Saltar ao contido

Viño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Hugo22 (conversa | contribucións)
Liña 60: Liña 60:
==O viño na cultura popular galega==
==O viño na cultura popular galega==
: ''Artigo principal:'' '''[[O viño na cultura popular galega]].'''
: ''Artigo principal:'' '''[[O viño na cultura popular galega]].'''

==Principais produtores==
No ano [[2005]] os maiores produtores mundiais de viño foron: [[Francia]], [[Italia]], [[España]], [[Estados Unidos]], [[Arxentina]], [[China]], [[Australia]], [[Sudáfrica]], [[Alemaña]], [[Chile]], [[Portugal]], [[Romania]], [[Rusia]], [[Hungría]] e [[Grecia]]. No [[2003]] os líderes en volume de [[exportación]] por [[cuota de mercado]] mundial foron: Francia (22%), Italia (20%), España (17%), Australia (8%), Chile (6%), EEUU (5%), Portugal (4%) e Alemaña (4%).

No 2005, as 13 maiores nacións exportadoras de viño foron: [[Francia]], [[Italia]], [[España]], [[Australia]], [[Chile]], os [[Estados Unidos ]], [[Alemaña]], [[Sudáfrica]], [[Portugal]], [[Moldova]], [[Hungría]], [[Croacia]] e [[Arxentina]], como mostra a taboa de abaixo.

{| class="wikitable"
|+'''Produción de viño por país no 2005'''<ref>[http://faostat.fao.org/site/567/DesktopDefault.aspx Estatísticas de produción FAO]</ref>
! Classificación !! País !! Produción<br><small>([[tonelada]]s)</small>
|-
| 1 || {{FRA}} || 5.329.449
|-
| 2 || {{ITA}} || 5.056.648
|-
| 3 || {{ESP}} || 3.934.140
|-
| 4 || {{USA}} || 2.232.000
|-
| 5 || {{ARG}} || 1.564.000
|-
| 6 || {{CHN}} || 1.300.000
|-
| 7 || {{AUS}} || 1.274.000
|-
| 8 || {{ZAF}} || 1.157.895
|-
| 9 || {{GER}} || 1.014.700
|-
| 10 || {{CHI}} || 788.551
|-
| 11 || {{POR}} || 576.500
|-
| 12 || {{ROM}} || 575.000
|-
| 13 || {{RUS}} || 512.000
|-
| 14 || {{HUN}} || 485.000
|-
| 15 || {{GRE}} || 437.178
|-
| 16 || {{BRA}} || 320.000
|-
| 17 || {{AUT}} || 258.000
|-
| 18 || {{UCR}} || 240.000
|-
| 19 || {{MOL}} || 230.000
|-
| 20 || {{CRO}} || 180.000
|}


==Ligazóns Externas==
==Ligazóns Externas==

Revisión como estaba o 7 de febreiro de 2008 ás 20:50

Viño branco.
Uva catalá.
Alimentos

Pan - Pasta - Queixo - Arroz
Carnes - Sopas - Peixes - Mariscos
Auga - Leite - Patacas - Vexetais - Mel - Viño - Verduras - Froitas - Hortalizas - Legumes - Especias - Outros ingredientes
Receitas de cociña

Cociñas rexionais
Asia - Europa - Caribe
Sueste asiático - Latino américa
Oriente medio - Norte de África - África - Galiza
Categoría: Gastronomía
Técnicas de preparación rexionais
Técnicas - Utensilios
Pesos e medidas
Vexa tamén:
Chefs famosos - Cociñas - Comidas diarias

O viño é unha bebida alcólica que se obtén da fermentación do zume de uva ou mosto que se obtén ó estrulla-la uva trala vendima e que é gardado en barriles. É habitual que o viño se denomine segundo a uva co que foi elaborado. Atendendo á súa cor, pode ser viño branco, tinto ou rosado. Os viños brancos acostuman usarse para acompañar os entrantes e o pescado; o tinto para acompañar a carne. Un bo viño é unha bebida selecta e ou seu prezo pode ser astronómico. Adoita definirse a súa calidade en función do ano e do tipo de viño. Ademais de produto económico, o viño é un elemento social de primeira orde, coma o demostran as celebracións de festas gastronómicas ou vendimas.

A industria na Galiza [Cómpre referencia]

A industria do viño en Galicia representa o 4,22% da produción agroalimentaria e un 6,2% da española, cunha facturación de 93 millóns de euros. Hai 327 industrias transformadoras empregando a 1.500 persoas, centrándose nas provincias meridionais (71,5%), o 86% dos cales son de pequeno tamaño (menos de cinco persoas). Aínda que só supon o 10% do emprego agroindustrial, a proporción de establecementos verbo do sector agroalimentario por provincias é de:

O sector presenta unha forte actualización tecnolóxica, aínda que o ritmo de creación de adegas diminuíu e os investimentos en melloras fronte ás novas creacións chegaron ó 75% dun total 14 millóns de euros. O número de empresas embotelladoras é de 725, das cales son 6 de augardentes, 71 envasadoras de viño e 644 embotelladoras de viño. A capacidade conxunta das 28.000 hectáreas (só 4.000 nas provincias setentrionais) chega a 200 millóns de quilos de uva e 90.000 hl anuais.

Denominación de orixe

Antes de falar das características do sector, cómpre definir o concepto de Denominación de Orixe, que designa o nome xeográfico da zona empregado para designar un produto da vide, do viño ou dos seus alcois que teñan cualidades ou características diferentes, debido ó medio natural ou á elaboración. Enténdese que o produto merece esta asignación xeográfica cando acada con carácter permanente unha difusión e coñecemento dabondo no mercado, ou cando menos un prestixio notable, ou teña mercados no exterior. As denominacións están rexidas polo Consello Regulador, composto polo Ministerio de Agricultura, produtores, adegueiros e traballadores: xunto co Instituto Nacional de Denominacións de Orixe e a Xunta de Galicia, son os que propoñen as características que logo se certificará en toda a produción (límites xeográficos, graduación alcólica, variedades vitivinícolas, etc.).

As adegas asociadas á Denominación de Orixe distribúense así: [Cómpre referencia]

Rías Baixas

Consta de cinco subzonas: o Salnés distribúese por Cambados, Meaño, Meis, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Barro, Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa, rodeando á ría de Arousa; o Condado repártese entre Arbo, Crecente, As Neves, Salvaterra de Miño e A Cañiza; o Rosal inclúe Tomiño, Tui e O Rosal; Soutomaior; Ribeira do Ulla, a máis recente.

O albariño é a súa produción monovarietal de máis éxito. A produción é de baixa graduación, de viño branco e sen crianza, e expórtase cada vez máis a mercados do norte peninsular (nomeadamente Barcelona e Madrid) e exteriores (Alemaña, Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Suíza, Xapón e Suecia). A denominación é a maior produtora galega, xa que 55 das súas adegas producen máis de vintecinco mil litros e unhas vinte superan os setenta e cinco mil.

Ribeira Sacra

Moi noviña, esta denominación do Sur lugués abrangue tamén o Norte ourensán. A súa xeografía é moi particular: encanonada no Miño e no Sil, con pendentes de 40-100%, alturas de 300-800 m e os socalcos, bocarribeiras e pataos aterrazados ás veces con anchos inferiores a un metro.

O nome provén da cantidade de conventos e mosteiros da zona. O cultivo vinícola remóntase ós romanos e é un dos máis meritorios e agochados da península Ibérica: para poder protexelo do despoboamento, o envellecemento, a disgregación parcelaria ou a falla de distribución comercial e iniciativas cooperativas, creouse o Centro de Investigación e Valoración da Viticultura de Montaña.

Ten cinco subzonas: Quiroga-Bibei (entre Montefurado e O Courel), Chantada, Ribeiras do Miño (na gorxa do Miño), Amandi e Ribeiras do Sil (nos vales do Sil e o Cabe ata Monforte). As variedades máis cultivadas son o mencía e o godello, pero tamén están autorizadas o albariño e treixadura. A zona está en plena expansión, con gran grao de modernización e calidade, o que sen dúbida lle agoira boas expectativas.

Ribeiro

Esta denominación distribuíse polos vales do río Arnoia, o río Avia e o Miño (delimitando tres Ribeiros ou subzonas) e é das máis coñecidas no ámbito nacional. As uvas brancas autorizadas son treixadura, torrontés, loureira e albariño coma autóctonas e Xerez e Macabeo coma foráneas. As tintas son mencía, ferrón, sousón, brancellao e garnacha. Malia a súa aposta pola incorporación tecnolóxica e técnica e a súa enorme tradición, veu decaer o seu prestixio nos últimos anos.

Monterrei

Tamén noviña (catro adegas), pero con carácter provisional xa en 1972 dada a súa tradición vitivinícola, esténdese por Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Oímbra. Pode ter uvas de tipo palomino, verdello, dona Branca, Alacant, mencía, gran negro e mouratón.

Valdeorras

No poñente ourensán, entre o Sil e o Xares e abranguendo os concellos de A Rúa, Carballeda, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras, esténdese esta denominación de antiga tradición pero pouco coñecida. As súas variedades de uva son godello, mencía, (as máis importantes) palomino, dona Branca, garnacha tinta ou de Alacant, gran negro, María Ardoña e merenzao.

Artigo principal: O viño na cultura popular galega.

Principais produtores

No ano 2005 os maiores produtores mundiais de viño foron: Francia, Italia, España, Estados Unidos, Arxentina, China, Australia, Sudáfrica, Alemaña, Chile, Portugal, Romania, Rusia, Hungría e Grecia. No 2003 os líderes en volume de exportación por cuota de mercado mundial foron: Francia (22%), Italia (20%), España (17%), Australia (8%), Chile (6%), EEUU (5%), Portugal (4%) e Alemaña (4%).

No 2005, as 13 maiores nacións exportadoras de viño foron: Francia, Italia, España, Australia, Chile, os Estados Unidos , Alemaña, Sudáfrica, Portugal, Moldova, Hungría, Croacia e Arxentina, como mostra a taboa de abaixo.

Produción de viño por país no 2005[1]
Classificación País Produción
(toneladas)
1 Francia 5.329.449
2 Italia Italia 5.056.648
3 España España 3.934.140
4 Estados Unidos de América Estados Unidos 2.232.000
5 Arxentina 1.564.000
6 China 1.300.000
7 Australia Australia 1.274.000
8 Sudáfrica Suráfrica 1.157.895
9 Modelo:GER 1.014.700
10 Chile 788.551
11 Portugal Portugal 576.500
12 Romanía Romanía 575.000
13 Rusia Rusia 512.000
14 Hungría Hungría 485.000
15 Grecia Grecia 437.178
16 Brasil 320.000
17 Austria Austria 258.000
18 Ucraína Ucraína 240.000
19 Modelo:MOL 230.000
20 Croacia Croacia 180.000

Ligazóns Externas

  1. Estatísticas de produción FAO