Reino de Holanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Koninkrijk Holland
Reino de Holanda

1806–1810
Bandeira Escudo
Lema: Eendracht maakt macht
A unión fai a forza
O Reino de Holanda
Capital Ámsterdan
Lingua Neerlandés
Goberno Monarquía
Rei
 • 1806-1810 Luís I
 • 1810 Luís II
Historia
 • Establecido 1806
 • Disolución 1810
Moeda Florín holandés

O Reino de Holanda 1806 - 1810 (neerlandés: Koninkrijk Holland, francés: Royaume de Hollande) foi instaurado por Napoleón Bonaparte como un goberno fantoche para o seu terceiro irmán, Luís Bonaparte, cuxa función era controlar os Países Baixos. O nome da provincia principal, Holanda, é utilizado na actualidade para nomear ao país enteiro.

Luís non satisfixo as expectativas do seu irmán Napoleón, tento pór por diante os intereses neerlandeses antes que os intereses do seu irmán, e o reino disolveuse en 1810 despois de que os Países Baixos se anexionasen a Francia até 1813. O reino de Holanda cubría unha zona dos actuais Países Baixos, coa excepción de Limburgo e partes de Celandia, que eran territorios franceses. Frisia oriental (actualmente en Alemaña) tamén era parte do Reino.[1]

Escudo de Armas[editar | editar a fonte]

Luís Bonaparte, o irmán de Napoleón, instaurouse como Rei de Holanda o 5 de xuño de 1806. Nun principio, o escudo de armas do novo reino ía parecerse ao do Reino de Italia: unha aguia levando un escudo, neste caso o dos Países Baixos Unidos, o león coroado rei. En decembro de 1806, Renodi deseña o novo escudo en París, coa aguia napoleónica e o león. Ao redor do escudo estaba o mandato francés do Grand Aigle e por detrás o típico na heráldica napoleónica: os cetros cruzados e por rima do escudo a estrela de Napoleón.

O 20 de maio de 1807, o rei Luís - agora chamado Lodewijk - altera o escudo de armas, engadindo un casco, substituíndo a estrela do seu irmán e quitando o mandato do Grand Aigle polo texto en neerlandés Eendracht maakt macht. Como exemplo da innovación da heráldica napoleónica son as dúas mans que saen das nubes detrás do escudo con espadas, designando ao Rei Luís como Connétable de France.

Notas[editar | editar a fonte]