Hrolf Ganger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hrolf Ganger
Nacemento846
Lugar de nacementoNoruega
Falecemento930
Lugar de falecementoNormandía
SoterradoCatedral de Rouen
RelixiónPaganismo nórdico e catolicismo
OcupaciónMercenario
PaiRǫgnvaldr Eysteinsson
NaiHildr Hrólfsdóttir
CónxuxePoppa de Bayeux e Gisela de Francia
FillosGuillerme I de Normandía, Gerloc, unknown (?), Robert of Corbeil, Crespina de Normandie, Gerletta de Normandie e Kathlin de Normandie
IrmánsHallað Rǫgnvaldsson, Þórir þegjandi Rǫgnvaldsson e Torf-Einarr
Na rede
WikiTree: Normandie-54
editar datos en Wikidata ]

Hrolf Ganger (en nórdico antigo: Göngu-Hrólfr ou Hrólfr Rögnvaldsson, en noruegués: Gange-Rolf, en sueco: Gångerolf) máis coñecido cos sobrenomes de Rollón o Camiñante ou Errante ou Rodrigo I o Rico, nado probablemente en Noruega en 846 e finado en Francia en 932 foi un caudillo viquingo. Segundo a maioría das fontes foi fillo de Rognvald Eysteinsson, Jarl de Møre.

Creou o principado viquingo que pasaría a coñecerse como Ducado de Normandía sendo os seus descendentes duques de Normandía e reis de Inglaterra. Foi devanceiro de Guillerme o Conquistador e da Dinastía Normanda do Reino de Inglaterra.

O alcume de Camiñante provén do seu gran tamaño, polo que ningún cabalo podía con el e tiña que camiñar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

A orixe de Rollón é causa de acaloradas disputas entre historiadores noruegueses e daneses dende o século XIX, especialmente no período previo ao milésimo aniversario de Normandía (1911).

Estatua de Rollón en Ruán

Segundo numerosas fontes, coma Dudo de Saint-Quentin ou Guillerme de Jumièges, Rollon era fillo dun poderoso nobre danés que sostiña enfrontamentos co rei de Dinamarca; trala morte de seu pai, Rollón viuse obrigado a exiliarsem e seu irmán, Gurim, foi asasinado.

Historiadores noruegueses e islandeses identifican a Rollón con Hrolf Ganger, fillo de Rognvald Eysteinsson, conde de Møre (oeste de Noruega). Hrolf caeu en desgraza ante o rei Harald I e por este motivo foi exiliado.

Saqueo de Francia[editar | editar a fonte]

En 885 Rollón foi un dos líderes menores da importante frota viquinga que, baixo as ordes de Sigfred, pretendía saquear Borgoña remontando o río Sena. Para seguir o transcurso do río necesitaba conquistar París, e con este fin sitiou a cidade e tentou tomala, pero fracasou. Tivo que aceptar entón pagar un tributo ao emperador carolinxio de occidente Carlos III o Gordo para renunciar e marchar. Porén, Rollón quedou atrás e conquistou o norte de Francia, correspondente con Neustria, e que pasaría a coñecerse como Normandía.

En 911 lanzou un novo ataque a París, que fracasou, antes de sitiar Chartres. Á petición de axuda do Bispo de Chartres, Joseaume, acudiron o Marqués de Neustria, o Duque de Borgoña e o Conde de Dijon, enfrontándose a Rollón o 20 de xullo de 911. Rollón saíu derrotado da batalla de Chartres a pesar da ausencia do rei Carlos o Simple.

Principado de Normandía[editar | editar a fonte]

A pesar da vitoria sobre os viquingos o rei carolinxio Carlos III decidiu negociar con Hrolf Ganger para que este protexese a costa norte do reino. Coa sinatura do tratado de Saint-Clair-sur-Epte Rollón xurou vasalaxe ao rei dos francos converténdose ao catolicismo e chamándose Roberto I. A cambio, o rei recoñeceuno coma señor das terras entre o río Epte e o mar, así como de partes da Bretaña, establecendo a capital dos seus dominios en Ruán. Na actualidade existe un intenso debate sobre se Rollón chegou a ser Duque ou se ostentou un título menor.

O rei concedeulle ademais a man da súa filla, Xisela. Estableceu

A partir do ano 911 mantívose fiel á súa promesa de protexer as beiras do río Sena, mais a pesar disto seguiu actuando coma xefe viquingo, realizando ataques a Flandres.

Trala deposición de Carlos III por Roberto I en 922 Rollón entendeu que o seu xuramento chegara ao seu fin polo que comezou a súa expansión, adquirindo Le Mans, Bayeux e Bessin.

Morte[editar | editar a fonte]

En torno ao 927 Rollón cedeu o control de Normandía ao seu fillo, Guillerme I, vivindo algúns anos despois disto. Morreu en torno ao 932 recuperando antes de morrer as súas crenzas anteriores ao bautismo. Unha lenda conta que sacrificou cen prisioneiros católicos.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Rollón tivo dúas esposas.

Árbore xenealóxica do ducado de Normandía[editar | editar a fonte]

Descendencia de Rollón. Os duques de Normandía en amarelo e os reis de Inglaterra en azul. Guillerme I e Henrique II foron duques de Normandía e reis de Inglaterra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Ningún
Duque de Normandía
912927
Sucesor:
Guillerme I