Señorío de Irlanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tiarnas na hÉireann
Señorío de Irlanda

1171–1541
Bandeira Escudo
O Señorío en 1300, coa súa máxima extensión (rosa).
Capital Dublín
Carlow (1361-1398)
Lingua Irlandés, inglés, francés, antigo nórdico
Goberno Monarquía
Lord de Irlanda
 • 1171-1189 (primeiro) Henrique II
 • 1760–1801 (último) Xurxo III
Lord Tenente
 • 1316–1318 (primeiro) Roger Mortimer
 • 1529–1534 (último) Henry Fitzroy
Lexislatura Parlamento de Irlanda
 - Cámara alta Cámara dos Lores
 - Cámara baixa Cámara dos Comúns
Historia
 • Estabelecemento 1171
 • Reino de Irlanda 1541

O Señorío de Irlanda ( en irlandés: Tiarnas na hÉireann) foi un período de réxime feudal en Irlanda entre os anos 1177 e 1541 baixo o Rei de Inglaterra, denominado "Señor de Irlanda". O Señorío foi creado como unha posesión papal trala invasión normanda da illa entre 1169 e 1171. Como o Señor de Irlanda era á súa vez o Rei de Inglaterra, estaba representado localmente polo Lord Tenente de Irlanda.

Aínda que aparentemente o Señorío estendíase por toda a Illa de Irlanda, en realidade, os reis só gobernaron sobre extensas partes da mesma. As áreas baixo dominio Inglés ampliábanse e retraíanse co tempo. Algunhas zonas quedaron fora do dominio inglés até o século XVI. A delicada situación política e o sistema feudal permitiron unha significativa de autonomía para nobreza Hiberno-Normanda, que dividiron a illa en condados e con atribucións case equiparables ás de algúns dos reis gaélicos nativos. Este período chegou á súa fin coa creación do Reino de Irlanda en 1541.

Historia[editar | editar a fonte]

O Señorío de Irlanda foi creado nos comezos da invasión normanda da costa leste da illa en 1169, unha área que na Idade Media tardía coñeceuse como The Pale ou A Empalizada de Dublín. Este nome foi debido ás súas defensas, en imitación da anteriormente chamada empalizada de Calais. A súa autoridade nunca foi estendida a través de toda a illa en ningún momento durante a súa existencia. Debe as súas orixes á decisión de Diarmait Mac Murchada, deposto Rei de Leinster, de levar un cabaleiro normando procedente de Gales, Richard de Clare (alcumando Strongbow), para que lle axudase a recuperar o seu trono despois de ser destronado por unha confederación dirixida polo novo Gran Rei Irlandés. Henrique II de Inglaterra, invadiu Irlanda para controlar a de Strongbow, de quen se temía estaba a se converter en ameaza á estabilidade do seu propio reino nos seus extremos occidentais.

Outra razón pola que o Henrique invadiu a illa foi porque o Papa Hadrián IV fixera unha bula papal (a bula laudabiliter) autorizando ao monarca Inglés tomar posesión de Irlanda. Isto foi porque Irlanda tiña unha Igrexa cristiá independente da católica que cría en varias doutrinas heréticas. O Papa quería que o Rei Inglés tomase posesión de Irlanda para que el puidese incorporar á Igrexa Cristiá Irlandesa dentro da Igrexa Católica. O Papa tiña o dereito de outorgar soberanía sobre as illas a diferentes monarcas por un documento chamado a Doazón de Constantino. Entregóuselle a illa de Irlanda ao monarca Inglés como un territorio feudal baixo o señorío nominal do Papa. A bula papal concedeu o título ao Rei Inglés de Señor de Irlanda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]