Catedral de Canterbury
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A catedral de Canterbury é unha das máis antigas e famosas estruturas cristiás en Inglaterra. É a Catedral do Arcebispo anglicano de Canterbury, o primado de toda Inglaterra e o líder relixioso da Igrexa de Inglaterra. Esta igrexa nai da Diocese de Canterbury (ó leste de Kent) é o foco da Relixión Anglicana. O seu título formal en inglés é Cathedral and Metropolitical Church of Christ at Canterbury.
Foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1988, xunto á abadía de San Agostiño e igrexa de San Martíño, tamén en Canterbury.