Abel Gance

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abel Gance
Nome completoAbel Eugène Alexandre Péréton
Nacemento25 de outubro de 1889
LugarParís
Falecemento10 de novembro de 1981
LugarParís
Causatuberculose
SoterradoCemitério de Auteuil
Nacionalidade Francia
Educado enLycée Chaptal
Cónxuxe(s)Mathilde Thizeau (1912-)
Marguerite Danis (1922-)
Marie-Odette Vérité (Sylvie Grenade) (1933-1978)
ProfesiónDirector, produtor
Na rede
IMDB: nm0304098 Allocine: 451 Allmovie: p90961
WikiTree: Péréthon-1 Find a Grave: 7719675 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Abel Gance, nado en París o 25 de outubro de 1889 e finado na mesma cidade o 10 de novembro de 1981 foi un director de cinema, produtor, guionista e actor francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo ilexítimo do próspero médico Abel Flamant e de Françoise Péréthon, muller de clase obreira, criouse ata os oito anos cos seus avós na vila mineira de Commentry. Entón volveu a París coa súa nai, que casara co mecánico Adolphe Gance que o adoptou.

Abondonou a escola aos catorce anos, aínda que sempre mantivo un grande amor pola literatura e a arte. O seu primeiro traballo artístico foi como actor teatral, conseguindo un contrato aos dezaoito anos no Théâtre Royal du Parc de Bruxelas. Nesta cidade escribiu o seu primeiro guión, que vendeu a Léonce Perret. Este director fixo debutar a Gance como actor de cinema en París en 1909.

Nesta época diagnosticáronlle tuberculose, enfermidade que finalmente superou. Cuns amigos fundou unha compañía de produción de filmes, Le Film Français, e comezou a dirixir.

Tras rexeitado para loitar na primeira guerra mundial por motivos de saúde, comezou a traballar para outra nova compañía, Film d'Art, causando controversia con La Folie du docteur Tube, fantasía cómica con novidosos efectos visuais.

En 1920 comezou a desenvolver o seu proxecto La Roue en Niza mentres se recuperaba da gripe española. O filme tiña inicialmente unha duración de nove horas, recortada logo para a súa exhibición comercial. En 1921 mentres estaba nos Estados Unidos promovendo o seu filme J’accuse coñeceu o seu admirado D.W. Griffith. Durante esta viaxe rexeitou un contrato coa Metro-Goldwyn-Mayer.

Pouco despois Gance embarcouse no seu maior proxecto, rodar a vida de Napoleón en seis partes. A primeira foi a única en ser completada, sendo un filme épico con minuciosas recreacións históricas e técnicas experimentais. A versión orixinal duraba seis horas.

Coa chegada dos filmes sonoros continuou dirixindo, volvendo en repetidas ocasións ao seu filme Napoléon. Unha nova versión de cinco horas, máis completa cás vistas na década de 1920, reconstruída polo historiador Kevin Brownlow foi presentada en 1979 coa presenza de Gance.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Bonaparte et la révolution (1971)
  • Valmy (1967), telefilme
  • Marie Tudor (1966), telefilme
  • Cyrano et d'Artagnan (1964)
  • Austerlitz (1960)
  • Magirama (1956)
  • La Tour de Nesle (1955)
  • Quatorze juillet 1953 (1953), documental
  • Manolete (1944), incompleto
  • Le Capitaine Fracasse (1943)
  • Vénus aveugle (1941)
  • Paradis perdu (1940)
  • Louise (1939)
  • J'accuse! (1938)
  • Le Voleur de femmes (1938)
  • Un grand amour de Beethoven (1937)
  • Jérôme Perreau héros des barricades (1935)
  • Lucrèce Borgia (1935)
  • Le Roman d'un jeune homme pauvre (1935)
  • Napoléon Bonaparte (1935)
  • Poliche (1934)
  • Mater dolorosa (1932)
  • La Fin du monde]] (1931)
  • Marines et cristeaux (1928)
  • Napoléon (1927)
  • Au Secours! (1924)
  • La Roue (1923)
  • J'accuse (1919)
  • La Dixième Symphonie (1918)
  • Ecce Homo (1918), inacabado
  • La Zone de la mort (1917)
  • Barberousse (1917)
  • Mater dolorosa (1917)
  • Le droit à la vie (1917)
  • Les Gaz mortels (1916)
  • Ce que les flots racontent (1916)
  • Fioritures (1916)
  • Le Fou de la falaise (1916)
  • Le périscope (1916)
  • Un drame au château d'Acre] (1915)
  • L'Énigme de dix heures (1915)
  • La Fleur des ruines (1915)
  • La Folie du docteur Tube (1915)
  • L'Héroïsme de Paddy (1915)
  • Strass et Compagnie (1915)
  • Masque d'horreur (1912)
  • Il y a des pieds au plafond (1912)
  • Le Nègre blanc (1912)
  • La Pierre philosophe (1912)
  • La Digue (1911)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]