Revolta de 1173-1174

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A revolta de 1173-1174 foi unha rebelión fracasada contra o rei de Inglaterra, Henrique II, levada a cabo por tres dos seus fillos, Henrique o Rei Mozo, Ricardo (o futuro Ricardo I, Corazón de León) e Godofredo, duque da Bretaña, xunto coa súa propia muller, Leonor de Aquitania, Guillerme, rei de Escocia, o rei Lois VII de Francia (á vez sogro de Henrique o Mozo e o exmarido de Leonor), o conde de Flandres, Filipe e o de Boulogne, Mateu, entre outros.[1]

A revolta comezou en abril de 1173, cando as tropas dos condes de Flandres e de Boulogne invadiron Normandía dende o leste, á vez que o rei de Francia, co seu xenro, atacou dende o sur e o duque da Bretaña dende o oeste. Guillerme atacou o norte de Inglaterra.

Entre as múltiples consecuencias da fracasada revolta destacan a morte do conde de Boulogne, a derrota do rei de Francia e do duque da Bretaña, ademais da captura, en xullo de 1174, de Guillerme na batalla de Alnwick, feito que o levou a asinar o Tratado de Falaise[2] segundo o cal o rei de Escocia xurou que Escocia estaría sempre subordinada á coroa inglesa, a súa igrexa á de Inglaterra e que soldados ingleses ocuparían varios castelos clave en Escocia, os de Roxburgh, Berwick, Jedburgh, Edimburgo e Stirling, a cargo dun imposto especial para a súa manutención.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hooper, Nicolas e Matthew Bennett (2001) Atlas ilustrado de la guerra, pp.50-51. Ediciones AKAL. En Google Books. Consultado o 30 de marzo de 2014.
  2. Gran Larousse Universal, Volume 12, p. 4408. Plaza & Janés, 1996. En Google Books. Consultado o 30 de marzo de 2014.
  3. Lang, Andrew (2012) (en inglés) The History Of Scotland - Volume 1: From The Roman Occupation To Feudal Scotland, páx. v. Jazzybee Verlag. En Google Books. Consultado o 30 de marzo de 2014.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.