Pegmatita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pegmatita con cristais azuis de corindón.

As pegmatitas son rochas subvolcánicas moi abundantes. Están constituídas por grandes cristais, que poden chegar a medir máis dun metro e pesar varias toneladas.

Características[editar | editar a fonte]

Estas rochas teñen un grande interese económico. Delas extráense os seus compoñentes maioritarios, seixo e feldespato, para a industria do vidro e a cerámica. Algunhas conteñen pedras preciosas, como esmeraldas e topacios. Outras teñen minerais con elementos raros, como o berilio e o litio, que se usan na electrónica para obter aliaxes metálicas lixeiras.