os xuíces do estado están limitados legalmente a acatar as leis federais e a Constitución por encima das de calquera estado.

O artigo seis tamén indica que non se requirirá "nunca ningunha proba ou requisito relixioso para acceder a calquera oficina ou dependencia pública dependente dos Estados Unidos".

Artigo Sétimo: Ratificación[editar | editar a fonte]

O artigo sete fixa as esixencias para a ratificación da Constitución. A Constitución non entraría en vigor ata que polo menos nove estados a ratificasen en convencións estatais especialmente convocadas para tal obxectivo.

Páxinas orixinais da Constitución[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2007. Consultado o 21 de agosto de 2007. 
  2. http://www.loc.gov/rr/program/bib/ourdocs/Constitution.html
  3. Casey (1974)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]