Espeleoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espeleólogo.
Canón da cova de Mammoth.

A espeleoloxía é unha práctica deportiva combinación de diversión, deporte e ciencia a través da exploración das covas. Este deporte conta cunha historia centenaria, pero mudou de xeito considerable nos últimos tempos.

Un pouco de historia xeral[editar | editar a fonte]

Clay Perry escribiu sobre un grupo de homes e rapaces que exploraron covas a través de Nova Inglaterra. Este grupo referíase a si mesmo como os spelunkers (baixadores profundos). Este parece ser o primeiro uso da palabra (predecesora de espeleólogo e espeleoloxía) nos EUA. Sobre os anos 1950, spelunking foi un termo usado en xeral para as exploracións de covas no inglés americano. Era usado dun xeito libre, sen connotacións negativas ou positivas, mentres fóra dos EUA seguíase a usar 'caving' ("ir ás covas").

Nos anos 1960, o termo "spelunking" comezou a converterse en sinónimo de afeizoado, asociado a vestidos de algodón e luces adecuadas. En 1985, Steve Knutson (editor do American Caving Accidents) fixo a distinción seguinte:

[...] Notade que uso o termo "spelunker" para referirme a alguén non adestrado e descoñecedor das técnicas modernas de exploración, e "caver" para aqueles que o son.

Espeleoloxía moderna[editar | editar a fonte]

Hoxe, a espeleoloxía é unha afeizón por moitas razóns diferentes: algúns están interesados na conservación, outros en busca de datos (a espeleoloxía propiamente dita). Os xeólogos exploran covas co propósito de aprender e descubrir datos sobre a formación de rochas, pero para a maioría restante o proprósito é divertirse.

O inicio na práctica hoxe é sinxelo debido á proliferación de clubes (de Galicia pódense mencionar Montañeros Celtas, Aradelas, Maúxo, etc.). As covas poden ser exploradas (en xeral) durante calquera estación, pois permanecen en condicións de temperatura e humidade bastante estables durante todo o ano, aínda que hai que ter moita precaución coa climatoloxía e coñecer ben o contorno da cova.

Hai diversos animais que viven en covas: os principais son insectos e arácnidos, peixes (o máis coñecido é o pez cego proteo), salamancas, morcegos, etc. Asemade, pódense atopar moitos tipos de formacións diferentes, incluíndo estalactitas, estalagmitas ou columnas.

Deben aplicarse algunha regras de sentido común para entrar nunha cova:

  • Protexer sempre a cabeza con casco en todo momento.
  • Estar seguro de que non hai perigo de inundación mentres se estea na cova.
  • Non ir nunca só. Como mínimo, aconséllase ir tres persoas.
  • Estar sempre certo de que alguén que estea fóra coñece a nosa estancia na cova.
  • Levar un mínimo de tres fontes de luz por persoa.
  • O contorno na cova é máis fráxil do que a xente cre: por medio da agua que corre cara a regatos e ríos, calquera contaminación pode pasar de xeito rápido á superficie ou a augas máis profundas.
  • Tres principios:
    • Non coller nada excepto debuxos;
    • Non deixar nada salvo as propias pegadas;
    • Non matar nada agás o tempo;

Espeleoloxía urbana[editar | editar a fonte]

É polo que concerne a cavidades feitas polo ser humano, como tubaxes de drenaxe ou túneles de ferrocarril en desuso, hai que prestar aquí máis atención ao xa dito: non se debe ir se está chovendo.

Estudos subterráneos[editar | editar a fonte]

Hai tamén xente que está interesada en recoller datos científicos sobre covas feitas polo home, máis que en exploralas. Esa disciplina é considerada por moitos como unha parte da espeleoloxía, sen ter un nome específico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]