John Beazley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Beazley
Sir John Beazley.tif
Nacemento13 de setembro de 1885
Lugar de nacementoGlasgow
Falecemento6 de maio de 1970
Lugar de falecementoOxford
NacionalidadeReino Unido
Alma máterBalliol College, Oxford e Christ's Hospital
Ocupaciónhistoriador da arte, antropólogo, arqueólogo, profesor universitario e arqueólogo clásico
PremiosPrêmio Antonio Feltrinelli, Kenyon Medal, Membro da Academia Britânica, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Knight Bachelor
editar datos en Wikidata ]

John Davidson Beazley CH , nado en Glasgow o 13 de setembro de 1885 e finado en Oxford o 6 de maio de 1970 foi un historiador da arte e arqueólogo escocés británico, que estudou a cerámica antiga clásica. Foi o encargado de crear o maior índice de cerámica grega antiga baseado en estilos artísticos.[1] [2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Despois de graduarse, Beazley pasou un tempo na British School de Atenas. Despois volveu á Universidade de Oxford como estudante e titor de Clásicos na Christ Church.

Durante a Primeira guerra mundial, Beazley serviu na intelixencia militar. Traballou na División de Intelixencia Naval. Ocupou o grao de tenente temporal desde marzo até outubro de 1916 cando foi destinado ao exército.[3] [4]

Carreira académica docente e investigadora[editar | editar a fonte]

En 1925, converteuse en profesor Lincoln de Arqueoloxía e Arte Clásicas na Universidade de Oxford, cargo que ocupou até 1956. Especializouse en cerámica decorada grega e converteuse nunha autoridade mundial no tema. Adaptou o método de historia da arte iniciado por Giovanni Morelli para asignar as "mans" (estilo) específicas a workshops (talleres) e artistas específicos, mesmo onde ningunha peza asinada ofrecía un nome, por exemplo o Pintor de Berlín, cuxa produción el distinguiu por primeira vez. Mirou o varrido da cerámica clásica, pezas máis grandes e pequenas, para construír unha historia de talleres e artistas na antiga Atenas. A primeira edición en inglés do seu libro, Attic Red-figure Vase-painters, apareceu en 1942 (en alemán como Attische Vasenmaler des rotfigurigen Stils, 1925). [5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beazley, Sir John Davidson' (29 de marzo de 2011). "The Concise Oxford Dictionary of Archaeology". apud; enotes.com/Arch-encyclopedia. 
  2. "Beazley, John Davidson, Sir". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2012. Consultado o 29 de marzo de 2011. 
  3. "No. 29513". The London Gazette (Supplement): 3025. 17-3-1916. 
  4. "No. 29774". The London Gazette (Supplement): 9648. 3-10-1916. 
  5. James Whitley (4-10-2001). The Archaeology of Ancient Greece. ISBN 978-0-521-62733-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.