Jean Simmons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean Simmons no tráiler de Young Bess (1953)

Jean Merilyn Simmons, nada o 31 de xaneiro de 1929 en Londres e falecida o 22 de xaneiro de 2010 en Santa Mónica, foi unha actriz británica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Simmons comezou a súa carreira de actriz en filmes británicos realizados durante e inmediatamente despois da Segunda Guerra Mundial, a partir de 1950 fixo a súa carreira en Hollywood. Entre as súas películas máis coñecidas están Hamlet de Laurence Olivier, Spartacus (1960) de Stanley Kubrick e Elmer Gantry (1960) de Richard Brooks.