Estatuto de Baiona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Constitución de Baiona")
Joseph Bonaparte.

O Estatuto de Baiona, Carta de Baiona ou Constitución de Baiona considérase unha carta outorgada, xa que non foi elaborada polos representantes do Estado, xurada polo irmán de Napoleón Bonaparte, Xosé I Bonaparte, a quen el confiou o territorio español ocupado, o 8 de xullo de 1808 na cidade de Baiona (Francia).

Establecía como rei de España a Xosé I Bonaparte e o cambio da monarquía absoluta por unha monarquía constitucional, de ideas napoleónicas.

Organizaba España como unha monarquía hereditaria que o monarca ocupaba o centro do poder político, pero coa obrigación de respectar os dereitos cidadáns proclamados no seu texto. Naceu nun contexto complexo, ditado fóra do territorio nacional e cun marcado carácter afrancesado, apadriñado polos liberais moderados. A causa da súa orixe e proceso non pode considerarse unha constitución, senón unha carta outorgada cuxo proxecto foi presentado por Napoleón a 65 deputados españois que só puideron deliberar sobre o seu contido. Non existiu vontade previa de elaborar un documento constitucional, o texto foi imposto e aceptado por unhas Cortes reducidas convocadas no territorio francés.

Creación da Carta de Baiona[editar | editar a fonte]

Historicamente a súa creación realizouse da seguinte maneira:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de: Estatuto de Baiona