Quioto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Kyoto")

Coordenadas: 35°0′42″N 135°46′6″E / 35.01167°N 135.76833°E / 35.01167; 135.76833

Kyōto-shi - 京都市
Flag of Kyoto City.svg
Mapa
Kyoto in Kyoto Prefecture Ja.svg
Localización de Kyōto na prefectura de Kyōto
Map of Japan with highlight on 26 Kyoto prefecture.svg
Localización da prefectura de Kyōto no Xapón
Información
País Flag of Japan.svg Xapón
Illa Honshu
Rexión Rexión de Kinki
Prefectura Prefectura de Kyōto
Superficie 827,90 km²
Poboación 1.463.373 (2010)
Densidade 1.770 hab./km²
Alcalde Daisaku Kadokawa
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Location KyotoJapan.jpg

Quioto (xaponés: 京都市, きょうとし, Kyōto-shi) é unha cidade xaponesa da prefectura de Kyōto. Esta cidade foi a capital do imperio do Xapón, sendo actualmente a capital da provincia de Quioto, ben como a maior cidade da área metropolitana de Osaka-Kobe-Quioto. Quioto foi en tempos coñecida no Occidente por Meaco (xaponés: 都; miyako "capital").

O concello de Kyōto limita cos concellos de Nantan, de Kameoka, de Nagaokakyō, de Mukō, de Ōyamazaki, de Yawata, de Kumiyama, de Uji (son da prefectura de Kyōto); de Takatsuki, de Shimamoto (son da prefectura de Ōsaka); de Ōtsu e de Takashima (da prefectura de Shiga).

Historia[editar | editar a fonte]

A nova cidade, Heiankyō ("capital de Heian") tornouse o asento da corte imperial en 794. Posteriormente, mudouse o nome da cidade para Kyoto (“cidade capital”). Quioto continuou a ser a capital do Xapón ata 1868, cando se deu a transferencia do goberno para Edo, a que posteriormente se alterou o nome para Toquio (“capital Este”). Despois de Edo pasar a ser coñecida por Toquio, Quioto foi, por un curto período, coñecida por Saikyo (西京 Saikyō, "Capital Oeste"). A cuestión de cal é a capital en termos legais é aínda motivo de controversia.

A historia urbana de Quioto tivo por desencadeante a decisión do emperador Kammu de fundar unha nova capital, seica por afastar a corte da influencia dos mosteiros budistas de Heijo-kyo (actual Nara), a por entón capital imperial do Xapón. Elixiu unha comarca 40km ao noroeste[1], regada polos ríos Katsura e Kamo[2], onde non existen achados de poboamento anteriores ao século V cando foi ocupada polo clan Hata procedente do continente. Un santuario shintoísta do 678, o Shimogamo a carón do río Kamo, era o único relevante na zona.

Primeira capital falida[editar | editar a fonte]

En 784 foi trazada unha primeira cidade na beira do Katsura (uns 6km ao suroeste da Quioto actual) que recibiu o nome de Nagaoka (Nagaoka-kyo[3]). Ao igual que as anteriores capitais a traza foi a por entón modélica da capital imperial chinesa, Changan. Un vasto recinto rectangular reticulado (4x5km), simétrico respecto a un eixo ou avenida central, presidido no extremo norte polo pazo imperial[4](1x1,6km, coa reutilización de materiais do antigo pazo imperial de Naniwa [5]).

Porén, tan ambicioso plan durou só unha década (as causas son aínda motivo de especulación; disque inundacións desastrosas as máis probables). Pero en 794 unha nova capital, practicamente co mesmo deseño, foi erixida apenas uns quilómetros ao nordeste, entre o Katsura e o Kamo.

Heian-kyo[editar | editar a fonte]

Co nome de Heian-kyo ("Capital da paz e a tranquilidade") vai ser capital imperial durante máis dun milenio, mesmo dando nome a un período da historia xaponesa (período Heian, 794-1185), un dos máis brillantes no eido artístico, cultural e relixioso.

Planta xeral de Heiankyo nunha reconstrución do século XVIII.
Vista da Daidairi (N).
Vista dende Rashomon (S)

Novamente a malla do plan ideal de Chang'an (inda que sen murallas), representativo do urbanismo xeomántico chinés (segundo as pautas do feng shui), foi estendido nun rectángulo de 4,5x5,2km cunha gran avenida central (Suzaku-oji, 84m de anchura) entre o Pazo Imperial ao norte (nunha verdadeira cidade pacega de seu, Daidairi, de 1,4x1,2km e amurallada) e a monumental porta sur (Rashomon) flanqueada polos dous únicos templos dentro da cidade. Un pouco antes, tamén dous mercados a esquerda e dereita da avenida, cada un nunha das metades que aquela dividía denominadas Ukyo (oeste) e Sakyo (leste)[6]. De feito a Capital Dereita (Ukyo), situada nas terras máis baixas e húmidas da ribeira do Katsura, nunca foi enteiramente ocupada e rematou abandonada na segunda metade do século X[7].

Dende o comezo as residencias aristocráticas agrupábanse nos arredores da cidade imperial, fundamentalmente no lado leste (a Capital Esquerda, Sakyo). As clases baixas nas ribeiras do Kamo e máis aló espallábanse os templos e mosteiros[8]. A cidade estendeuse fóra do trazado inicial sempre no bordo oriental conformando o núcleo medieval da xa coñecida coma Kyoto ("a Cidade Capital")[9].

O período dos shogunatos[editar | editar a fonte]

Cando en 1185 o poder efectivo (do shogun) foi trasladado a Kamakura, en Quioto só ficou o poder simbólico da corte imperial pero a súa importancia coma centro cultural e relixioso continuou. Xa dende o século XI e ao longo do século XII moitos edificios da Daidairi foran sucesivamente abandonados tralos frecuentes incendios, ata que en 1227 a Cidade Imperial quedou definitivamente en ruína. Os emperadores tiñan residencias transitorias na cidade ou nos suburbios, mesmo emprestadas pola poderosa familia Fujiwara.

Un renacemento tivo lugar cando o segundo shogunato (Ashikaga, 1338-1573) asentouse en Quioto[10]. O pazo shogunal foi construído no extremo norte da rúa Muromachi, nome polo que tamén coñécese o período [11]. Os shoguns erixiron fermosos pavillóns e xardíns nos arredores da capital que tamén viron a emerxencia de numerosos templos e santuarios de diferentes seitas budistas e shintoístas. O desenrolo crecente do comercio fixo do Quioto desta época un florecente centro económico. Pero entre 1467 e 1477, no curso das guerras Onin, Quioto foi devastada.

No seguinte século e medio, os restos da vila agrupábanse en dous barrios, ao norte (Kamigyo, arredor dos pazos imperial e shogunal) e sur (Shimogyo, asento dos comerciantes) unicamente unidos pola rúa Muromachi[12][13].

A reconstrución de Quioto[editar | editar a fonte]

Mapa de Quioto, 1696; o Castelo Nijo resalta na trama no centro á esquerda.

Foi Toyotomi Hideyoshi, a finais do século XVI e despois do fin do shogunato Ashikaga, quen reconstruíu a cidade urbanizando o baleiro entre as dúas partes illadas (duplicou as rúas N-S dividindo as antigas mazás cadradas en rectángulos. A área do novo Pazo Imperial comezou a tomar su forma definitiva nesta época [14]). Tamén e por primeira vez arrodeou Quioto cun terraplén defensivo (Odoi).

O inicio do shogunato Tokugawa a comezos do século XVII supuxo novamente o traslado da sede shogunal, esta vez a Edo (Toquio). De todas as maneiras Tokugawa Ieyasu quixo reafirmar o seu poder na capital imperial coa erección do Castelo Nijo[15] no centro da cidade (ángulo sueste da antiga cidade imperial Heian). Aínda así Quioto mantivo o seu ascendente relixioso e cultural e mesmo desenrolou unha industria téxtil de renome mundial (distrito Nishijin en Kamigyo a finais do XVII). A poboación acadou os 400.000 habitantes.

Porén, no seguinte século e medio unha sucesión de desastrosos incendios detiveron o crecemento e o último deles, en 1864, coincidiu coa Restauración Meiji (1868) que supuxo o traslado da corte imperial a Toquio. Quioto tardou en recuperarse destes contratempos. A cidade entrou na modernidade practicamente coa planta da cidade do XVII[16].

Modernización[editar | editar a fonte]

O ferrocarril chegou en 1889 conectándoa con Osaka e Toquio[17] e o Canal-Acueduto do Lago Biwa en 1890[18][19]. Lentamente a reindustrialización do distrito téxtil Nishijin trouxo a da urbe en xeral e para 1932 Quioto acadou o millón de habitantes. Respectada polos bombardeos da Segunda Guerra Mundial[20] continuou o seu fortalecemento industrial e modernizador xunto co do conxunto do Xapón nos sesenta e setenta. Declarado Patrimonio da Humanidade o legado histórico de templos e santuarios budistas e shintoístas que rodean a urbe, Quioto afronta con optimismo o seu futuro[21].

Xeografía[editar | editar a fonte]

Quioto localizase na parte medio-occidental da illa de Honshu. Debido ás montañas que a cercan por todos os lados, Quioto é famosa polas súas quentes noites de verán.

A cidade está disposta nun patrón similar a unha grella de acordo coa tradición chinesa. Hoxe en día, a principal zona de negocios localizase nas partes centro e sur da cidade, coa zona norte, moito menos habitada, a manter un aspecto moito máis *verdexante.

Divisións[editar | editar a fonte]

Quioto divídese en once zonas (ku):

División administrativa do concello de Kyōto

Demografía[editar | editar a fonte]

De acordo cos dados de 2008, a cidade tiña unha poboación estimada de 1.464.990 habitantes, e unha densidade de poboación de 2403,68 persoas por quilómetro cadrado, nunha área total de 827,90 quilómetros cadrados.

Cultura[editar | editar a fonte]

Quioto é coñecida pola súa deliciosa cociña local. Ao contrario da rexión volcánica de Kanto, o solo rico de Quioto permite o cultivo dunha variedade de vexetais e os varios cursos de auga existentes proporcionan boas condicións para a pesca.

Quioto é considerado o centro cultural do Xapón. Durante a Segunda Guerra Mundial, cando os bombardeos varrían o país, Quioto e os seus 1600 templos budistas, 400 locais de culto Shinto, os seus palacios, xardíns e edificios foron salvados, tornando Quioto unha das cidades máis ben preservadas de todo o Xapón. Na rexión de Quioto encontramos algúns dos máis famosos templos do Xapón, incluíndo:

O Pavillón Dourado
O Pavillón Dourado

Outros locais de releve dentro e arredor de Quioto inclúen o monte Arashiyama e o seu lago pintoresco, a zona de Gion, un antigo barrio de geishas, e os canais que atravesan algunhas das súas rúas máis antigas.

Os “Monumentos Históricos da Antiga Quioto” están clasificados como patrimonio mundial da humanidade pola UNESCO. Destes monumentos fan parte os templos Kamo (Kami e Shimo), Kyo-O-Gokokuji (Toji), Kiyomizu-dera, Daigoji, Ninnagi, Saihoji, Tenryuji, Rokuonji (Kinkaku-ji), jishoji (Ginkaku-ji), Ryoan-ji, Honganji, Kozan-ji e o castelo Nijo.

Os nativos de Quioto tamén falan un dialecto xaponés chamado Kyoto-ben, que é unha variación do dialecto Kansai, falado na parte occidental do Xapón. Un exemplo típico é a palabra ookini que significa obrigado.

Economía[editar | editar a fonte]

A Estación de Quioto

O turismo é a gran base da economía de Quioto. O legado cultural da cidade é constantemente visitado por grupos vidos de escolas de todo o Xapón e turistas estranxeiros.

A industria da cidade é maioritariamente formada por pequenas fábricas, a maior parte das cales dirixidas por artesáns que producen artesanía tradicional xaponés. A cidade é o centro de produción de quimonos por excelencia. Con todo, estas actividades teñen rexistrado unha redución, unha vez que a venda de produtos tradicionais *estagnou.

A única industria de dimensión razoábel en Quioto é a electrónica: é na cidade que se sitúan os cuarteis-xenerais da Nintendo e da Nintendo Xapón, ben como a OMRON Co., a Kyocera Co. (o nome deriva de Kyoto Ceramic) e Murata Manufacturing. Con todo, o crecemento das industrias de alta tecnoloxía non é o suficiente para superar o declinar das industrias tradicionais, e, como resultado, Quioto está en declive fronte á evolución doutras cidades xaponesas.

Empresas[editar | editar a fonte]

Escolas e universidades[editar | editar a fonte]

Quioto é coñecida como un dos centros académicos do país, albergando trinta e sete institucións de ensino superior. As tres maiores e máis coñecidas universidades locais son as universidades: Kyoto, Doshisha e Ritsumeikan. Entre estas, a Kyoto University é considerada unha das mellores universidades do Xapón, con varios laureados co Premio Nobel, como Yukawa Hideki.

Quioto ten tamén unha rede de ensino superior única, chamada Consortium of Universities in Kyoto, que *disponibiliza os seus cursos como parte do curso que é obtido nas 49 universidades que a constitúen.

Transportes[editar | editar a fonte]

Metro - Estación de Yamashina na liña Tozai

O Kansai International Airport fica a 72 minutos de Kyoto de tren(o Haruka Expres). Moitos visitantes estranxeiros chegan a Kyoto de Shinkansen, *vindos de Toquio, nunha viaxe de aproximadamente dúas horas.

As redes de metro e autobús cobren razoabelmente as necesidades. Con todo, a maior parte dos puntos turísticos da cidade son alcanzábeis a pé. Os autobuses urbanos custan 220 Ienes por viaxe, mais a maneira máis rendíbel de viaxar por Quioto de autobús é comprando un pase dun día sen limite de viaxes por 500 Iens.

Festivais[editar | editar a fonte]

Fanse en Quioto os festivais:

  • Aoi Matsuri
  • Gion Matsuri
  • Jidai Matsuri
  • Gozan Okuribi

Deportes[editar | editar a fonte]

En fútbol, Quioto ten o equipo Kyoto Purple Sanga na segunda división da liga xaponesa.

A pesar da popularidade do veciño equipo de béisbol Hanshin Tigers, Quioto nunca tivo un equipo na NPB (Nippon Profesional Baseball). En compensación, os equipos de béisbol do ensino secundario son fortes, o Heian e Toba en particular, realizando bos papeis no torneo que se disputa anualmente no Koshien Stadium, en Nishinomiya, preto de Osaka.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Quioto está irmandada coas cidades de:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mapa da rexión de Osaka-Nara-Kyoto coas sucesivas capitais imperiais: Naniwa en Osaka, á esquerda; as da área de Nara á dereita; Nagaoka-kyo e Heian-kyo arriba (área de Quioto) [1]
  2. Mapa coa situación e traza das dúas capitais na área de Quioto: Nagaoka-kyo (784-794, embaixo) e Heian-kyo (dende 794) [2]
  3. Reconstrución virtual de Nagaoka-kyo dende o sur (ao norte aparece a cunca onde vaise trazar Heian-kyo) [3]
  4. Recreación a vista de paxaro de Nagaoka-kyo dende o norte [4]
  5. Información sobor dos achados de Nagaoka-kyo [5]
  6. Ver nota 2
  7. Recreación de Heiankyo coa meirande parte da "Capital da Dereita" (Ukyo) xa coma terra de labor (visibles máis escuros os dous mercados en ámbolos dous lados da Suzaku-oji) [6]
  8. Vista de Heiankyo dende a ribeira oriental do río Kamo co recinto dun templo en primeiro termo [7]
  9. Mapa esquemático de Quioto nos inicios da época medieval [8]
  10. Planta esquemática de Quioto en 1340 no comezo do shogunato Ashikaga, antes da construción do Pazo Muromachi (a rúa Muromachi no centro da trama de N a S); "The first locus of Ashikaga in Medieval Kyoto", M.Stavros, páx. 3 (5) e 16 (18), pdf 1,5Mb [9]
  11. Esquema de Kyoto antes das guerras Onin (s.XIV-XV); "The Moneylenders of late Medieval Kyoto", S.Gay [10]
  12. Mapa de Kyoto despois das Guerras Onin (s.XVI; reconstrución do século XVIII): Kamigyo (N) e Shimogyo (S) coma dous núcleos independentes [11]
  13. Mapa esquemático da cidade dividida (Quioto tralas guerras Onin), páx. 45, A.Tsukamoto, pdf 1,5Mb: nótense os dous cadrados enmarcando as áreas urbanizadas, Kamigyo ao norte e Shimogyo ao sur coa rúa Muromachi coma ligazón; Rakuchu era a denominación do Quioto medieval[12]
  14. Planta coa reurbanización de Toyotomi Hideyoshi, creando parcelas rectangulares das primitivas cadradas e duplicando así as rúas N-S (ao nordeste aparece a área do novo Pazo Imperial [13]
  15. Vista moderna dende o sueste do Castelo Nijo (ao fondo estaría a área da antiga Daidairi de Heiankyo): o antigo castelo ardeu no gran incendio de 1788; hoxe é parque público [14]
  16. Mapa de Quioto, 1831 (N á dereita): a cidade aínda encintada polo Odoi, o terraplén defensivo do século XVII [15]
  17. Panorama de Kyoto a finais do século XIX estendida en ámbalas dúas beiras do Kamo e o ferrocarril arribando polo sur [16]
  18. Mapa de Quioto, 1903 [17]
  19. Map de Kyoto do cambio de século sobor da malla de Heiankyo [18]
  20. Mapa de Kyoto en 1945 [19]
  21. Mapa do Quioto contemporáneo [20]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]