Exeter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Exeter é unha cidade do Reino Unido localizada na rexión suroeste da Inglaterra, capital do condado de Devon. Conta cunha poboación de 117.600 (estimativa de 2005). O río Exe pasa pola cidade.

Edificios principais[editar | editar a fonte]

Entre os edificios máis notables atópanse:

  • A Catedral de Exeter, adicada a San Pedro. Foi fundada en 1050 cando o bispado mudouse dende a cidade próxima de Crediton (lugar de nacimento de San Bonifacio) en busca dunha maior protección, que lle outorgaba a muralla romana de Exeter, contra os piratas, probablemente viquingos. O edificio actual foi completado ao rededor do ano 1400. Unha estatua de Richard Hooker, teólogo anglicán do século XVI, nado en Exeter, eríxese ao carón da catedral.

A catedral foi comenzada no estilo normando, de aí a torre cadrada e comezo do seus muros, continuado polo estilo gótico decorativo, similar á catedral de Salisbury.

  • Os "destrozos" do Castelo de Rougemont, construído pouco despois da conquista normanda. Algunhas partes máis modernas do castelo estuviron en uso ata principios de 2006 coma edificio dos xulgados. Unha placa lembra que en 1685 estivo presa Alice Molland, a derradeira persoa executada por bruxería en Inglaterra.
  • "Guildhall", o edificio municipal en uso, máis antigo de Inglaterra.
  • "The Guild of Tuckers and Weavers".
  • "The Custom House", edificio de ladrillo máis antigo da cidade.
  • "St Nicholas Priory" en Mint Lane.
  • Distintas igrexas medievais, entre as que se atopa St Mary Steps que ten un salientable reloxo.
  • "The House That Moved", un edificio de estilo Tudor do século XIV, gañou o seu nome en 1961 cando foi trasladado dende o seu emprazamento orixinal nun curruncho da Edmund Street para deixar espazo para a construción dunha nova estrada.
  • "Parliament Street" no centro da cidade, da que se di que constitúe unha das rúas máis estreitas do mundo.

Moitos destes edificios están construídos en pedra arenisca bermella, que da o seu nome ao castelo e ao parque que o rodea.