Amasia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casas típicas da cidade a carón do río Yesil

Amasia (Amasya en turco) é unha cidade de Turquía, capital da provincia de Amasia, con 80.000 habitantes, está situada nas beiras do río Yesil a 390 metros sobre o nivel do mar. Na antigüidade foi a capital do Reino do Ponto co nome de Amasia (Αμασεια), unha das cidades máis importantes de Asia Menor e cidade natal de Estrabón, un xeógrafo grego da antigüidade.