Carl Spitzweg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carl Spitzweg

Carl Spitzweg, nado o 5 de febreiro de 1808 e finado o 23 de setembro de 1885, foi un pintor alemán do Romanticismo, considerado entre os representantes mais importantes do período Biedermeier.

Índice

[editar] Traxectoria

Naceu en Unterpfaffenhofen, segundo de tres fillos de Franziska e Simon Spitzweg. O seu pai, rico mercador,fíxolle estudar farmacia. Carl comezou a pintar logo dunha enfermidade en forma autodidacta, copiando os traballos dos mestres flamencos. As súas primeiras obras propias foron contribucións a revistas satíricas.

Mais tarde, Spitzweg visitou os centros artísticos europeos, onde estudou a obra de varios artistas e refinou a súa técnica e estilo: nas súas viaxes visitou Praga, Venecia, París, Londres e Bélxica.

As súas últimas obras son case todas retratos humorísticos e excéntricos.

[editar] Obra[1]

  • O poeta pobre
  • Rato de biblioteca
  • Carta de amor interceptada
  • Dous ermitaños
  • Serenata

[editar] Notas

  1. Incompleta.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Bibliografía

  • Murray, P.& L. (1996). Dictionary of art and artists. Londres: Penguin Books. ISBN 0-14-051300-0.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas