Pocahontas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O único retrato de Pocahontas feito en vida, un grabado realizado en Londres de 1616 por Simon van der Meer.

Pocahontas, nada en 1595 e finada o 21 de marzo de 1617 en Londres, foi a filla maior do Xefe Powhatan, xefe da confederación algonquina en Virxinia. En lingua algonquina, o seu verdadeiro nome era Matoaka, pero coñecíaselle polo seu alcume pequena licenciosa. A súa vida foi recreada no cine en varias ocasións: The New World, de Terrence Malick, ou as versións de Disney en Pocahontas (1995) e Pocahontas II (1998). Nos derradeiros anos da súa vida foi coñecida como lady Rebecca Rolfe.