Hesíodo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hesíodo e a Musa, por Gustave Moreau (Museo de Orsay, París).

Hesíodo (en grego antigo Ἡσίοδος Hêsíodos, en latín Hesiodus) foi un poeta da Antiga Grecia. A súa datación en torno ao ano -700 é discutida.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Ascra, preto de Tebas sobre a segunda metade do século -VIII ou a primeira do século -VII Foi labrego e fillo dun comerciante. A tradición sitúao como contemporáneo de Homero e mesmo rival seu en certames poéticos.

Adoita considerarse o máis antigo dos poetas helenos despois de Homero e, durante boa parte do século XIX, a crítica chegou a dubidar da súa auténtica existencia, aínda que esta parece fóra de toda dúbida na actualidade. A familia de Hesíodo estableceu a súa residencia en Beocia, procedente de Cime de Eolia, lugar de orixe do seu pai. Pouco se sabe da súa vida; parece que foi fundamental nela a inimizade co seu irmán Perses por mor da herdanza paterna, e este tema abordou na súa obra Traballos e días. Morto o seu pai, Hesíodo estableceuse en Naupacto, onde pasou a súa mocidade ao coidado dun rabaño de ovellas e levando a vida plácida e sinxela dos campesiños gregos.

Os actuais especialistas sitúan como contemporáneo de Homero a Hesíodo, mais a súa poesía, moi afastada do estilo épico e grandioso da daquel, está destinada a instruír máis que a exaltar. Sábese tamén que en Calcis (Eubea) participou nun concurso de aedos e obtivo a vitoria. Parece que morreu en Ascra e as súas cinzas conserváronse en Orcómeno, onde lle renderon honores como a un fundador da cidade.

Moitas das obras que durante a Antigüidade se lle atribuían, como os poemas sobre arte adiviñatoria A ornitomancia, Os versos mánticos e As explicacións dos prodixios, non son realmente súas. O que parece probado con certeza é que foi o autor dos Traballos e días, da Teogonía, que explica a orixe do universo e a xenealoxía dos deuses, e dos cincuenta e catro primeiros versos do O escudo de Heracles. Xunto coas de Homero, as obras de Hesíodo converteríanse en parte do corpus fundacional da cultura grega, grazas ao seu labor de sistematización do conxunto de mitos herdados e ao inicio da súa interpretación nun sentido moral e práctico. A cultura grega caracterizaríase en todo momento pola complexa relación que mantería co conxunto de concepcións mitolóxicas e relixiosas das súas propias tradicións, tanto para rexeitalas como para reverencialas, aínda que sempre extraería de alí súas máis fecundas intuicións.

Obra[editar | editar a fonte]

As súas obras, como as de Homero, foron obxecto xa desde o século -VI de estudo e veneración.

É o grande e primeiro compilador da relixión antiga grega. Puxo por escrito e ordenou todo o corpo mitolóxico transmitido ata entón de forma oral. Na súa obra baseáronse os mitógrafos posteriores clásicos, grazas ao cal chegou en gran parte ata os nosos días. A súa obra principal é a Teogonía, na que relata a xenealoxía dos deuses da mitoloxía grega. Exerceu gran influencia na cultura europea, á que transmitiu elementos como o do mito das idades, entre outros.

Transmitíronse de forma completa:

Consérvanse de forma fragmentaria ou hai referencias de:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hesíodo
Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de: Hesíodo
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Hesíodo

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hesíodo: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen. Editorial Losada. Buenos Aires. 2007. ISBN 978-950-03-9420-8 (en español).
  • Hesíodo: Obras y fragmentos: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Fragmentos. Certamen. Editorial Gredos. Madrid. 1997. ISBN 978-84-249-3517-7 (en español).

Outros artigos[editar | editar a fonte]