Errol Flynn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Errol Flynn
Errol Flynn1.jpg
Nacemento Errol Leslie Thomson Flynn
20 de xuño de 1909
Hobart, Tasmania, Australia
Falecemento 14 de outubro de 1959
Vancouver, Canadá
Profesión Actor (1932 - 1959)
Ficha na IMDb

Errol Leslie Thomson Flynn, nado en Hobart, Tasmania (Australia) o 20 de xuño de 1909 e finado o 14 de outubro de 1959, foi un actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do oceanógrafo, biólogo e botánico, Theodore Thomson Flynn. Dende rapaz, Errol mostrou unha personalidade hiperactiva, indisciplinada, moi impulsiva e aventureira. Foi matriculado nun prestixioso estabelecemento en Londres, o Eton College, e rematou en París, tras ser expulsado por indisciplinado da férrea institución británica onde cursaba os seus estudos.

Errol dedicouse entón ao deporte, decantándose decontado polo boxeo, e mesmo recibiu a oportunidade de representar ao seu país, Australia, nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdan. Porén, o mozo Flynn, inimigo da disciplina e do estrutural non aceptou a convocatoria e dedicouse a viaxar polos cinco continentes e a exercer os máis diversos oficios.

En América, foi atraído polo teatro de entre todas as opcións artísticas que barallou. Así, comezou a actuar en varias obras até que foi descuberto por un cazatalentos da Warner Bros. Os seus atributos físicos de sobra e unha personalidade histriónica e desbordante, contribuíron a que acadase os seus primeiros papeis. Debutou co título Captain Blood (1935), pero a sona chegoulle coa interpretación de Robin Hood. A consagración cinematográfica chegaríalle posteriormente con diversos papeis de galán.