Saltar ao contido

'Allo 'Allo!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

'Allo 'Allo!
 Instancia de
 Título
Allo 'Allo! (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Época ambientación
 Universo ficticio
 Lingua orixinal
Implicados
 Creador/a
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
30 de decembro de 1982 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
14 de decembro de 1992 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Nº de episodios86 Editar o valor en Wikidata
Nº de tempadas9 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/027l2g Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0086659 Allocine: 4558 Rottentomatoes: tv/_allo_allo_ Metacritic: tv/allo!-allo! TV.com: shows/allo-allo Netlix: 70157514 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

'Allo 'Allo! é unha comedia de situación británica que emitiu a BBC1 entre 1982 e 1992, creada por David Croft e Jeremy Lloyd como unha parodia da serie Secret Army emitida entre 1977 e 1979, dous dos seus actores Hillary Minster e John D. Collins, actuaron tamén nesta comedia.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Allo Allo conta a historia de René Artois, dono dun café na vila de Nouvion, durante a ocupación alemá na segunda guerra mundial. Os alemáns rouban todos os obxectos artísticos da vila, entre eles un reloxio de cuco e a pintura A madonna caída de Van Klomp. O comandante alemán decide gardar as pinturas para el e obriga a que René agache as obras no seu café. A Gestapo tamén quere atopar o paradeiro das pinturas e envía a Herr Flick, para as procurar.

Ao mesmo tempo o café de René está a esconder pilotos británicos. René vese forzado a traballar para a Resistencia para evitar ser asasinado por servir os alemáns no seu café. Os intentos da Resistencia de enviar os pilotos de volta ao Reino Unido, que fallan sempre, constitúen o centro de atención da serie.