Salvador Parga Torreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSalvador Parga Torreiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1838 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de abril de 1901 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político , xurista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Salvador Parga Torreiro, nado en Santiago de Compostela o 24 de setembro de 1838 e finado na mesma cidade o 28 de abril de 1901, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou os estudos de Bacharelato en 1848, e obtivo o Bacharel en Filosofía en 1854. Iniciou a carreira en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou en 1860. En 1865 obtivo o doutoramento en Dereito pola Universidade Central de Madrid. Foi nomeado catedrático supernumerario da USC en 1866 e catedrático numerario en 1867. Nese ano casou con Carmen Casal Amenedo. Foi elixido presidente da Academia compostelá de Xurisprudencia en 1874 e en 1877 presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, cargo que mantivo ata 1884. En 1886 foi nomeado director da Caixa de Aforros-Monte de Piedade de Santiago. Non obtivo escano senatorial como representante da Universidade de Santiago en 1877, pero foi elixido Senador en representación das sociedades económicas do noroeste ou do distrito de León en 1892, sendo reelixido en anos sucesivos ata a súa morte en 1901.

En 1889 foille concedido o título de Comendador de Mando da Real Orde de Isabel la Católica, por méritos na ensinanza.

Foi avó do xeólogo Isidro Parga Pondal.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Los derechos del hijo reconocido por el padre o la madre, o por los dos de común acuerdo. Discurso leído ante el claustro de la Universidad Central en el solemne acto de recibir la investidura de Doctor en la Facultad de Derecho, sección de Derecho Civil y Económico, Madrid, 1866.
  • El sufragio popular. Discurso leído en la Universidad de Santiago en la Solemne inauguración del curso Académico de 1870 a 1871, Santiago, 1870.
  • Extensión del Derecho político. Discurso leído en la Inauguración de las Academias de Derecho de la Universidad de Santiago, Santiago, 1889.
  • Memoria leída en el acto de la inauguración solemne del edificio propio de la Caja de Ahorros-Monte de Piedad de Santiago, en 19 de Julio del Año Santo de 1897, Santiago 1897.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Informe de la Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago elevado al Excmo. Sr. Ministro de Gracia y Justicia, en virtud de orden del mismo de 27 de marzo de 1874, sobre foros, subforos y otras cargas semejantes que se conocen en el antiguo reino de Galicia, 1875.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]