Episodios Nacionales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplar impreso durante a II República do primeiro episodio Trafalgar.


Os Episodios Nacionales son un conxunto de obras creadas por Benito Pérez Galdos nas que se narran os principais feitos acontecidos en España no século XIX en forma de novela histórica. Así, as historias abranguen dende a Batalla de Trafalgar ata as revoltas cantonais e os últimos gobernos do século.

Galdós tirou a inspiración para estas obras das historias que lle contaba un tío seu capellán castrense que participou na Guerra de Independencia xunto cos Voluntarios Canarios.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Limiar a cargo de Gregorio Marañón no libro El Cádiz de las Cortes de Ramón Solis, Madrid: Instituto de Estudios Políticos, 1958, p. 28-29.