Luciano de Samosata
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 120 Samósata, Turquía (pt) |
| Morte | c. 180 Atenas, Grecia |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, biógrafo, filósofo, escritor satírico, poeta |
| Período | Imperio Romano |
| Profesores | Demonax |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Luciano de Samosata (en grego antigo: Λουκιανός ὁ Σαμοσατεύς, Lukianós o Samosateus; en latín: Lucianus Samosatensis), nado en Samosata cara ao 125 e finado en Alexandría contra o 180, foi un retor e escritor satírico. É coñecido polo seu característico estilo irónico, co que adoitaba burlarse da superstición, as prácticas relixiosas e as crenzas no paranormal. Malia que a súa lingua materna era, probablemente, o siríaco, as obras que se conservan de Luciano están escritas no dialecto ático do grego popular durante o período da segunda sofística.
Todo o que se coñece sobre a vida de Luciano procede dos seus escritos,[1] que acostuman a ser difíciles de interpretar debido ao constante emprego do sarcasmo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Luciano naceu en Samosata, capital de Commagene, provincia de Siria. Os seus pais destinaron para a profesión de escultor cun seu tío, irmán da nai. Luciano abandonou o obradoiro, pois non tiña gusto por esta arte, aínda que a lenda conta que foi debido a que rompeu unhas lascas de mármore. Dispúxose daquela enteiramente ao estudo das letras, das que moi logo estivo en condicións de sacarlles partido. Até a idade dos corenta anos dedicouse a preitear como avogado ou a dar leccións de retórica, primeiro en Antioquía, logo en Atenas .Foi a partir desa idade cando comezou a escribir para o público e a viaxar. Pasou a Italia, onde realizou unha longa estadía. Desde aí marchou para a Galia, para a continuación trasladarse a Asia Menor. Finalmente radicouse en Exipto, onde o emperador Marco Aurelio lle asignara importantes funcións administrativas e xudiciais. Posibelmente faleceu en Alexandría, arredor do ano 180, nos primeiros anos do reinado do emperador Cómodo.
Antes de acadar as honras estatais, Luciano xa lograra adquirir fortuna e sona. Os seus escritos obtiveron éxito, á par que ingresaba sumas considerábeis polas leccións e a declamación da súa propia obra, ao xeito dos sofistas e dos rétores da época. Logo de contar o soño que determinara, segundo dicía, a súa vocación literaria, engadiu : « Quen escoite a narración do meu soño sentirá, estou seguro, renacer o valor na súa alma. Collerao por exemplo, reflectirá o que eu era, cando comecei a miña carreira e me baixei ao estudo sen me queixar nada da pobreza que entón me apresaba; e quererá imitarme, vendo a situación a que cheguei perante vós, non menos ilustre que algún escultor, por non dicir que aínda máis ».
Obra
[editar | editar a fonte]Atribúenselle máis de 80 obras. Tomou de Menipo o diálogo humorístico, a medias entre o diálogo filosófico e a comedia[2]. Os seus diálogos máis coñecidos son os Diálogos de deuses e os Diálogos dos mortos. Esta última obra inspirou o Phalarismus do polemista Ulrich von Hutten, Les Héros de roman de Boileau, así como os Dialogues des morts de Fénelon Escribiu así mesmo numerosos diálogos ironizando, nun estilo moi próximo ao dos cínicos, sobre os filósofos. Redactou tamén exercicios satíricos imitando o estilo dos retóricos, como os eloxios irónicos: Eloxio da calvicie ou Eloxio da mosca.
Os seus Relatos verídicos, nos que o protagonista viaxa até a Lúa, é, sen ambaxes, considerada como un antecedente das obras de ficción-científica[3]. Esta obra influíu na Histoire comique des États et Empires de la Lune (Historia cómica dos Estados e Imperios da Lúa) de Cyrano de Bergerac e máis no Micromegas de Voltaire.
O conxunto da obra de Luciano encontrou no século XIX o seu mellor eco nas "Pequenas obras morais" de Giacomo Leopardi.
Selección de obras
[editar | editar a fonte]
Traducións
[editar | editar a fonte]- Diálogos de deuses. Diálogos de prostitutas (trad. Mª Teresa Amado Rodríguez). Vigo. Ed. Galaxia. 2002. Colección Clásicos en Galego n.º 21; edición bilingüe grego-galego 247 páxs. ISBN 84-8288-855-3
- Relatos verídicos, tradución de Xurxo Pereira e Xosé Abilleira. Rinoceronte, 2010. 98 páxinas, ISBN 978-84-92866-15-1.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Matthews 2021.
- ↑ Luján, Néstor, Luciano de Samosata, in rev. Historia y Vida, nº extra 59. Barcelona-Madrid. 1990, páx. 162
- ↑ Cfr. Pierre Versins, Encyclopédie de l'utopie, des voyages extraordinaires et de la science-fiction, 1972; Jacques Van Herp Panorama de la science-fiction, 1973; Jacques Sadoul, Histoire de la science-fiction moderne, 1974 ; Jacques Baudou, La science-fiction, 2003
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luciano de Samosata |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Matthews, John (2021). Empire of the Romans: From Julius Caesar to Justinian: Six Hundred Years of Peace and War, Volume II: Select Anthology (en inglés). John Wiley & Sons. ISBN 978-1-4443-3458-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- (en francés) Obras completas, tomo I Arquivado 05 de abril de 2006 en Wayback Machine.
- (en francés) Obras completas, tomo II Arquivado 05 de abril de 2006 en Wayback Machine.
- (en francés) Luciano de Samosata ou o príncipe do gai saber, por Philippe Renault Arquivado 16 de outubro de 2008 en Wayback Machine.