Polibio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polibio
Nacementoc. 200 a. C., 212 a. C. e 211 a. C.
Lugar de nacementoMegalópolis
Falecementoc. 120 a. C., 132 a. C., 130 a. C. e 129 a. C.
Lugar de falecementoGrecia
Causacaída de cabalo
NacionalidadeLiga Aqueia
Ocupaciónhistoriador, militar e escritor
PaiLycortas
Coñecido porHistórias
editar datos en Wikidata ]

Polibio (Πολύϐιος), nado ca. 203 a.C. e finado en 120 a.C., foi un historiador grego famoso pola súa Historia en 40 libros, que abrangue o período comprendido entre o 240 e o 146 a.C.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Licorta, membro da clase gobernante grega, recibe unha educación militar e a súa actividade política centrouse en manter a independencia da Liga aquea. Como o principal valedor da política de neutralidade na guerra de Roma contra Perseo de Macedonia, foi un dos 1.000 nobres aqueos que os romanos levaron a Roma no 166 a.C. e estivo retivo alí durante dezasete anos. En Roma foi titor de Scipio Aemilianus Africanus e foi con el na campaña na que conquistou Cartago (149 a.C.), Trala destrución de Corinto (146 a.C.) regresou a Grecia, para facer menos gravosa a condición de Grecia como provincia romana.

Posteriormente marchou outra vez a Roma dedicado a investigar e escribir, con longos períodos dedicados a viaxar polos países mediterráneos. Despois da morte de Scipio regresou a Grecia, onde morreu.

Obra[editar | editar a fonte]

Polibio foi un dos primeiros historiadores que tentaron presentar a historia como unha secuencia de causas e efectos, a súa historia baséase en parte en acontecementos que presenciara e en comunicacións de testemuñas e actores dos sucesos. Rexeita invocar a participación divina nos acontecementos históricos e busca a obxectividade nos seus escritos.

Dos 40 libros da Historia que escribiu só se conservan 5, do resto coñécese o seu contido por Estrabón. Polibio estivo na Galia e Hispania, e na súa obra dá información sobre Décimo Xunio Bruto e a súa expedición á Gallaecia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]