Alfredo Pérez Viondi
Alfredo Pérez Viondi | |
---|---|
![]() Retrato en Vida Gallega, 1929. | |
Nacemento | 1861 |
Lugar de nacemento | Cuba |
Falecemento | 28 de abril de 1938 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | médico, militar e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alfredo Pérez Viondi, nado en Cuba en 1861 e finado en Vigo o 28 de abril de 1938[1], foi un médico, militar e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ingresou no Exército en 1896 e participou na guerra de Cuba e en África chegando a ser tenente coronel do corpo de sanidade militar. Médico militar da zona da Estrada, casou en 1897 con Sara Pereira Renda (filla de Camilo Pereira Freijenedo e irmá de Virxinia Pereira Renda, que en 1912 casou con Castelao)[2]. Prestou servizos no Protectorado Español de Marrocos e despois no Hospital Militar de Carabanchel. Co apoio dos sectores anticaciquís e do xornal El Emigrado, presentouse en 1920 e 1923 ás eleccións a Cortes polo distrito da Estrada, pero non foi elixido. Foi director do Hospital Militar de Vigo (1922), na Ditadura de Primo de Rivera foi alcalde de Vigo (1929-1930) e gobernador civil da Provincia de Huesca. Foi presidente da Sociedad Casino de Vigo co acerto de trasladalo ó edificio do Teatro García Barbón. Na primavera de 1935 presidiu o acto de constitución do Consello comarcal de Vigo do Partido Agrario Español[3].
Foi franquista e Gobernador Civil co seu réxime. Tivo diversas condecoracións: Cruz e Placa de S. Hermenexildo, Militar do Mérito Naval, da Cruz Vermella, de Mª Cristina, a Lexión de Honor Francesa etc.
Como alcalde de Vigo, preocupouse do sanitario e benéfico, Policía Municipal e adecentamento das vías públicas: finalización da praza de Portugal e arranxo de varias rúas e a aprobación de proxectos para as principais vías do barrio de Casablanca.
Predecesor: Mauro Alonso Cuenca |
![]() Alcalde de Vigo 1929 - 1930 |
Sucesor: Manuel San Román Ceballos |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 29-4-1938, p. 4.
- ↑ Arca Caldas, Olimpio (1999). "As dúas mulleres de Castelao" (PDF). A Estrada: Miscelánea histórica e cultural (2): 9–47.
- ↑ El Pueblo Gallego, 24-4-1935, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Luis Teófilo Gil Cuadrado (2006). El Partido Agrario Español (1934-1936): Una alternativa conservadora y republicana