Os Inválidos
Os Inválidos (en francés Hôtel des Invalides) é un edificio do século XVII (1671-1676) situado no sétimo distrito de París a 400 metros da Escola Militar e alberga hoxe en día o museo do Exército.
Índice |
Historia[editar]
O edificio foi construído por orde do Rei Luís XIV de Francia para os veteranos inválidos de guerra que ficaban sen fogar. Os planos son de Libéral Bruant, e a construción foi levada a cabo por Jules Hardouin-Mansart.
Alberga os restos de Napoleón Bonaparte, que foron trasladados da Illa de Santa Helena a París en 1840, por iniciativa do rei Luís Filipe de Orleans. Dende 1940 contén tamén os restos do seu fillo, o chamado Rei de Roma, do seu irmán Xosé I de España, así como os de varios mariscais, entre eles Lyautey, Foch e Leclerc.[1]
Arquitectura[editar]
O conxunto arquitectónico destaca pola dourada cúpula (o domo, le Dôme) da capela San Luís (Saint Louis), que Luís XIV mandou construír para uso privado do rei e como mausoleo real, aínda que posteriormente non chegou a aloxar os restos de ningún rei de Francia.
Acceso[editar]
- Polo metro: estacións Varenne, La tour Maubourg, e Ecole Militaire.
- Polo RER: Invalides.
Notas[editar]
- ↑ "Commémorations du 60ème anniversaire de la libération de Paris...". Deutsche Welle 25.08.2004. 2004. http://www.dw-world.de/dw/article/0,11549,2893133,00.html. Consultado o 18/12/2007.